Saltar ao contido

Vuelta a España 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaVuelta a España 2010
Mapa de localización
Imaxe
TipoVuelta a España Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI World Ranking de 2010 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.242,6 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaSevilla Editar o valor en Wikidata
Liña de metaMadrid, Spain Editar o valor en Wikidata
Número de participantes198, inicio
156, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña e Andorra Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo28 de agosto de 2010 – 19 de setembro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Número de edición65 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoVincenzo Nibali
Peter Velits
Joaquim Rodríguez
Mark Cavendish
David Moncoutié
Vincenzo Nibali
Katusha 2010 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiallavuelta.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5018553

2011 Editar o valor en Wikidata

A 65.ª edición da Vuelta a España disputouse dende o 28 de agosto ata o 19 de setembro de 2010, cun percorrido total duns 3.242 kms entre as cidades de Sevilla e Madrid, repartidos en 21 tiradas.

Nesta edición os organizadores decidiron cambiar o "xersei ouro" que ata entón vestía o líder da clasificación xeral da carreira polo novo "maillot vermello".

O gañador da carreira foi o ciclista italiano Vincenzo Nibali, con 25 anos de idade, que viña de ser 3º na clasificación xeral do Giro de Italia. Segundo foi o galego Ezequiel Mosquera que disputou a vitoria ata a penúltima tirada (na que venceu), quedando na xeral a unha distancia de 41 segundos do líder. Non obstante, o galego deu positivo nunha análise antidopaxe, e actualmente[cando?] aínda non se tomou unha decisión final sobre a súa expulsión da carreira. Se así fose, o eslovaco Peter Velits, que rematou a carreira na 3ª posición da clasificación xeral a máis de 3 minutos do líder, podería subir á 2ª posición.

Na 14ª tirada caeuse ó chan o que ata entón era o líder da Vuelta a España con 45 segundos de vantaxe, Igor Antón, que tivo que abandonar a carreira.

O gañador da clasificación por puntos foi o británico Mark Cavendish, que ademais acadou 3 vitorias parciais.

O gañador da clasificación da montaña foi o francés David Moncoutié.

Etapa Data Percorrido Km Gañador Líder
1.ª 28 de agosto Sevilla-Sevilla 13 (CRE) Team HTC-Columbia Mark Cavendish
2.ª 29 de agosto Alcalá de Guadaíra-Marbella 173,7 Belarús Yauheni Hutarovich Mark Cavendish
3.ª 30 de agosto Marbella-Málaga Etapa de media montaña 157,3 Bélxica Philippe Gilbert Bélxica Philippe Gilbert
4.ª 31 de agosto Málaga-Valdepeñas de Xaén Etapa de media montaña 183,8 España Igor Antón Bélxica Philippe Gilbert
5.ª 1 de setembro Guadix-Lorca 198,8 Tyler Farrar Bélxica Philippe Gilbert
6.ª 2 de setembro Caravaca de la Cruz-Murcia 148,6 Thor Hushovd Bélxica Philippe Gilbert
7.ª 3 de setembro Murcia-Orihuela 148,6 Italia Alessandro Petacchi Bélxica Philippe Gilbert
8.ª 4 de setembro Villena-Xorret de Catí Etapa de montaña 190 Francia David Moncoutié España Igor Antón
9.ª 5 de setembro Calp-Alcoi Etapa de media montaña 187,7 España David López España Igor Antón
10.ª 7 de setembro Tarragona-Vilanova i la Geltrú 175,7 España Imanol Erviti España Joaquim Rodríguez
11.ª 8 de setembro Vilanova i la Geltrú-Andorra Etapa de montaña 208,4 España Igor Antón España Igor Antón
12.ª 9 de setembro Andorra la Vella-Lleida 172,5 Mark Cavendish España Igor Antón
13.ª 10 de setembro Rincón de Soto-Burgos 196 Mark Cavendish España Igor Antón
14.ª 11 de setembro Burgos-Peña Cabarga Etapa de montaña 178 España Joaquim Rodríguez Italia Vincenzo Nibali
15.ª 12 de setembro Solares-Lagos de Covadonga Etapa de montaña 187,3 España Carlos Barredo Italia Vincenzo Nibali
16.ª 13 de setembro Xixón-Cotobello Etapa de montaña 181,4 España Mikel Nieve España Joaquim Rodríguez
17.ª 15 de setembro Peñafiel-Peñafiel 46 (CRI) Eslovaquia Peter Velits Italia Vincenzo Nibali
18.ª 16 de setembro Valladolid-Salamanca 148,7 Mark Cavendish Italia Vincenzo Nibali
19.ª 17 de setembro Piedrahíta-Toledo 231,2 Bélxica Philippe Gilbert Italia Vincenzo Nibali
20.ª 18 de setembro San Martín de Valdeiglesias-Bola del Mundo Etapa de montaña 172,2 Galicia Ezequiel Mosquera Italia Vincenzo Nibali
21.ª 19 de setembro San Sebastián de los Reyes-Madrid 85,2 Tyler Farrar Italia Vincenzo Nibali
Total 3.242,6

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]
Os tres primeiros da xeral (Nibali, Mosquera e Velits) brindando na chegada de Madrid.
Posición Ciclista Equipo Tempo
Italia Vincenzo Nibali Liquigas 87h 18' 33"
2 Galicia Ezequiel Mosquera Xacobeo Galicia + 41"
3 Eslovaquia Peter Velits HTC-Columbia + 3' 02"
4 España Joaquim Rodríguez Team Katusha + 4' 20"
5 Luxemburgo Frank Schleck Team Saxo Bank + 4' 43"
6 España Xavier Tondo Cervélo Test Team + 4' 52"
7 Nicolas Roche Ag2r-La Mondiale + 5' 03"
8 España Carlos Sastre Cervélo Test Team + 6' 06"
9 Tom Danielson Garmin-Transitions + 6' 16"
10 España Luis León Sánchez Caisse d'Epargne + 7' 42"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]