Saltar ao contido

Warcraft Adventures: Lord of the Clans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Warcraft Adventures: Lord of the Clans
Desenvolvedor(es)Blizzard Entertainment
Deseñador(es)Bill Roper
Xénerojogo de aventura point-and-click
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Plataforma(s)Microsoft Windows
editar datos en Wikidata ]

Warcraft Adventures: Lord of the Clans (As aventuras de Warcraft: O señor dos clans) é unha aventura gráfica para PC de apuntar e facer clic desenvolvida por Blizzard Entertainment ambientada no Universo Warcraft. Foi cancelada antes da súa saída ao mercado, porque os xogos de aventuras gráficas da época tiñan unhas características moito máis innovadoras, como o uso de 3D, das que este xogo carecía.

O xogo estaba inspirado na novela cuxo nome era similar, Lord of the Clans.

Argumento

[editar | editar a fonte]

O xogador volve á terra de Azeroth como Thrall, un forte e mozo orco desposuído da súa herdanza e liñaxe tras ser feito prisioneiro polos humanos. Agora, baixo a tutela dun soldado humano, é tratado por este como un escravo. Thrall decide liberarse desa humillación rebelándose contra a tiranía do seu titor. Como castigo é encarcerado e condenado a morte. Nesa situación iníciase o xogo. A historia arrinca onde finalizaba Warcraft II Beyond the Dark Portal, pack de expansión aparecido para a secuela do éxito de Blizzard, e desenvolve algúns dos personaxes e localizacións aparecidas nos anteriores títulos.

Características técnicas

[editar | editar a fonte]

Os deseñadores de Warcraft 2 Adventures apostan por unha linguaxe tradicional con fondos en 2D debuxados a man e manteñen, ata nas cut scenes, ese estilo xa mencionado de debuxos animados, que acabou revelándose máis eficaz fronte a outras opcións máis realistas e sofisticadas. A animación, que non desmerece pola súa calidade á de calquera filme de Disney, consta de máis de 40.000 frames e é producida por un equipo formado por uns 50 artistas rusos con experiencia anterior en títulos educativos en Davidson Associates, unha filial de Blizzard. No referente ao son, o xogo goza da cooperación de talentos de Hollywood como Clancy Brown (Highlander, Starship Troopers e Cadea perpetua) que presta a súa voz ao personaxe principal, Thrall; Peter Cullen (Optimus Prime na popular serie animada Tranformers) e Tony Jay (O corcovado de Notre Dáme versión Disney).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.