Waag (Delft)
Waag ("A Pesa") | |
---|---|
Fachada principal do Waag de Delft | |
Edificio | |
Tipo | Edificio público |
Enderezo | Markt 11, 2611 GP Delft |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′40″N 4°21′29″L / 52.011111, 4.358056 |
Uso(s) | Antes de 1960: pesa pública. 1960-1999: teatro. Desde 1999: hostalaría |
Construción | |
Construción | Probablemente século XVI |
Remodelación | 1770 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Waag (en galego: "a pesa") é un edificio situado na parte traseira da sede histórica da casa do Concello, no lado occidental da Gran Praza da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
O edificio
[editar | editar a fonte]Trátase dun edificio levantado en ladrillo, cunha cubrición a dúas augas e cun frontal triangular en madeira cunha representación dos símbolos do comercio. Na súa fachada principal exhibe tamén unha pedra conmemorativa do gremio de ourives da cidade coa data de 1770, e a súa fachada posterior está adornada con outra pedra, do Collegium Medico Pharmaceuticum, datada en 1767. O edificio ten a consideración de monumento nacional dos Países Baixos ou rijksmonument.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que o edificio loce na cornixa da súa fachada o ano de 1770, esta data debe corresponder a unha restauración e o ano da súa construción debe ser moi anterior, probablemente despois do incendio da cidade de 1536.
Ata 1960 o edificio mantivo o seu uso inicial como balanza de uso público da cidade. A partir desa data tivo usos diversos, e entre eles serviu como teatro[3]. Desde 1999 o edificio está en uso como bar e restaurante (Stadscafé De Waag)[4]. Este local de hostalaría foi o primeiro nos Países Baixos en aceptar os Bitcoin como medio de pagamento.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en neerlandés)
- ↑ "Deze 5 dingen wist je nog niet over het pand van De Waag" (Aínda non sabías estas cinco cousas sobre o edificio do Waag). En Indebuurt.nl (en neerlandés)
- ↑ "Toen in Delft: toneel in het Waagtheater". En Indebuurt.nl (en neerlandés)
- ↑ "De Waag. Waar smaak en sfeer samenkomen". En Indebuurt.nl (en neerlandés)
- ↑ "Bier kopen met virtuele muntjes in Delft". En Omroepwest.nl (en neerlandés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Waag |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do establecemento hostaleiro que explota o edificio (en neerlandés)