Walter Mosley
Walter Ellis Mosley, nado nos Ánxeles (California) o 12 de xaneiro de 1952, é un escritor estadounidense. É coñecido especialmente polas súas obras de novela negra protagonizadas polo detective Easy Rawlins, un detective negro veterano da segunda guerra mundial que vive no barrio de Watts.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida persoal
[editar | editar a fonte]Mosley naceu en Los Angeles, no barrio de Watts, fillo de Ella Slatkin (unha secretaria xudía de orixe polaca) e Leroy Mosley (conserxe de escola afroamericano orixinario de Luisiana, que traballara de oficinista no exército estadounidense na segunda guerra mundial). Os seus pais intentaron casar en 1951, pero aínda que o seu matrimonio era legal en California, ninguén quixo oficiar[1][2][3][4]. Relaciona a súa imaxinación literaria co feito de ser fillo único, "an emptiness in my childhood that I filled up with fantasies".
Foi a unha escola baptista privada, pioneiros na educación primaria de afroamericanos. Con 12 anos os seus pais mudáronse do sur da cidade cara ao oeste, a un barrio máis confortable[5]. Mosley describe o seu pai como un "Sócrates negro", pensativo e contacontos. A súa nai, que non era moi efusiva, animouno a escribir dándolle a coñecer clásicos europeos como Dickens, Zola ou Camus. Tamén lle gustaban Langston Hughes e Gabriel García Márquez. Malia que en L.A. había conflitos raciais, a súa familia era apolítica, se ben máis tarde Walter derivou cara a un compromiso coas desigualdades raciais nos EUA, contexto no que se basea boa parte da súa ficción literaria.
Pasou por Santa Cruz e Europa durante unha fase de "hippie con melena". Comezou a estudar Belas Artes en Vermont, deixándoo para graduarse en Ciencias Políticas. Comezou un doutoramento en teoría política, pero abandonouno para comezar a traballar como informático. En 1981 mudouse a Nova York, onde coñeceu á bailarina e coreógrafa Joy Kellman, coa que casou en 1987. Separáronse logo de 10 anos e divorciáronse en 2001. Mentres traballaba en Mobil Oil, Mosley foi a un curso para aprender a escribir no barrio Harlem. Alí, Edna O'Brien, unha das súas titoras, converteuse na súa mentora. Actualmente reside na cidade de Nova York.
Escritor
[editar | editar a fonte]Malia que Mosley comezou a escribir con 34 anos, leva escritos máis de 33 libros de diversas categorías, como novela, afrofuturismo, ciencia ficción ou política. A súa obra foi traducida a 21 idiomas. Entre as súas influencias están as obras de Dashiell Hammett, Graham Greene e Raymond Chandler. A súa fama incrementouse en 1992, cando o candidato á presidencia Bill Clinton, fan das novelas de asasinatos, nomeou a Mosley coma un dos seus autores favoritos. En 1997 fixo historia dentro da edición ao ceder o manuscrito de Gone Fishin' a unha editorial pequena e independente de Baltimore, Black Classic Press, dirixida polo Pantera Negra Paul Coates.
Dous dos seus libros foron levados ao audiovisual. A súa primeira obra, Devil in a Blue Dress, foi a base para o guión dunha película de 1995 protagonizada por Denzel Washington. A estrea da súa primeira obra teatral, The Fall of Heaven, tivo lugar no Playhouse in the Park de Cincinnati (Ohio) en xaneiro de 2010.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Anisfield Wolf Award, para obras a prol do aprecio polo entendemento racial nos EUA.
- Finalista do premio NAACP na sección de ficción.
- Premio Black Caucus da Asociación de Bibliotecas dos Estados Unidos por RL's Dream (1996)
- O. Henry Award por unha historia de Socrates Fortlow (1996).
- Premio Risktaker do Sundance Institute pola súa creatividade e activismo (2005).
- Premio Parallax da Carl Brandon Society pola súa obra 47 (2006).
- Doutoramento honorífico do City College of New York.
Obra
[editar | editar a fonte]Detective Easy Rawlins
[editar | editar a fonte]- Devil in a Blue Dress (1990)
- A Red Death (1991)
- White Butterfly (1992)
- Black Betty (1994)
- A Little Yellow Dog (1996)
- Gone Fishin' (1997)
- Bad Boy Brawly Brown (2002)
- Six Easy Pieces (2003)
- Little Scarlet (2004)
- Cinnamon Kiss (2005)
- Blonde Faith (2007)
Fearless Jones
[editar | editar a fonte]- Fearless Jones (2001)
- Fear Itself (2003)
- Fear of the Dark (2006)
Leonid McGill
[editar | editar a fonte]- The Long Fall (2009)
- Known to Evil (2010)
Ciencia ficción
[editar | editar a fonte]- Blue Light (1998)
- Futureland: Nine Stories of an Imminent World (2001)
- The Wave (2005)
Socrates Fortlow
[editar | editar a fonte]- Always Outnumbered, Always Outgunned (1997)
- Walkin' the Dog (1999)
- The Right Mistake (2008)
Narrativa xuvenil
[editar | editar a fonte]- 47 (2005)
Ficción
[editar | editar a fonte]- RL's Dream (1995)
- The Man in My Basement (2004)
- Walking the Line (2005), relato aparecido en Transgressions
- Fortunate Son (2006)
- The Tempest Tales (2008)
Erótica
[editar | editar a fonte]- Killing Johnny Fry: A Sexistential Novel (2006)
- Diablerie (2007)
Non-ficción
[editar | editar a fonte]- Workin' on the Chain Gang: Shaking off the Dead Hand of History (2000)
- What Next: An African American Initiative Toward World Peace (2003)
- Life Out of Context: Which Includes a Proposal for the Non-violent Takeover of the House of Representatives (2006)
- For Authors, Fragile Ideas Need Loving Every Day
- This Year You Write Your Novel (2007)
Novela gráfica
[editar | editar a fonte]- Maximum Fantastic Four (2005, con Stan Lee e Jack Kirby)
Películas e televisión
[editar | editar a fonte]- Fallen Angels: Fearless (1995) (TV)
- Devil in a Blue Dress (1995)
- Always Outnumbered (1998) (TV)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía de Walter Mosley en www.filmreference.com (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
- ↑ Entrevista con Mosley Arquivado 27 de maio de 2011 en Wayback Machine. en Crime Time (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
- ↑ "The Chain Gang", entrevista en PBS, 6 de abril de 2000 (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
- ↑ "Time for a new Black Power movement", artigo en The Guardian, 18 de agosto de 2002 (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
- ↑ "Socrates of the streets", artigo en The Guardian, 6 de setembro de 2003 (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.waltermosley.com (en inglés).