Westworld
Westworld | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Westworld |
Director | Michael Crichton |
Produtor | Paul N. Lazarus III |
Guión | Michael Crichton |
Intérpretes | |
Música | Fred Karlin |
Fotografía | Gene Polito |
Montaxe | David Bretherton |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 17 de agosto de 1973 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern e ciencia ficción |
Orzamento | 1,2 millóns de dólares[1] |
Recadación | 10 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Westworld é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Michael Crichton, o cal se estreou en 1973.
O filme tivo unha secuela, Mundo futuro (estreada en galego o 21 de setembro de 1995 a través da TVG)[3] e unha miniserie de televisión Beyond Westworld. En 2016, HBO estreou unha serie de televisión homónima baseada na trama do filme orixinal.
Sinopse
[editar | editar a fonte]En 1983, o parque de atraccións de Delos permite aos seus visitantes atoparse na época da súa elección (romana, medieval ou a conquista do occidente dos EEUU (The Westworld, 1880),[4] no medio de robots case humanos.
A historia segue a dous homes de negocios, interpretados por Richard Benjamin e James Brolin, que optaron por pasar uns días no vello Far West. Ademais, tamén se ilustran as aventuras dun terceiro fan do western, interpretado por Dick Van Patten, e dun home maior que optou pola Idade Media. A pesar de todas as precaucións e medidas de seguridade adoptadas neste parque de atraccións hiperrealista, a súa estadía non será exactamente a esperada; pouco a pouco, o centro de control perde toda a potencia sobre as máquinas.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Yul Brynner como o vaqueiro androide
- Richard Benjamin como Peter Martin
- James Brolin como John Blane
- Alan Oppenheimer como Chief Supervisor
- Victoria Shaw como a raíña da Idade Media
- Dick Van Patten como o banqueiro
- Linda Gaye Scott como Arlette
- Steve Franken como Delos technician
- Michael Mikler como o cabaleiro negro
- Terry Wilson como o sheriff
- Majel Barrett como Miss Carrie
- Anne Randall como Daphne
- Robert Hogan como Ed Wren (sen acreditar)
- Kenneth Washington como Technician (sen acreditar)
- Nora Marlowe a directora do hotel
- Charles Seel como Bellhop
- Robert Patten como o técnico
Rodaxe
[editar | editar a fonte]Westworld filmouse en só trinta días utilizando cámaras Panavision equipadas con lentes anamórficas creadas polo fotógrafo Gene Polito. A rodaxe tivo lugar no deserto de Mojave, no suroeste de California, na antiga propiedade de Harold Lloyd en Greenacres en Benedict Canyon, ao oeste de Beverly Hills, nos Ánxeles, así como en varios estudos de Metro-Goldwyn-Mayer e nos estudos de Burbank.[6]
A posprodución levou de doce a trece semanas, cinco semanas para o "corte do director".[6]
A partitura da película nun disco de 33 rpm está integramente composta polo compositor Fred Karlin. Mestura de música occidental e electrónica,[7] usando un piano preparado, compás infrecuente, disonancia e todos os instrumentos de percusión a miúdo en polirritmo que ten o efecto de caos mecánico.[8]
Tratamento dixital de imaxes
[editar | editar a fonte]Westworld foi a primeira película en utilizar o procesamento dixital de imaxes. As imaxes xeradas por ordenador foron feitas por Information International, Inc. (Triple-I). A escena en cuestión é un plano longo de 2 minutos destinado a simular o punto de vista electrónico do personaxe de Brynner, o robot asasino.[9]
Crichton explica que quixo dar un toque distintivo á visión do androide cando o espectador está no seu punto de vista e inspirado na película de Stanley Kubrick, 2001: Unha odisea do espazo, concretamente a escena que se atopa dende o punto de vista de HAL 9000. Pero Crichton non quería só usar un lente gran angular, como fixera Kubrick cinco anos antes, senón mostrar a perspectiva do seu vilán como a máquina electrónica que debía ser.
Despois de contactar co Laboratorio de Propulsión a Chorro, o procesamento dixital parecía imposible debido ao seu alto custo, 200.000 dólares por 2 minutos de imaxes fronte ao orzamento de 1,25 millóns, e unha gran cantidade de tempo, aproximadamente 9 meses. A oportunidade xurdiu cando Crichton, xunto con John Whitney Jr., contactaron con Information International, Inc. co fin de acceder aos laboratorios en horario nocturno para completar a animación de xeito moito máis rápido e económico.[10]
Whitney propuxo o uso dun efecto sinxelo, que acabaría aparecendo na película, que consistía en dividir cada imaxe en pequenos cadrados e calcular a cor media en cada zona. Isto fixo que a toma de alta calidade aparecese pixelada. O procesamento levou unhas 8 horas por cada 10 segundos de secuencia, xa que cada unha das tres cores primarias máis unha capa de branco e negro tiveron que ser separadas.
Despois de 2 meses de traballo no procesado dixital a secuencia estaba lista, quedando só dúas semanas para a estrea da película.
Na secuela de Richard T. Heffron Futureworld, as imaxes tridimensionais foron utilizadas por primeira vez no cine.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Candidaturas
[editar | editar a fonte]- Science Fiction and Fantasy Scripts of America 1974: Premio Nubela á mellor proxección dramática
- Premio Hugo 1974: Premio á mellor proxección dramática
- Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films 1975: Premio Saturn á mellor película de ciencia ficción.
A película estivo en competición no Festival Internacional de Cine Fantasía de Avoriaz de 1974.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crichton p x
- ↑ GELMIS, JOSEPH (4 de xaneiro de 1974). "Author of 'Terminal Man' Building Nonterminal Career: CRICHTON". Los Angeles Times. p. d12.
- ↑ La Voz de Galicia, 21 de setembro de 1995. Páx. 87
- ↑ Para destacar a alusión aos catro mundos de Disneylandia: Adventureland, Frontierland, Fantasyland e Tomorrowland, o propio Disney inspirouse en exposicións universais como a de Chicago en 1893 que ofrecía aos visitantes o descubrimento de "mundos" (Oriente, India, etc.), primeiro para a Feira Mundial de Nova York de 1964 e logo para Walt Disney World.
- ↑ "Movie Reviews". The New York Times (en inglés). 2022-09-01. ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-09-03.
- ↑ 6,0 6,1 (en inglés) "Article". tcm.com.
- ↑ (en inglés) "Westworld". Film Score Monthly.
- ↑ (en inglés) "Westworld". allmusic.com.
- ↑ Fries, Lisbeth (1973-11-01). "Growth stimulating effects of the bromophenol, lanosol, on red algae in axenic culture". Experientia (en inglés) 29 (11): 1436–1437. ISSN 1420-9071. doi:10.1007/BF01922863.
- ↑ Westworld. Londres: British Film Institute. 2013. p. 197–198. ISBN 978-1-84457-457-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Westworld |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de 1973
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Michael Crichton
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes ambientados en 1983
- Filmes ambientados no futuro
- Filmes rodados en California
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer