We Were Dead Before the Ship Even Sank
We Were Dead Before the Ship Even Sank | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Modest Mouse | ||||
Publicado | 20 de marzo de 2007 | |||
Gravación | 2005 - 2006 | |||
Estudio(s) | Sweet Tea (Oxford, Mississippi) Audible Alchemy (Portland, Oregon) | |||
Duración | 62:33 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, indie rock, noise pop | |||
Selo(s) | Epic Records | |||
Produtor | Dennis Herring | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
We Were Dead Before the Ship Even Sank é o quinto álbum da banda estadounidense de rock alternativo Modest Mouse, publicado o 20 de marzo de 2007 a través do selo Epic Records. É o único disco do grupo co antigo guitarrista de The Smiths Johnny Marr como membro.[1] Ten unha forte temática náutica e foi orixinalmente imaxinado como un álbum conceptual sobre a tripulación dun barco que morre en cada canción.[2]
O álbum foi certificado ouro pola RIAA o 11 de xuño de 2009.[3] Cara febreiro do 2015 o álbum levaba vendidas 649 000 copias nos Estados Unidos.[4]
Produción
[editar | editar a fonte]O álbum gravouse no Sweet Tea Studio en Oxford, Mississippi, co produtor Dennis Herring, converténdose no segundo disco consecutivo de Modest Mouse en ser gravado nese lugar e con ese produtor.[5] O Audible Alchemy de Portland, Oregón, tamén foi acreditado como estudio de gravación do traballo. O batería orixinal de Modest Mouse, Jeremiah Green, tamén regresou á banda para este álbum. Ademais, James Mercer de The Shins fai coros nos temas "We've Got Everything", "Missed the Boat", e "Florida".[6]
O álbum foi filtrado a Internet o 15 de febreiro de 2007, un mes antes da súa data de publicación oficial do 20 de marzo. Na súa primeira semana tras o lanzamento o disco estreouse no número 1 da lista Billboard 200 vendendo 128 585 copias.[7]
O álbum tamén chegou ao número 1 no Canadá, onde foi certificado ouro no mes de xuño de 2008 tras vender 50 000 copias.[8]
Contribución de Johnny Marr
[editar | editar a fonte]Nunha entrevista Isaac Brock dixo de Johnny Marr: "Comprometeuse con cautela a escribir e gravar connosco, e despois, en canto apretamos máis, dixo: 'Está ben, imos de xira tamén'. Despois era practicamente un membro da banda, non practicamente; é un membro de pleno dereito da banda. É fodidamente bo".[1] Segundo Brock, Marr estivo involucrado na composición do álbum, e faría unha xira coa banda en apoio do mesmo. Na entrevista, Brock describiu a We Were Dead... como unha "balalaika náutica de entroido".
Johnny Marr respondeu despois aos comentarios de Brock dicindo: "Isaac púxose en contacto comigo e preguntou se axudaba a Modest Mouse a escribir o novo álbum. Estaba intrigado e toquei coa banda en Portland un par de veces. Acertamos e escribimos tres cancións xeniais de inmediato, algo fixo clic, sentiuse dende o principio. Teño un novo álbum de Healers practicamente feito, pero pasámolo moi ben tocando estas novas cancións de Modest Mouse. Cando a xente escoite o disco verá por que, estamos moi ben xuntos".[9]
Edición
[editar | editar a fonte]Inicialmente o álbum ía editarse nos Estados Unidos e no Canadá o 19 de decembro de 2006, pero nun correo electrónico enviado aos membros da lista de correo de Modest Mouse o 6 de outubro de 2006 anunciábase que a data adiábase: "O próximo disco We Were Dead Before the Ship Even Sank sairá a principios do próximo ano...".[10] Foi atrasado ata o 20 de marzo de 2007, e lanzado o 2 de abril 2007 en Irlanda e o Reino Unido.[11] En Australia sería publicado o 17 de marzo e en Alemaña o día 30 dese mes.
Publicáronse dúas versións en CD do álbum: a versión normal, que vén nunha caixa de plástico stándar, e a versión de luxo en digipak que "inclúe un digipak e un folleto a toda cor de 32 páxinas, todos embalados nun estoxo de luxo" feito de lona. O sitio web de Sony Music tamén ofrecía unha edición en vinilo de 2 discos de 180 gramos do álbum.[12]
Sinxelos
[editar | editar a fonte]O primeiro sinxelo editado do álbum foi "Dashboard" en xaneiro de 2007. Enviouse por primeira vez aos membros da lista de correo electrónico de Modest Mouse o 3 de xaneiro e aínda está presente no reprodutor multimedia da banda na súa páxina oficial de Myspace. A canción foi lanzada á radio o 16 de xaneiro e estivo dispoñible na iTunes Store o 29 de xaneiro.[6]
O segundo sinxelo foi "Missed the Boat", cun vídeo dirixido por Christopher Mills (que tamén dirixiu o vídeo para "Float On"). Alcanzou o número 24 da lista Hot Modern Rock Tracks da revista Billboard.[13]
O terceiro sinxelo é "Little Motel". O vídeo mostrouse na canle oficial de YouTube de Modest Mouse o 11 de outubro de 2007.
"People as Places as People" foi o derradeiro sinxelo lanzado do álbum. O vídeo musical mostraba a unha muller que traía ao seu marido, unha árbore humanoide, a visitar aos seus pais.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letras escritas por Isaac Brock, toda a música composta por Modest Mouse.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "March into the Sea" | 3:30 |
2. | "Dashboard" | 4:06 |
3. | "Fire It Up" | 4:34 |
4. | "Florida" | 2:57 |
5. | "Parting of the Sensory" | 5:34 |
6. | "Missed the Boat" | 4:24 |
7. | "We've Got Everything" | 3:40 |
8. | "Fly Trapped in a Jar" | 4:29 |
9. | "Education" | 3:56 |
10. | "Little Motel" | 4:44 |
11. | "Steam Engenius" | 4:26 |
12. | "Spitting Venom" | 8:27 |
13. | "People as Places as People" | 3:42 |
14. | "Invisible" | 3:59 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pitchfork (ed.). "Modest Mouse Set Title, Release Date". Archived from the original on 11 de xaneiro de 2008. Consultado o 30 de maio de 2017.
- ↑ The A.V. Club (ed.). "Modest Mouse: We Were Dead Before The Ship Even Sank". Consultado o 30 de maio de 2017.
- ↑ RIAA (ed.). "Certificación de We Were Dead...". Consultado o 30 de maio de 2017.
- ↑ Hits Daily Double (ed.). "Upcoming Releases". Archived from the original on 28 de febreiro de 2015. Consultado o 30 de maio de 2017.
- ↑ "Pitchfork: Johnny Marr Officially a Member of Modest Mouse". web.archive.org. 2006-09-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2006. Consultado o 2025-01-18.
- ↑ 6,0 6,1 "Stream: Modest Mouse: "Dashboard"". Pitchfork. 2007-01-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2007. Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Modest Mouse Tops The Charts". Stereogum (en inglés). 2007-03-28. Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "We Were Dead Before the Ship Even Sank by Modest Mouse sales and awards". BestSellingAlbums.org (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Johnny Marr: “Modest Mouse was the best time of my life”". Guitar.com (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Modest Mouse - 4 CA shows & 5 NYC shows - November 2006 Tour Dates". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Modest Mouse Confirms Release Date, Track List". web.archive.org. 2007-03-01. Archived from the original on 01 de marzo de 2007. Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Modest Mouse - We Were Dead Before The Ship Even Sank" (en castelán). 2007. Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Video Static: Music Video News: April 8, 2007 - April 14, 2007". web.archive.org. 2007-09-27. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2025-01-18.