Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Miguel III de Bulgaria
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: non aprobado
Período de votación: 20/2/2017 - 22/3/2017
SI: 3 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: non aprobado |
- Proposto por: RubenWGA (conversa) 20 de febreiro de 2017 ás 22:52 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 20-02-2017 ata o 22-03-2017.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Traducido do homónimo en lingua castelá onde conta coa distinción de artigo destacado ou de calidade, así como a de artigo bo na Wikipedia inglesa e na nosa compañeira a portuguesa. O artigo tal vez necesite unha revisión de formato mais está traballado profundamente con boa e completa información, correctamente referenciado. Trátase dun artigo que profundiza nun antigo tsar de Bulgaria da época da dinastía Shishman (fundador da mesma) que foi a última do Segundo Imperio Búlgaro: Miguel Asen III. Adecuadamente redireccionado, imaxes e recursos multimedia empregados. Algunha que outra cita, ben categorizado, ligazóns externas apropiadas e código QR. --RubenWGA (conversa) 20 de febreiro de 2017 ás 22:52 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 20 de febreiro de 2017 ás 22:52 (UTC)[responder]
- Concordo. --Gobraves (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 08:38 (UTC)[responder]
- Concordo, aínda que estando marcado como artigo de calidade na Wikipedia de orixe (a Wikipedia en castelán) penso que podería terse proposto para calidade, xa que basicamente o contido de ambos é o mesmo e o feito de que alí sexa considerado de calidade pode dar a aparencia de que o noso artigo sexa inferior. En caso de que a proposta non saia elixida valoraría a posibilidade de presentalo para calidade. Polo demais, creo que é un bo traballo e merece, canto menos, este recoñecemento. Piquito (conversa) 20 de marzo de 2017 ás 00:16 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Polos mesmos motivos que xa espresaron varios usuarios en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Revolución de Maio. --Atobar (conversa comigo) 14 de marzo de 2017 ás 18:44 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. O título non é conforme a WP:NPP. --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2017 ás 10:10 (UTC)[responder]
- @Norrin strange: Coido que xa está arranxado. Moitas grazas, --RubenWGA (conversa) 14 de marzo de 2017 ás 18:25 (UTC).[responder]
- @RubenWGA: Debería ser Miguel III de Bulgaria, o Asen é a casa real, é como se puxeramos Xoán Carlos de Borbón I. --Norrin(Fálame) 21 de marzo de 2017 ás 09:18 (UTC)[responder]
- @Norrin strange: Feito! Moitas grazas e un saúdo cordial, -- RubenWGA (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 19:24 (UTC)[responder]
- Comentario. Atobar, rogaríache que concretases devanditos motivos e que revisases este artigo con tino que nada ten que ver co que mencionas. Grazas, --RubenWGA (conversa) 14 de marzo de 2017 ás 19:31 (UTC).[responder]
- @RubenWGA: Debería ser Miguel III de Bulgaria, o Asen é a casa real, é como se puxeramos Xoán Carlos de Borbón I. --Norrin(Fálame) 21 de marzo de 2017 ás 09:18 (UTC)[responder]
- Comentario. Opino que en habendo a máis mínima sospeita en relación coas referencias, non procede que polo momento os artigos estén inmersos nun proceso de votación. Se finalmente se comproba que todo está correcto, xa haberá tempo para volver abrilo máis adiante. Paréceme o máis prudente. --Atobar (conversa comigo) 15 de marzo de 2017 ás 09:59 (UTC)[responder]
- Comentario. Atobar, nesta votación non estamos a globalizar artigos estamos a falar dun en concreto que é o que aquí debe ser revisado para votar congruentemente. Ao tratarse dunha tradución do castelán ao galego, podes comprobar que as referencias se atopan correctamente ao longo do artigo. Grazas pola túa comprensión, --RubenWGA (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 18:37 (UTC).[responder]
- RubenWGA, á vista destes problemas, creo que o prudente é, cando menos, agardar. En ningún caso estou a pór en cuestión a túa boa fe, simplemente non estou de acordo con distinguilo neste momento como artigo bo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15 de marzo de 2017 ás 19:33 (UTC)[responder]
- Atobar, grazas pola túa resposta e respecto e comprendo a túa opinión e decisión na votación deste artigo. Desculpa as molestias que pudiese ocasionar. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 19:41 (UTC).[responder]
Comentario Se o nome do artigo se cambiou a Miguel Asen, non debería usarse ese nome na maior parte do artigo? Entendo que se indique na cabeceira a forma "Miguel Shishman", pero penso que no resto do artigo debería usarse o nome "Miguel Asen", non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 09:13 (UTC)[responder]
- @Elisardojm: Feito! Moitas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 19:24 (UTC)[responder]