Saltar ao contido

Hearthstone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hearthstone: Heroes of Warcraft»)
Hearthstone
Desenvolvedor(es)Blizzard Entertainment
Distribuidora(s)Blizzard Entertainment
Compositor(es)Peter McConnell
Jason Hayes
LanzamentoWindows, macOS
11 de marzo de 2014
iPad
16 de abril de 2014
Windows 8
6 de agosto de 2014
tablets Android
15 de dicembro de 2014
iPhone e teléfono intelixente Android
14 de abril de 2015
Modos de xogoUn xogador, Multixogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Windows, macOS, iOS, Android
SerieWarcraft
Na rede
España
Latinoamérica
Estados Unidos
Facebook: Hearthstone.de Twitter: PlayHearthstone Youtube: UCDZgNoTnamgkPlSvrxZbSPQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hearthstone (antes coñecido como Hearthstone: 'Heroes of Warcraft') é un xogo de cartas coleccionables en liña creado pola empresa Blizzard Entertainment. Está centrado no universo de Warcraft, e é de descarga gratuíta, aínda que con compras opcionais para acelerar o ritmo de colección de cartas e acceso a contidos extra.

O xogo foi anunciado o 22 de marzo do 2013, non obstante, durante o PAX East 2013 presentouse unha demo.[1][2] Publicouse oficialmente o 11 de marzo do 2014. Actualmente está dispoñible para Windows, macOS e dispositivos móbiles iOS e Android. Ademais da colección de cartas inicial (Básica e Clásica), Hearthstone introduce de forma regular expansións (Goblins vs. Gnomos, O Gran Torneo, Susurros dos Deuses Antigos, Mafias de Gadgetzan, Viaxe a Un'Goro, Caballeros do Trono Xeado, Kóbolds & Catacumbas, O Bosque Embruxado, O Proxecto Armagebum, A Arena de Rastakhan, O Auge das Sombras, Salvadores de Uldum, O Descenso dos Dragones, Cinzas de Terrallende, Academia Scholomance e a máis recente: Locura na Feira da Luna Negra) e aventuras (A Maldición de Naxxramas, Montaña Roca Negra, A Liga de Expedicionarios e Unha Noite en Kharazan) con novas cartas e mecánicas.

A principios de maio de 2015 se alcanzaron os 30 millóns de contas rexistradas en Hearthstone.[3]

Desenvolvemento do xogo

[editar | editar a fonte]

Hearthstone é un xogo de cartas coleccionables en liña que basease en partidas por quendas entre dous opoñentes, operado a través do Battle.net de Blizzard.[4] Os xogadores poden escoller entre diferentes modos de xogo que ofrecen diferentes experiencias.

O xogo presenta dez heroes, (na última expansión se inclúe por primeira vez un novo heroe, o Cazador de Demonios) cada un deles representando unha clase distinta dentro do universo de Warcraft como Mago o Pícaro, exceptuando ao Monxe e ao Caballero da Morte. Cada heroe presenta habilidades, os denominados poderes de heroe.

Os xogadores comenzan o xogo cunha colección de cartas básicas, pero poden obter máis cartas de diferente rareza e poder comprando máis sobres, ao completar misións e como recompensa na Arena. Se obtén oro ao completar misións aleatorias, que se engaden ata un máximo de tres misións acumuladas diarias. Se pode substituír unha misión diaria. Tamén se pode obter 10 moedas gañando 3 partidas no modo xogar cun límite de 100 moedas.[5][6]

Hearthstone se subvenciona a través de micropagos por sobres de cartas e acceso aos modos de xogo Arena e Aventuras.[4] Non como outros xogos de cartas, Hearthstone non utiliza un sistema de intercambio de cartas, senón que permite que os xogadores "desencanten" cartas que non sexan do seu interese para convertelas en "po arcano", que se pode utilizar para "crear" novas cartas ao gusto do xogador. Hamilton Chu, director executivo de Hearthsone, declaro mentres falaba sobre por qué Blizzard non pensaba engadir un sistema de intercambio de cartas que "un factor clave para nos era focalizar [ao usuario]... a xogar".[7] Blizzard quere evadir un mercado libre onde o valor das cartas puidera flutuar, desalentar métodos de engano como os bots, reducir as vendas non autorizadas en mercados negros (en contra dos termos de uso) e obter todo o beneficio derivado do xogo para a compañía.[8]

As partidas de Hearthstone son unha batalla un contra un entre dous opoñentes baseada en quendas. En cada quenda o xogador pode utilizar cartas da súa man, feitizos, equipar armas ou invocando "esbirros". A partida pode ser entre dúas persoas o entre unha persoa e un opoñente controlado por ordenador.

Cada xogador está representado polo "heroe" que escolleu. O xogo presenta dez heroes, cada un deles representando unha clase distinta dentro do universo de Warcraft como Mago o Pícaro, exceptuando ao Monxe e ao Caballero da Morte. Cada heroe presenta habilidades ou os denominados poderes de heroe.

Cada heroe ten 30 puntos de vida, si ese número se reduce a cero, o heroe é destruído e o xogador que o controlaba perde a partida. Os xogadores poden escoller xogar usando un dos diversos mazos predeseñados ou un mazo personalizado. Mentres que un gran número de cartas están dispoñibles para calquera clase, unha parte substancial destas está limitada para cada clase, aportando a cada heroe as súas propias vantaxes.

Ao inicio do xogo, o xogador debe pasar por un tutorial para aprender as mecánicas básicas de Hearthstone con Jaina Valiente (Clase Mago) como heroe. Unha vez ganadas todas as batallas do tutorial, se desbloquea o modo xogar e o modo práctica. O modo arena require haber desbloqueado a todos os heroes. Para desbloquear a cada heroe, o xogador debe enfrontarse a el e gañar, xa sexa no modo práctica o no modo xogar.

Ao inicio do xogo cada xogador obtén cartas do seu respectivo mazo de 30 cartas. O primeiro xogador obtén tres cartas mentres o segundo obtén 4. A continuación os xogadores teñen a posibilidade de devolver todas as cartas que queiran ao seu mazo e volver a obter o mesmo número de cartas de forma aleatoria. Ao final desta fase o segundo xogador obtén outra carta chamada "a moeda", unha carta que proporciona un cristal de maná extra dun só uso.[9] A pesar da vantaxe de dúas cartas do segundo xogador, Ben Brode di que de media, o primeiro xogador ten un 3% máis de posibilidades de gañar, e un estudo de Ars Technica mostra un balance case perfecto.[10]

Durante a súa quenda, cada xogador pode utilizar calquera das súas cartas resaltadas en verde, usar o seu poder de heroe, ordenar aos seus esbirros a atacar a os obxectivos permitidos ou atacar directamente usando o seu heroe se ten unha arma equipada. Aínda así, as accións que pode realizar un xogador están en parte determinadas pola súa maná, un fondo de recursos que se restaura ao comezo da quenda. Cada xogador empeza o xogo con 0 cristais de maná e gaña un ao inicio de cada quenda ata un máximo de 10 cristais. Cada carta e poder de heroe require o uso dun número específico de maná para ser utilizada, limitando estratexicamente as accións de cada xogador. O fondo de recursos superior nas quendas tardías permite aos xogadores utilizar cartas máis caras, abrindo o xogo a esbirros e feitizos máis poderosos.

A partida conclúe cando un o ambos xogadores se quedan sen vida, ambos xogadores alcanzan a súa quenda 45, ou se un dous xogadores decide abandonar. Completar unha partida otorgará puntos de experiencia a cada xogador (o xogador gañador obterá puntos de experiencia adicionais) e otorgarles acceso a cartas básicas adicionais que se obteñen ata o nivel 10 do heroe utilizado o versións douradas máis alá dese nivel. Cando todos os heroes chegan ao nivel 60, o xogador tendrá todas as versións douradas das cartas básicas.

Cada partida ten lugar nun campo de batalla aleatorio representado por un taboleiro onde se xoga. Existen trece taboleiros con deseños diferentes e numerosos elementos interactivos que non afectan en ningún modo a partida. Neste campo de batalla se encontran diversos elementos importantes da interface do usuario: o mazo e mano de cada xogador, retrato do heroe, poder do heroe, cristais de maná e o historial das cartas e accións recentes.

Modos de xogo

[editar | editar a fonte]

Hearthstone presenta 7 modos de xogo. Cada un dos modos presenta particularidades distintas.

  • Modo Xogar: Consiste en combater con xogadores reais usando o mazo de cartas previamente personalizado o co mazo predeterminado de cada heroe. Neste modo pódese disputar de dúas formas: normal e por rango, e neste segundo existen unha enorme cantidade de rangos para alcanzar, pero para iso se deben ir obtendo estrelas, as cales só se poden obter por medio de gañar partidas, perder partidas pode quitar estrelas dependendo do rango en que un se encontre (só en Rango madeira 25-21 non se perden estrelas), se obteñen estrelas máis rapidamente ao obter máis vitorias consecutivas, por outro lado a dificultade dos opoñentes se incrementa xunto ao rango, polo que maior rango significa máis dificultade para subir.
  • Modo de Práctica: Aquí o xogador compite contra adversarios controlados pola computadora (IA) co fin de probar novas cartas o novas estratexias. Neste modo o xogador ten a opción de escoller ao seu rival entre os nove heroes que hai e, ao igual que no modo xogar, poderá elixir entre pelexar co mazo básico, ou co personalizado. Neste modo ten a posibilidade de enfrontarse aos heroes no modo normal para comprender os aspectos básicos do xogo, con opoñentes que só utilizan cartas básicas e modo experto, incrementando a dificultade e a cantidade de cartas coas que xoga o opoñente neste último.
  • Modo Arena: Neste modo tense que escoller unha das tres cartas que son mostradas aleatoriamente ata completar o mazo para logo buscar o opoñente que tamén está participando deste modo e que teña un nivel de vitorias similar, co obxectivo de enfrontar xogadores nas mesmas condicións. Así o modo Arena conclúe ao conseguir doce vitorias ou tres derrotas. Dependendo das vitorias obteñidas durante toda a partida, se les entregará unha serie de premios.
  • Modo Aventura: O modo Aventura consiste en somerxerse en batallas contra a IA, pero cun tema especial. Cada unha desas batallas, presenta inimigos únicos, con poderes moi distintos aos dos heroes convencionais. Estes novos inimigos encóntranse distribuídos por ás, cada unha delas, presenta 3 ou máis inimigos. Derrotar a cada inimigo recompensa con novas cartas. A primeira temporada do Modo Aventura foi lanzada o 22 de xullo de 2014 e denominase "A Maldición de Naxxramas".[11] Esta nova modalidade consiste en enfrontamentos para un só xogador contra a IA. A Maldición de Naxxramas está composta de 5 ás, cada unha composta de 3 xefes.[12] Nesta ocasión, a primeira ala será gratuíta durante o evento de lanzamento mentres que as outras 4 ás tendrán un custo de 700 ouros cada un o de $6,99 cada unha. Tamén se ofrecerán distintos paquetes para comprar o resto das ás.[13] Actualmente esta aventura non pódese adquirir comprándoa polo que as cartas da mesma soamente pódese crear co "po arcano". Os que puideron adquirira a ten desbloqueada permanentemente (como todas as aventuras ao ser compradas). O 6 de marzo foi anunciada durante o PAX East 2015 a segunda modalidade do modo aventura que leva por nome "Montaña Roca Negra".[14] O lanzamento oficial foi o día 2 de abril de 2015.[15][16] A diferenza da súa predecesora, A Maldición de Naxxramas, Montaña Roca Negra non tivo a súa primeira á gratuíta durante o lanzamento, aínda que os prezos das ás, tanto en ouro, como en diñeiro real se manteñen. A terceira aventura en saír ten como nome "Liga de Expedicionarios".[17] Anunciada na BlizCon o 6 de novembro de 2015. Tivo como Lanzamento Oficial o 12 de novembro do mesmo ano na cal a Primeira Á (o locación como se coñecia nesta aventura) era totalmente gratuíta.[18][19] Por última (de momento), anunciada na BlizCon de 2016 "Unha Noite en Kharazan".[20] aventura protagonizada por Medivh e unha festa disco na Torre Abandonada de Kharazan. Esta aventura, e as súas cartas, lanzáronse oficialmente o 11 de agosto de 2016.[21] dando gratuitamente o prólogo da mesma para a súa adquisición.[22]
  • Modo duelo: permite aos xogadores retar a outros xogadores da súa lista de amigos en partidas sen rango. Os duelos non ofrecen recompensas, pero permiten aos xogadores xogar fóra dos outros modos.
  • Modo pelexas de taberna: se trata dun modo de xogo contra outro xogador que presenta algúns cambios na forma de xogar, polo xeral reforzando o carácter aleatorio do xogo. Cada semana hai unha nova edición deste modo de xogo, con distintas regras. Nalgunhas edicións se xoga con mazos predeterminados, mentres que en outras o xogador debe construír un mazo específico coas cartas que ten. Pola primeira partida que se gañe neste modo en cada edición, o xogador recibe un sobre de cartas ou un reverso de carta.
  • Modo Campos de batalla de Hearthstone[23]: Neste novo modo de xogo, baseado no xénero auto battler, disponse dunha lista de heroes do universo Warcraft, dotados cada un deles de poderes únicos que determinan a forma de recrutar, loitar e elaborar unha estratexia contra os opoñentes. Cando comenza unha partida, se os presenta unha selección de heroes para elixir, cada un cun poder asociado. En Campos de batalla, en lugar de configurar un mazo con cartas, se crea un taboleiro con esbirros en constante cambio cada vez que os paséis pola taberna de Bob (cosa que ten lugar ao comezo de cada partida e entre cada rolda de combate).
  1. "Comunicados de prensa". Blizzard.com (en español). 22 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  2. Blizzard Entertainment (22 de marzo de 2013). "Hearthstone: Heroes of Warcraft develado en PAX East". Battle.net (en español). Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  3. Eddie Makuch (5 de maio de 2015). "Hearthstone Reaches 30 Million Players". GameSpot (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Adam Holisky (22 de marzo de 2013). "What we know so far about Hearthstone:Heroes of Warcraft". Engadget.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2017. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  5. James Plafke (12 de marzo de 2014). "Hearthstone, how to make gold, get cards and succeed for free". Geek.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2015. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  6. Daniel Tack (23 de outubro de 2013). "How Hearthstone could change the PC gaming landscape". Forbes.com (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  7. Watts, Steve. "Why Blizzard Avoided Card-trading for Hearthstone." Shacknews. Shacknews LTD., 26 de agosto de 2013. Consultado o 31 de maio de 2015.
  8. "Hearthstone: The Absence Of A Trading System." Gamebreaker Video Game News Plus. Gamebreaker Media Group, Inc., 29 de abril de 2013. Consultado o 31 de maio de 2015.
  9. "Cómo jugar - Hearthstone". Battle.net (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  10. Kyle Orland (7 de agosto de 2014). "Do you want to go first? Balancing Hearthstone and other turn-based games". Ars Technica (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  11. Zeriyah (17 de xullo de 2014). "¡La Maldición de Naxxramas comienza el 23 de julio!" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  12. Javi Andrés (23 de xullo de 2014). "La Maldición de Naxxramas: Una Aventura de Hearthstone" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  13. Zeriyah (22 de xullo de 2014). "¡La Maldición de Naxxramas™ ya en vivo... bueno, en no-muerto!" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  14. Zeriyah (6 de marzo de 2015). "Anuncio en PAX East de Montaña Roca Negra: Una aventura de Hearthstone" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  15. Whirthun (26 de marzo de 2015). "La Montaña Roca Negra arderá el 3 de abril" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  16. "¡Montaña Roca Negra: Ya disponible! La primera ala abre sus puertas..." (en español). 3 de abril de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  17. "Liga de Expedicionarios, la nueva aventura de Hearthstone anunciada en BlizzCon" (en español). 11 de xullo de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  18. Daxxarri (11 de xuño de 2015). "¡Uníos a la Liga de Expedicionarios el 13 de noviembre!" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  19. Daxxarri (12 de outubro de 2015). "¡Ya se puede entrar en la Sala de Expedicionarios de la Liga de Expedicionarios!" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  20. "Una noche en Karazhan - Heartstone" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  21. Daxxarri (29 de xullo de 2016). "¡Uníos a la fiesta del 12 de agosto!" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  22. Daxxarri (8 de novembro de 2016). "¡Una Noche en Karazhan ya está disponible!" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  23. Blizzard Entertainment (1 de novembro de 2019). "Presentamos Campos de batalla de Hearthstone" (en español). Consultado o 13 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Enlaces externos

[editar | editar a fonte]