Wikipedia:Artigo destacado/decembro 2008
O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia dos lacértidos que carece totalmente de extremidades, de corpo cilíndrico e un tamaño de 20-30 cm, sen conta-lo rabo, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo e nunca traba, mesmo cando se colle na man. Esta ausencia total de perigo non impide que sexa obxecto, como tódolas cobras, de medos e persecución.
Recibe o calificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso. Pertence á suborde dos lacértidos (Sauria ou Lacertilia), que se divide en 16 familias. Está presente en toda Galicia (ata altitudes máximas de 1.600 metros), incluídas as illas Cíes, Ons, Sálvora, Sisargas e outras.