Walkabout (filme)
Aparencia
Walkabout | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Walkabout |
Director | Nicolas Roeg |
Produtor | Si Litvinoff |
Guión | Edward Bond |
Baseado en | Walkabout de James Vance Marshall |
Intérpretes | Jenny Agutter Luc Roeg David Gumpilil |
Música | John Barry |
Fotografía | Nicolas Roeg |
Montaxe | Antony Gibbs Alan Pattillo |
Estudio | Max L. Raab Productions Si Litvinoff Film Production |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Cannes: maio de 1971 |
Duración | 100 minutos[1] |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | A$1 00 000[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Walkabout é un filme británico-australiano de 1971 dirixido por Nicolas Roeg, e está protagonizado por Jenny Agutter, Luc Roeg e David Gulpilil. Ambientado na Australia salvaxe, Edward Bond escribiu o guión, que está vagamente baseado na novela de 1959 Walkabout de James Vance Marshall. Céntrase na historia de dous rapaces brancos que son abandonados no deserto que se encontran cun rapaz aborixe que os axuda a sobrevivir.
Un dos primeiros filmes da Nova onda australiana, recibiu críticas positivas malia o seu fracaso de recadación; entrou no Festival Internacional de Cine de Cannes de 1971, onde Roeg foi nomeado á Palma de Ouro.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jenny Agutter como rapaza
- Luc Roeg (acreditado como Lucien John) como neno branco
- David Gulpilil (acreditado como David Gumpilil) como mozo aborixe
- John Meillon como pai
- Robert McDarra como home
- Pete Carver como No Hoper
- John Illingsworth como marido
- Hilary Bamberger como muller
- Barry Donnelly como científico australiano
- Noeline Brown como científico alemán
- Carlo Manchini como científico italiano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Walkabout". British Board of Film Classification. Consultado o 11 de xuño de 2014.
- ↑ Andrew Pike and Ross Cooper, Australian Film 1900–1977: A Guide to Feature Film Production, Melbourne: Oxford University Press, 1998 p258
- ↑ "Official Selection 1971". Festival de Cannes. Francia. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2010.
Official Selection 1971....WALKABOUT directed by Nicolas ROEG
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Walkabout na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)