Petición para que as categorías de Commons poidan poñerse en calquera idioma[editar a fonte]
Por se vos interesa, fixen unha proposta para que se permita en Commons que os nomes das categorías estean en calquera idioma. Se queredes apoiala tedes que ir aquí. Ah, a votación remata o 14 de decembro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 22:40 (UTC)[responder]
Ferramenta para atopar imaxes en Commons nos artigos que lle faltan[editar a fonte]
Boas, esta ferramenta atopa imaxes en Commons dos artigos que están nas categorías de "Artigos sen imaxe". Funciona moi ben porque traballa cos datos de wikidata, por iso é moi importante que metamos todos os artigos que non teñan foto na categoría "Artigos en imaxe". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2015 ás 01:20 (UTC)[responder]
Ola.
Xa hai algún tempo aportei unha imaxe á galipedia, como a foto era miña e non saían persoas nela, entendo que non hai ningún problema para subila; pero teño a dúbida de no caso de que saia algunha persoa na fotografía que desexo incorporar. Pódese subier sen problema aínda que se identifique claramente a cara da persoa e non poida contar coa súa autorización?
Grazas
Ola Satna. Os dereitos de autoría son da persoa que toma a fotografía. Se ti eres o autor desa fotografía, dita fotografía está sacada nun lugar público, non presenta unha violación da privacidade ou intimidade da persoa ou persoas que saen retratados nela, e non foi publicada anteriormente en ningunha web ou medio de comunicación, entón non hai problema en que a subas á Wikipedia (ou á Commons preferiblemente) baixo unha das licenzas compatibles dispoñibles. ☣Banjotell me21 de abril de 2016 ás 17:01 (UTC)[responder]
Boas Satna, a maiores do que di Banjo, para os casos nos que aparecen persoas das que non se ten autorización expresa, e sempre que estean nun lugar ou acto público, en Commons o que se adoita facer é engadir o modelo {{Personality rights}}. Podes ver como queda nesta imaxe. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de abril de 2016 ás 18:39 (UTC)[responder]
Eu procuro non subir fotografías con persoas identificables. Pero, se non hai forma de evitar as caras da xente nunha fotografía que creo interesante, o que fago sempre é difuminar as caras. Máxime se se trata de meniños. Canto á foto de Lmbuga que Estevo dá como exemplo, eu non a tería subido sen difuminar antes a cara do cativo. O aviso de que "esas persoas poden ter os seus dereitos" non me parece suficiente. Pedro --Lameiro(conversa)21 de abril de 2016 ás 23:30 (UTC)[responder]
Boas, acabo de atopar esta imaxe dunha "Avenida del Generalísimo" que pon na descrición que é da Coruña, non sei se a cidade ou a provincia. O caso é que o escudo non é o da cidade da Coruña e estiven buscando nas galerías de escudos de concellos de Coruña, Lugo, Ourense e da Coruña e non o vexo. Alguén saberá de que concello é realmente? Que dicides Jglamela e Xavier36? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 20:03 (UTC)[responder]
Revisando imaxes en Commons topei con esta foto antiga subida dende Flickr na que non consta o autor verdadeiro e a ligazón á fonte orixinal non me funciona, mais mirando pola caché (ver) non aparece ningunha información do autor e a data (só unha estimación de que debe ser dos anos 30). A foto foi verificada por un robot, por iso non detectou este caso. Fixen unha busca inversa da foto, mais non puiden atopar os datos da foto. O que está claro é que a foto non e CC-BY-SA 2.0 tal e como está sinalado agora. Que opinades? ---- Xavier36 (conversa) 28 de abril de 2016 ás 06:01 (UTC)[responder]
Xavier36 o que habería que saber é quen é o autor real, se asumimos que o autor é o usuario de Flickr, entón a licenza é correcta porque así a publicou alí. Se nalgún momento atopamos outros datos que nos dean outra información entón teríamos que cambiar esa licenza. Eu tamén busquei a foto e só atopei unha ligazón en Pinterest que di que é de 1935. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2016 ás 17:49 (UTC)[responder]
Estiven o outro día neste mesmo lugar, na pasarela da Senra na parroquia de Toiriz, Vila de Cruces, no acceso ós Sobreirais do Arnego, e fixen máis fotos. Cando fun hoxe consultar o artigo do Deza aparecen estas imaxes do río Arnego. Xa llas cambio agora no artigo. O que non podo cambiar son os títulos das imaxes. --Iagocasabiell (conversa) 8 de maio de 2016 ás 09:17 (UTC)[responder]
Procura de papeletas electorais en España[editar a fonte]
Ola a todos. Como en ocasións anteriores, desde Wikimedia España estamos movendo a recolleita e subida a Commons das papeletas de candidaturas para as próxima eleccións xerais. Podedes subilas a través do seguinte formulario. A descrición das imaxes debe incluír os modelos {{PD-SpanishGov}} e {{De minimis|1=The party logo}} Un cordial saúdo --Discasto (conversa) 18 de xuño de 2016 ás 23:06 (UTC)[responder]
Imaxe do día galega en Wikimedia Commons[editar a fonte]
Bos días, unha IP pediume que borrara as imaxes que teñen o modelo NowCommons, e as que están en Categoría:En Commons e Categoría:Imaxes subidas a Commons. Alguén ve algún problema para non facelo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2016 ás 09:56 (UTC)[responder]
Mantendo o historial orixinal e as categorías (de habelas), non debería ter maior problema en borralas localmente. Eu xa levo un tempo facéndoo con esas imaxes, cando teño algo de tempo libre. ☣Banjotell me28 de xullo de 2016 ás 10:27 (UTC)[responder]