Wikipedia:Artigo destacado/xaneiro 2009
Ubuntu é unha distribución de GNU/Linux para computadoras de escritorio, portátiles e servidores. Baséase (fork) en Debian GNU/Linux e patrocínaa Canonical Ltd., empresa privada fundada e financiada polo seu actual dono, o empresario surafricano Mark Shuttleworth. É considerada a distribución de GNU/Linux máis popular con máis de 8 millóns de usuarios.
Ubuntu publica novas versións do seu sistema operativo cada seis meses aproximadamente, e sopórtaas con actualizacións de seguridade e correccións de erros diarias durante dezaoito meses. Tamén hai versións LTS (siglas de Long Term Support, inglés para soporte de longa duración), que contan con soporte de tres anos para a súa versión de escritorio, e cinco no caso da versión para servidores. Estas versións son publicadas cada dous anos. A súa versión estable máis recente Ubuntu 8.10 (Intrepid Ibex), que data do 30 de outubro de 2008.