Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 9
Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23 |
---|
Galipedia vai cumprir 8 anos
[editar a fonte]O 8 de marzo facemos oito anos. Neste intre faltan -4877177 edicións para chegar a 2.000.000. Temos tamén 216.251 artigos. Ben, un bo xeito de chegar ó oitavo aniversario é acadando (antes ou no mesmo día) ese número de edicións e 70.000 artigos. Se tedes algo pensado este é o lugar :) --Alberte Si, dígame? 09:26, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Como lle comentei a Elisardo, eu creo que o vindeiro reto debería ser o sábado 5 ou o sábado 12 de marzo e debería consistir en acadar 500 novos artigos creados nunha xornada. É posíbel. --Atobar (conversa comigo) 11:35, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)
- O dos 500 artigos novos é un reto interesante para un só día, pero penso que habería que establecer uns mínimos. Porque crear 500 artigos de 2 liñas cada un tampouco ten demasiado mérito, non? jeje. Eu diría de comezar a concretar canto antes e así ir preparándonos para a data dándolle un pouco de publicidade. --Beninho 01:50, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Eu apúntome pero non sei moi ben cómo se pode organizar isto. Porque ten razón Beninho que non se van a facer artigos de dúas liñas, pero tampouco se poden facer de 5.000... Saúdos,--Elisardojm (conversa) 00:35, 23 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Poñámonos, xa que logo, un límite mínimo de 15-20 liñas. Pero 500 artigos nun día... é un bo chollo. Pedro --Lameiro (conversa) 01:22, 23 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Son 'un pouco' pesimista, a non ser que se faga acopio os días anteriores de artigos para 'lanzar ese día.--Agremon(contacto) 20:50, 26 de xaneiro de 2011 (UTC)
- O que propon Albert gustame, o de Atobar non me disgusta, o que propón Beninho é razoable, o limite de Elisardojm e máis de Pedro e normal e o pesimismo de Agremon e natural pois a todos os que queremos colaborar poñesenos un no na gorxa pero por min que non quede eu apuntome a calquera dos retos ou a todos se bos parece doado--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 23:37, 26 de xaneiro de 2011 (UTC)
Sobre este tema teño unha nova proposta. Resulta que do reto que fixemos en Culleredo polo décimo aniversario da Wiki en inglés, quedaran bastantes camisetas e chapas que non sabía moi ben que facer con elas. Preguntei si podiamos usalas para outras actividades e dixéronme que non había problema. O primeiro que se me ocorreu foi que se podería dar unha das camisetas ós que fagan máis artigos nese día para darlle un interese extra. A mágoa é que non haberá para todos e tamén que as tallas pequenas e medianas son das que quedan menos..., polo que habería que organizalo un pouco.
Por outra banda isto só é unha proposta inicial, poño ese material a disposición da comunidade e si hai outras ideas podemos comentalas para facer o que vexamos mellor, vós diredes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:29, 25 de febreiro de 2011 (UTC)
- Concretemos, polo menos, a data. A proposta inicial só dicía que "debería ser o sábado 5 ou o sábado 12 de marzo". É dicir, a próxima fin de semana ou a seguinte. ¿Para cando vai ser, por fin, a maratón galipédica? Pedro --Lameiro (conversa) 15:10, 27 de febreiro de 2011 (UTC)
- Home..., eu voto polo 12 porque así temos un pouco máis de tempo para prepararnos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:29, 27 de febreiro de 2011 (UTC)
- Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:39, 27 de febreiro de 2011 (UTC)
- Concordo, un día espléndido. Pedro --Lameiro (conversa) 00:29, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
- Concordo; o 5 hai que ir correr o antroido :). Espero poder botar unha man o 12. [ Furagaitas * ] 16:09, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
- Concordo;--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 16:28, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
- Concordo. --Toliño Fala aquí comigo 17:18, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
- Concordo --Beninho 19:04, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
- Concretemos, polo menos, a data. A proposta inicial só dicía que "debería ser o sábado 5 ou o sábado 12 de marzo". É dicir, a próxima fin de semana ou a seguinte. ¿Para cando vai ser, por fin, a maratón galipédica? Pedro --Lameiro (conversa) 15:10, 27 de febreiro de 2011 (UTC)
Logo
[editar a fonte]Paréceme que é boa idea retomar o cambio de logo que se viña facendo noutras datas anteriores, como cando acadamos as 20.000, 25.000 ou 30.000 entradas. Tamén temos un exemplo no logo conmemorativo dos 5 anos. A ver se podo facer algo eu, pero anímovos a que presentedes algunha idea, se sabedes manexar algún programa. --Toliño Fala aquí comigo 17:18, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
Creei o logo que non se ve á dereita. Seica fixen algo mal... :( Alguén sabe de onde pode vir o problema? Pasoulle o mesmo a Lameiro hai pouco... --Toliño Fala aquí comigo 18:42, 28 de febreiro de 2011 (UTC)- Tedes á dereita a versión do logo que fixen. Aproveitei a peza do puzle empregada para o logo do 10º aniversario. Gústavos? --Toliño Fala aquí comigo 16:22, 1 de marzo de 2011 (UTC)
- Bo traballo, Toliño. Xa hai logo. --Atobar (conversa comigo) 16:52, 1 de marzo de 2011 (UTC)
- Paréceme razoable ilo poñendo nestas datas (semana anterior e posterior ao aniversario). --Toliño Fala aquí comigo 20:05, 1 de marzo de 2011 (UTC)
Concordo Bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:23, 1 de marzo de 2011 (UTC)
Concordo E tamén estou dacordo con que se vaia poñendo o antes posible para que a xente se vaia enterando. E bo traballo, claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:39, 1 de marzo de 2011 (UTC)
Concordo con ilo poñendo xa. --Atobar (conversa comigo) 00:33, 2 de marzo de 2011 (UTC)
- Por desgraza, non consigo poñelo. Antes valía con cargar unha nova versión do Ficheiro:Wiki.png, seica xa non serve. Será cousa do cambio na aparencia. Pero na Wikipedia en inglés fixérono así (coa nova aparencia) o 15 de xaneiro. Non entendo o motivo. --Toliño Fala aquí comigo 17:17, 2 de marzo de 2011 (UTC)
- Habería que preguntar nalgún sitio, si queres pregunto na wiki en catalán, ó mellor alí saben o que pasa. Preguntei a un colega biblio de es: wiki e dixo que el pensaba que era así e que entón non sabía. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:11, 3 de marzo de 2011 (UTC)
- Por desgraza, non consigo poñelo. Antes valía con cargar unha nova versión do Ficheiro:Wiki.png, seica xa non serve. Será cousa do cambio na aparencia. Pero na Wikipedia en inglés fixérono así (coa nova aparencia) o 15 de xaneiro. Non entendo o motivo. --Toliño Fala aquí comigo 17:17, 2 de marzo de 2011 (UTC)
Aviso central
[editar a fonte]Tamén creo conveniente incluír un cartel na parte superior de todas as páxinas (do tipo das campañas de recadación ou o que puxen para anunciar o décimo aniversario da Wikipedia). Podemos falar da maratón galipédica e animar a que todo o mundo participe. Propoñedes algunha redacción? --Toliño Fala aquí comigo 17:18, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
- Estou dacordo pero..., ¿ó final imos dar as camisetas?. É que entón habería que organizalo un pouquiño. Eu proporía facer unha lista na que se apunten, antes do día do reto, os que queran participar e que despois do reto cada un apunte o número de artigos que fixo no día. A lista simplemente serviría para repartir as tallas das camisetas cunha orde, eso si, ata fin de existencias. Da distribución encárgome eu, iría lentamente pero iría. ¿Que vos parece?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:39, 1 de marzo de 2011 (UTC)
Concurso para o reto do día 12 e nota de prensa
[editar a fonte]A ver, si queremos dar as camisetas hai que decidirse xa porque habería que organizar un pouco o funcionamento e avisar o antes posible nos distintos medios (foros, twitter, blogs, facebook) para que a xente poda participar. O reto dos 500 artigos é libre para todos, iso está claro, pero para organizar o reparto das camisetas hai que poñer unhas normas mínimas. Eu propoño estas:
- Só poderán participar usuarios rexistrados.
- Só participan no concurso os que se apunten antes do día 12 nesta páxina indicando os datos solicitados.
- Entregarase unha camiseta a cada participante por orde de número de artigos creados, según dispoñibilidade de tallas e ata fin de existencias.
- Os artigos válidos deberán ter un mínimo de 1200 caracteres (15 liñas).
- O período do concurso será dende as 00:00 ata as 24:00 do día 12 de marzo.
- Dende o 12 de marzo ó 20 de marzo os participantes terán que indicar o número de artigos realizados na páxina de inscripción.
- A partires do 20 de marzo comezará a distribución das camisetas.
Si credes que hai que cambiar algo, engadir ou quitar, vós diredes.
Tamén propoño preparar unha nota de prensa para que os periódicos a publiquen o luns ou o martes, fixen unha primeira versión aquí, todo o que quera pode modificala como mellor vexa. Penso que habería que mandar a nota de prensa o domingo a última hora para que os periódicos teñan tempo de publicala o día 8, que é o martes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:10, 5 de marzo de 2011 (UTC)
Eu estou de acordo, salvo na premisa de que teñan que ser usuarios rexistrados, hai ipés moi activas que teñen creado moitos artigos (lembro agora un fato de artigos sobre concellos italianos, ou a serie de historia urbana de cidades). Polo demais nada que obxectar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:00, 5 de marzo de 2011 (UTC)
- Xa, pero unha ip non ten un enderezo de correo electrónico vinculado, polo que é complicado porse en contacto con el para a entrega da camisola. O cal me leva á pregunta de como se entregarán esas camisolas? O de indica-lo número de artigos creados podemos facelo nós, de tódolos xeitos imos ter que revisalo para evitar que se fagan trampas. --Alberte Si, dígame? 18:47, 5 de marzo de 2011 (UTC)
- Eu o de poñer que sexan usuarios rexistrados non é por limitar a participación nin nada, é simplemente para facilitar a comunicación con eles e ter un mínimo de seguridade. Unha ip pode ser un día unha persoa e ó seguinte pode ser outra distinta, un usuario rexistrado, si non revela a súa clave, vai ser unha persoa concreta.
- Da distribución das camisolas encargaríame eu, pouco a pouco. Vou de vez en cando por Santiago e Vigo e polo camiño podo ir facendo paradas. A outros sitios tampouco me importaría ir de visita e así fago algunha excursión por ahí adiante. Pero si se vos ocorre algún outro sistema por min perfecto. E claro, estou falando da distribución en Galicia, si houbera alguén de fóra entón xa habería que buscar outro sistema para cada caso concreto, pero penso que non haberá moitos deste tipo.
- O de poñer o número de artigos era para aforrar un pouco de traballo, así só habería que facer unha pequena revisión que se fai máis rápido. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:05, 6 de marzo de 2011 (UTC)
Si ninguén di o contrario mandarei a nota de prensa (o que quera pode modificar o que lle pareza directamente nesa páxina) esta madrugada para tentar que os periódicos a publiquen o martes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:23, 6 de marzo de 2011 (UTC)
- Feito!. Mañá haberá que mirar o que din. Agora a ver si alguén pode poñer algún aviso no grupo de Facebook e tamén no Twitter para que a xente deses grupos tamén poda enterarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:16, 7 de marzo de 2011 (UTC)
- Feito! no Facebook, e avisei a Alberte para que o fixese no Twitter. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:09, 7 de marzo de 2011 (UTC)
Xentiña..., apuntádevos na páxina que coa pouca xente que hai aínda van sobrar camisetas! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:29, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Por certo, tede tino ó comezar a facer artigos porque a hora do servidor non é a mesma que a nosa, vai atrasado unha hora (respecto a Galicia, claro), hai que comezar co choio despois da unha da noite... --Elisardojm (conversa) 21:31, 11 de marzo de 2011 (UTC)
- Pois iso, que queda unha hora. Sigamos. --Atobar (conversa comigo) 23:10, 12 de marzo de 2011 (UTC)
Según as contas que estamos a votar o reto..., queda para outra vez..., oooooooohhh. Parece ser que fixemos 451 artigos, quedamos tan ás portas que xa se vía a cociña... Pero de tódolos xeitos hai unha nova marca na Galipedia xa que hoxe foi o día que máis artigos novos se fixeron [1] (polo menos dende que se rexistra nesa web, claro). Parabéns a todos polo voso esforzo, vémonos no próximo e a ver si á terceira vai a vencida... ;). Saudiños e mañá xa falaremos das camisetas que agora vou para a camiña... --Elisardojm (conversa) 01:23, 13 de marzo de 2011 (UTC)
- Non se conseguiu por pouco, pero aínda así creo que se pode cualificar de éxito...451 artigos nun día! É un fito histórico. Parabéns a todos polo voso esforzo case sobrehumano (a mim chegoume un momento que xa me choraban os ollos de tanto ordenador e iso que non fun nin de lonxe dos que máis fixen!). Bó traballo, compañeiros! --Paradanta (Cóntame) 13:38, 13 de marzo de 2011 (UTC)
- Estivo ben sobre todo porque todos fixemos artigos cun mínimo de formato e contido, que era realmente o complicado (eu aínda estou abraido con algúns dos artigos de Lameiro;imaxino que os tiña preparados de antes, porque senón non se explica). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:42, 13 de marzo de 2011 (UTC)
Aprobación de Wikimedia España
[editar a fonte]Estimados compañeiros. Permitídeme unhas liñas para anunciar o que para moitos de nós resulta unha importante nova:
O pasado 7 de febreiro, a Fundación Wikimedia recoñeceu oficialmente a Wikimedia España como capítulo oficial da Fundación. Wikimedia España, constituída baixo a figura de asociación sen ánimo de lucro e xuridicamente independente, ten como obxectivo conseguir os mesmos intereses que a Fundación Wikimedia en territorio español, promover o coñecemento libre e apoiar tódolos proxectos de Wikimedia en calquera das súas linguas.
O recoñecemento oficial de Wikimedia España produciuse despois de máis de tres anos de traballo durante os cales decenas de usuarios promoveron de diverso modo a creación do capítulo español. Este fito non sería posible sen a axuda desinteresada das devanditas persoas, as cales están comprometidas cos principios do coñecemento libre e cren nas posibilidades que o asociacionismo activo ten para promover este movemento global. Como?, de moitas maneiras: conferencias, concursos, xornadas, talleres, comunicación coa prensa, intercesión ante as administracións para conseguir a liberación de datos, etc. Traducido aos proxectos de Wikimedia, incluído este, fomentar este tipo de actividades permitirá mellorar a cantidade e calidade dos contidos, captar novos colaboradores e asegurar a súa viabilidade económica. Os éxitos doutros capítulos oficiais avalan esta estratexia.
Ademais, Wikimedia España contempla a posibilidade de conformar estruturas de acción local para axilizar a realización de actividades a nivel autonómico, provincial ou municipal; fomentar a relación con outros capítulos da Fundación Wikimedia, presentes e futuros; e apoiar outros proxectos que, aínda non gardando relación directa coa Fundación Wikimedia, si compartan os seus obxectivos básicos de ofrecer información que poida ser libremente utilizada, estudada, redistribuída e modificada.
Se alguén considera interesantes os obxectivos de Wikimedia España e desexa informarse máis, pode facelo a través de:
- a páxina en Meta
- o blogue oficial
- Ou simplemente preguntarme a min :)
Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 02:58, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
P.D: Agora, en canto a cousa comece a rodar un pouco, o que vai facer falta son proxectos e ideas, así que as cousas que se vos ocorran serán benvidas e a asociación tentará facer todo o que poda por elas.
Xosé Tarrío
[editar a fonte]Ola xente! Escribo (sen estar de todo segura de si este é o lugar correcto para facelo) porque, investigando artigos, descubrín que nin en wikipedia (castelan) nin en galipedia existe un artigo sobre o preso e militante coruñés xosé tarrío. Gustaríame facer unha páxina sobre él, pero son relativamente nova (levo tempo rexistrada, pero colaborei mais ben pouco, por falta de tempo e descoñecemento do funcionamento do sitio) e pensei que igual habia alguen interesad@ no tema para poder colaborar facendo xuntas a entrada.
Bueno, espero resposta :p e sobre todo espero non terme equivocado de sitio publicando esta proposta!
Gracias e bicos
--Compostelana 21:47, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
Ola, Compostelana. Ti vaino empezando e eu irei seguindo o teu traballo. Non teñas medo por seres novata, vai quedar un artigo ben aquelado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:27, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
Xa están dispoñibles as fotos de WLA 2010
[editar a fonte]Xa fai un tempo que están dispoñibles en Commons as fotos do proxecto WLA que se fixo o ano pasado, pero non foi ata hoxe que decatei de avisarvos. Dos museos que se podían visitar en Galicia hai fotos do museo do Castro, do MARCO e algunhas da Fundación Laxeiro, todos en Vigo. Logo hai un cento de fotos dos outros museos, algunhas moi interesantes e incluso cunha calidade profesional, aqui pero non están todas polo que é mellor consultar as categorías de cada museo. A lista de museos que participaron no proxecto está aqui na columna da dereita, hai un museo da automoción, un museo do comercio e varios museos etnográficos, polo que seguro que poderedes atopar moitas fotos interesantes para os artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:01, 23 de marzo de 2011 (UTC)
- Graciñas, Elisardo. --Atobar (conversa comigo) 02:03, 23 de marzo de 2011 (UTC)
Credo accounts
[editar a fonte]Hola a todos, perdonad por usar el castellano, pero no he encontrado traductores, y dada la premura, seguro que alguien que sepa podrá traducir el mensaje.
La WMF ha conseguido la donación de unos cientos de cuentas CREDO. Se trata de cuentas que dan acceso a obras de referencia que habitualmente sólo están disponibles a través de universidades y similares. Aunque se trata de obras en inglés, creo que son de interés para cualquiera interesado en escribir artículos de calidad. Lamentablemente, esta disponibilidad apenas se ha hecho pública. Las cuentas se pueden pedir a partir de hoy (23 de marzo) a las once de la noche (hora peninsular española), en la siguiente página: en:Wikipedia:Credo accounts. Espero que sea de vuestro interés y, de nuevo, mis disculpas por si este no es el sitio o el modo adecuado de hacerlo. Creo que en todo caso, la utilidad del anuncio podrá disculparme. Un saludo --Ecemaml (Fala comigo) 11:07, 23 de marzo de 2011 (UTC)
- Grazas pola info, soa interesante. Eu voume apuntar, a ver se hai sorte. --Alberte Si, dígame? 14:58, 23 de marzo de 2011 (UTC)
Notícia Facebook
[editar a fonte]Felicidades por los 70.000 artículos! Hemos colgado una notícia en http://www.facebook.com/wikimediacat
Saludos desde Catalunya --Lluis tgn 18:59, 26 de marzo de 2011 (UTC)
- Gràcies. --Atobar (conversa comigo) 20:08, 26 de marzo de 2011 (UTC)
Parabéns Galipedia. --Millars 15:13, 28 de marzo de 2011 (UTC)
Mini-encontro en Pontevedra
[editar a fonte]Boas a todos, todos. Estamos organizando un mini-encontro na provincia de Pontevedra (polo momento leva tódalas papeletas a cidade de Pontevedra) para a semana que ven aproveitando a Semana Santa. Os que estén interesados que pasen pola páxina para apuntar as súas preferencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:20, 15 de abril de 2011 (UTC)
- Boas a todos. Pois onte quedamos uns cantos galipedistas para desfrutar da cidade de Pontevedra e esbardallar da Galipedia mentres a metade do país estaba a prepararse para o partido da tempada, ¡estamos tolos? :). Ó final aínda nos xuntamos uns cantos, alí apareceu Estevoaei, Paradanta, Lameiro, Beninho Iago, Furado e eu mesmo para pasar a tarde en boa compaña e con mellor conversación. Primeiro fomos dar unha volta pola cidade vella, vimos as ruínas do Convento de Santo Domingo, a Basílica de Santa María a Maior e o Museo de Pontevedra, tres dos BICs que se atopan na cidade, xunto con outros recunchos moi interesantes e incluso sorprendentes da cidade. Logo aínda tivemos tempo de visitar a exposición "Pórtico da Gloria. Misterio e sentido" que tiñan alí preparada para nós ;).
- Así que nos enchemos de cultura pasamos a falar dun dos nosos temas preferidos: a Galipedia. Con cafeses, cervexas e tés puxémonos as botas a falar deste proxecto, e dos seus irmáns, moitas veces das cousas malas e tamén dalgunhas boas :), pero rematando sempre con algunha anécdota ou cousa curiosa que fixo que non nos pasara o tempo. Podiamos amañar algunhas cousas do proxecto cun par de tardes coma esta..., todo é poñerse!!. Ó final facíannos falta as chaquetas porque a tarde foi moi boa pero cando rematamos a conversa xa rascaba un pouco, e máis de un levou un catarro de recordo. Para o próximo encontro hai que ir preparados para todo! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:00, 22 de abril de 2011 (UTC)
- P.D.: ¿Xa coñecedes o lobby pontevedrés na Galipedia?. Eu si, moito olliño con el... ;)
- E todos marchamos con cadansúa camisola! Por certo, poderíase facer unha crónica del no Xornal da Galipedia, non si? --Paradanta (Cóntame) 12:34, 22 de abril de 2011 (UTC)
Materiais de consulta
[editar a fonte]Por se fose do voso interese. Maña, venres 29 de maio, gratis con Faro de Vigo [2] mapa político comarcal de Galicia. Medidas 700 x 550 mm.
E o venres 6 de maio o mapa físico--. HombreDHojalata.conversa 15:01, 28 de abril de 2011 (UTC)
Multilingual Challenge
[editar a fonte]Please help: replace this red text with a translation of the English message below. Thank you! |
Announcing the Derby Multilingual Challenge This is the first multilingual Wikipedia collaboration. All Wikipedians can take part, in any Wikipedia language. The challenge runs from 1 May until 3 September 2011. |
Andrew Dalby 12:20, 2 de maio de 2011 (UTC)
Eleccións á Xunta da Fundación Wikimedia
[editar a fonte]Boas a todos, acaban de convocarse eleccións á Xunta da Fundación Wikimedia e acéptanse candidaturas aquí. Tamén fixeron un aviso para pedir tradutores para ese proceso, vanse coordinar nesta páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:00, 4 de maio de 2011 (UTC)
{{Cita web}}
[editar a fonte]Onte fusionei os dous modelos que tiñamos para facer referencias sobre páxinas web: o "Cita Web" e mais o "Cita web". Finalmente o modelo definitivo quedou no último; porén, o outro segue a funcionar como redirección. O que fixen é algo que viña querendo realizar desde había moito tempo: ademais de fusionar os dous modelos, conseguir que funcionase independentemente de incluílo cos parámetros en galego, que sería o propio, ou en inglés, algo que daba a lata e facía que houbese problemas con algunhas referencias copiadas directamente de en.wp. Nos vindeiros días agardo facer isto extensivo aos outros modelos de referencias.
Pídovos que me comuniquedes, aquí ou na miña conversa, se atopades algún erro no formato dalgunha referencia para ver de amañalo, que de seguro se me escapou algo ao modificar o modelo. Grazas e saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:17, 13 de maio de 2011 (UTC)
- Moitas grazas Toliño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:42, 13 de maio de 2011 (UTC)
- Bo traballo--. HombreDHojalata.conversa 13:52, 13 de maio de 2011 (UTC)
- Toliño fas un traballo para Galipedia que non ten "visibilidade" e que é fenomenal e enorme, sei mui ben coutros usuarios xa facian ese tipo de traballo mui ben, pero semella que agora eres o "primeiro" (sei ben coutros usuarios activos tamén fan moito). Coidate, seria unha gran perdida si paras eso. Eu, polo de momento non son capaz de axudarte. O que fas cos marcadores esta mui, mui ben.--Elvira (conversa comigo) 12:49, 14 de maio de 2011 (UTC)
- Bo traballo--. HombreDHojalata.conversa 13:52, 13 de maio de 2011 (UTC)
Wiki Loves Monuments
[editar a fonte]Boas, estase a organizar un concurso fotográfico a nivel europeo para obter fotografías dos monumentos dos países participantes. O concurso é Wiki Loves Monuments.
O obxectivo é obter fotografías dos monumentos máis relevantes de cada país participante, en España polo momento parece ser que nesta edición a cousa vai a concentrarse nos monumentos declarados como BIC.
As imaxes participantes serán as que se suban a Commons entre o 1 e o 30 de setembro do 2011, coincidindo coas Xornadas Europeas de Patrimonio.
As reglas son sinxelas: facer fotografías, subilas durante o mes de setembro a Wikimedia Commons, e esperar a ver si alguna delas obtén algún premio. Xa podedes ir pensando en sacar fotos durante as vosas viaxes ou no voso entorno, ou rescatar algunha que teñades gardada anteriormente. O concurso ten unha fase nacional e logo as mellores de cada país optarán ó concurso europeo. Animamos a todo o mundo a participar, tanto colaborando na organización, creación das listas de monumentos, facendo fotos ou dando a coñecer a iniciativa.
Cando haxa máis novas seguiremos informando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:46, 20 de maio de 2011 (UTC)
- Boas a todos. Para este proxecto precisaría axuda para revisar os nomes dos monumentos e achegar toda a información posible a Lista de monumentos da provincia da Coruña e Lista de monumentos da provincia de Pontevedra (esta última creo que xa está bastante completa, aínda que faltan bastantes coordenadas). Nos vindeiros días farei as listas de Lugo e Ourense.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:22, 30 de maio de 2011 (UTC)
Desafío Multilingüe
[editar a fonte]Boas! Traducido por petición de Andrew Dalby.
Anunciando o Desafío Multilingüe Derby Esta é a primeira colaboración multilingüe da Wikipedia. Todos os wikipedistas poden participar, en calquera lingua da Wikipedia. O desafío transcorre do 1 de maio ao 3 de setembro de 2011. |
Announcing the Derby Multilingual Challenge This is the first multilingual Wikipedia collaboration. All Wikipedians can take part, in any Wikipedia language. The challenge runs from 1 May until 3 September 2011. |
Al Lemos 17:39, 4 de xuño de 2011 (UTC)
- O artigo principal foi creado: Derby Museum and Art Gallery. - Al Lemos 18:53, 4 de xuño de 2011 (UTC)
Eleccións municipais
[editar a fonte]Se cadra era ben o poñérmonos de acordo para pasar os resultados das eleccións de 2011. Para facérmolo unha ou dúas é demasiado choio, pero se vos animades uns cantos (sobre todo quen controlades máis do trabllo rutinario e de modelos), eu poreime tamén co choio. Nunha semana podiámolo ter listo. A ver se alguén se anima a distribuír traballo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:14, 5 de xuño de 2011 (UTC)
O Goberno vasco producirá para Wikipedia
[editar a fonte]Noticia en El Correo, con retraso pero por si non vos enteráchedes. Resulta que o Goberno vasco abreu un concurso dun contrato para preparar contidos con licenza libre e pasalos á wikipedia en euskera. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:23, 20 de xuño de 2011 (UTC)