Distribución
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Distribución pode referirse a:
Bioloxía
[editar | editar a fonte]- a distribución das especies de seres vivos.
Informática
[editar | editar a fonte]- unha distribución de GNU/Linux, unha variante do sistema operativo Linux.
Matemáticas
[editar | editar a fonte]- unha distribución de probabilidade dunha variable aleatoria, unha función que asigna a cada suceso a probabilidade de que ocorra.
- a distribución de Bernoulli, unha distribución de probabilidade discreta que toma valor 1 para a probabilidade de éxito e valor 0 para a probabilidade de fracaso.
- unha distribución beta, unha distribución de probabilidade continua con dous parámetros
- unha distribución binomial, unha distribución de probabilidade discreta.
- unha distribución binomial negativa, unha distribución de probabilidade discreta que inclúe a distribución de Pascal.
- a distribución de Cauchy, unha distribución de probabilidade continua.
- unha distribución exponencial, unha distribución de probabilidade continua.
- unha distribución gamma, unha distribución de probabilidade continua con dous parámetros.
- unha distribución hiperxeométrica, unha distribución de probabilidade discreta relacionada coas mostraxes aleatorias e sen substitución.
- a distribución khi cadrado ou distribución de Pearson, unha distribución de probabilidade continua cun parámetro que representa os graos de liberdade da variable aleatoria.
- unha distribución lognormal, unha distribución de probabilidade de calquera variable aleatoria con seu logaritmo normalmente distribuído.
- unha distribución normal, a distribución de probabilidade que con máis frecuencia aparece na estatística e na teoría de probabilidades
- unha distribución normal multivariante, unha xeneralización da distribución normal unidimensional a dimensións superiores.
- a distribución de Pareto, formulada polo sociólogo Vilfredo Pareto, unha distribución de probabilidade continua con dous parámetros.
- a distribución de Poisson, unha distribución de probabilidade discreta que expresa a probabilidade de que ocorra un determinado número de sucesos durante certo período de tempo.
- a distribución t de Student, unha distribución de probabilidade que xorde do problema de estimar a media dunha poboación normalmente distribuída.
- unha distribución uniforme continua, unha familia de distribucións de probabilidade para variables aleatorias continuas.
- unha distribución uniforme discreta, unha distribución de probabilidade que asume un número finito de valores coa mesma probabilidade.
- a distribución Weibull, unha función de distribución de probabilidade continua con función de densidade.
- unha distribución xeométrica.