When God Was a Woman
When God Was a Woman | |
---|---|
Título orixinal | When God Was a Woman |
Autor/a | Merlin Stone |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Barnes and Noble |
Data de pub. | 1976 |
ISBN | ISBN 0-15-696158-X |
[ editar datos en Wikidata ] |
When God Was a Woman é un libro de 1976 escrito pola escultora e historiadora da arte Merlin Stone. Baseándose no traballo de Margaret Murray e Robert Graves, Stone popularizou o matriarcado prehistórico e das civilizacións antigas pagás, describindo as sociedades antigas, abranguendo o Antigo Exipto, como paraísos matriarcais destruídos polo patriarcalismo indoeuropeo. Ela conclúe que os hebreos, por mor do patriarcalismo que os caracteriza "deben ter sido indoeuropeos", praticando misoxinia e odio á adoración da Deusa nai na sociedade israelita, a cal conecta co posterior desenvolvemento do cristianismo.
Traducións
[editar | editar a fonte]Foi publicado no Reino Unido baixo o título The Paradise Papers: The Suppression of Women's Rites. Foi traducido ó francés como Quand Dieu était femme (SCE-Services Complets d'Edition, Québec, Canadá) en 1978, ó neerlandés como Eens was God als Vrouw belichaamd – De onderdrukking van de riten van de vrouw en 1979, ó alemán como Als Gott eine Frau war en 1989 e ó italiano como Quando Dio era una donna en 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Philip G. Davis, Goddess Unmasked, Spence Publishing, Nova York, 1998. ISBN 0-9653208-9-8; review: R. Sheaffer, Skeptical Inquirer (1999)[1]