Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/España
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 25-01-2014 - 25-02-2014
SI: 2 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 13:35 (UTC) (Período de votación: dende o 25-01-2014 ata o 24-02-2014)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Creo que cos datos actualizados (2013) e mais a información sobre a toponimia de Hispania a España o candidato é un forte candidato a ser de calidad. Ademais xa están arreglados os apartados do deporte onde aparece máis información ca do fútbol e un apartado sobre a crise de 2008--AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 12:37 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo--AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 12:37 (UTC)[responder]
- Concordo, aínda que sigo pensando que non se deberan incluir os clubes deportivos. Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2014 ás 23:14 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo Hai cinco cómpre referencia, un artigo de calidade non os pode ter.--Sernostri (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 12:44 (UTC)[responder]
- Discordo. Moitos erros ortográficos, referencias escasas, sen bibliografía, desactualizado (datos demográficos de 2010)... --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2014 ás 12:40 (UTC)[responder]
- Neutro
- Comentarios
- ComentarioXa esta arranxado o dos cómpre referencia --AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 13:03 (UTC)[responder]
- Non se trata de ter artigos de calidade para ter moitos, trátase de ter artigos de calidade por ser de verdadeira calidade, mellor sería revisar as referencias xa que a referida á da vasconización serodia di todo o contrario do que se di no texto do artigo.--Sernostri (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 13:52 (UTC)[responder]
- Comentario Na táboa de información sí que aparecen os datos demográficos actualizados. AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 16:23 (UTC)[responder]
- Comentario. Engadín os resultados internacionais das seleccións de hóckey a patíns, realmente é extraño que non estivera o deporte que máis éxitos lle reportou ao Estado español con moito. Por outra banda, non creo que sexa pertinente poñer os títulos dos equipos, xa que os clubs non representan a ningún país, representan como moito a unha cidade ou a unha parte da cidade, e os deportistas individuais (como os tenistas) tampouco representan a ningún país máis que nos Xogos Olímpicos ou outros eventos como a Copa Davis (por seguir co tenis), por eso creo que deberiamos retirar eses datos (tamén porque está incompleta, hai moitos deportes nos que equipos españois gañaron competicións internacionais e non aparecen (caso do baloncesto feminino ou o waterpolo, por exemplo). Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 22:47 (UTC)[responder]
- Comentario Datos actualizados:
- Poboación (2013) Feito!
- Vivenda (2013) Feito!
- Comercio exterior (2013) Feito!
- Moeda e banca (actualizo o ránking dos bancos españois segundo a cotización en bolsa) Feito!
- Ciencia e Tecnoloxía (Actualización á lei de 2011 e plan vixente 2013-2016) Feito!
- Revisión da ortografía Feito!
--AMPERIO (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 16:27 (UTC)[responder]
- Comentario. O artigo ten varios artigos principais ou véxase tamén sen facer, se foran un ou dous non pasaría nada (xa se farán), mais a realidade é que son 20. Sobre a sección de historia a min me parece que falta un paragrafiño ou dous adicados á prehistoria e se citen as covas de Altamira ou Atapuerca. A sección de economía é moi extensa e pouco referenciada (por exemplo os datos da produción vinícola), e outras seccións tamén carecen de referencias. Sigo pensando que os datos de clubes deportivos españois na sección de deportes sobra (mais tampouco vou votar en contra porque estea). Aínda así penso que comparando este artigo co de Alemaña ben podería ser de calidade, así que se cadra deberiamonos plantexar se revisar a calidade de Alemaña. Piquito (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 19:47 (UTC)[responder]
- Comentario Eu o das ligazóns en vermello non penso que sexa problema. Estamos a evaluar este artigo, non os que non existen. --Norrin_strange (Fala-me) 7 de febreiro de 2014 ás 08:56 (UTC)[responder]
- Comentario Apartado sobre a prehistoria e protohistoria Feito! --AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2014 ás 12:28 (UTC)[responder]
- Comentario Eu o das ligazóns en vermello non penso que sexa problema. Estamos a evaluar este artigo, non os que non existen. --Norrin_strange (Fala-me) 7 de febreiro de 2014 ás 08:56 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
España (proposta 2013)
[editar a fonte]Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 31-01-2013 - 10-02-2013
SI: 4 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 31 de xaneiro de 2013 ás 16:18 (UTC)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completo sobre o Reino de España. --AMPERIO (conversa) 31 de xaneiro de 2013 ás 16:18 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 31 de xaneiro de 2013 ás 16:18 (UTC)[responder]
- Concordo. Este artigo ten o seu aquel. --Nemigo 1 de febreiro de 2013 ás 20:10 (UTC)[responder]
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2013 ás 19:51 (UTC)[responder]
- Concordo. -- JonnyJonny (conversa) 25 de febreiro de 2013 ás 22:49 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Non cumpre os requisitos de calidade. Ten tantas eivas que mesmo é difícil facer unha listaxe delas. --Prevertgl 11 de febreiro de 2013 ás 23:15 (UTC)[responder]
- Discordo.--Anton45 (conversa) 4 de marzo de 2013 ás 18:58 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Non hai bibliografía, non debería faltar nun artigo de calidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2013 ás 22:57 (UTC)[responder]
- Comentario. Non lin o artigo moi polo miúdo, eso ante todo.
- Na sección adicada aos deportes vexo un trato excesivamente favorable cara ao fútbol, mencionándose únicamento o UNICO mundial que gañou España neste deporte e obviando que antes se gañaron outros como o de baloncesto (no cal por certo xogaron estrelas da NBA) e sobre todo esquecéndose do deporte no que España conseguiu os seus mellores logros, o hóckey a patíns (deporte no que varios galegos se proclamaron campións do mundo, por certo, e deporte moi ligado ao noso país), sendo neste último deporte a gran dominadora dos últimos anos e que, de largo lle dou máis títulos ao país; neste caso poría que conseguíu títulos mundiais en diversas disciplinas como... (sendo o hóckey a patíns na que máis éxitos colleitou e a gran dominadora) -por exemplo-.
- Na mesma sección: poñer como artigo principal Fútbol en España paréceme sinceiramente un despropósito (independentemente de que non sinta moita predilección polo "deporte rei"), penso que os artigos principais deberían se Deporte en España e España nos Xogos Olímpicos (moi raro que só sexan mencionados facendo referencia aos de Barcelona).
- En deporte tamén, España non gañou a Holanda, gañou aos Países Baixos.
- A frase Hoxe en día, España, é unha potencia mundial no ámbito deportivo hai que referenciala.
- Na sección de historia voto grávemente en falta algún tipo de mención ao movemento 15-M e a todos os movementos cidadáns de protesta e dos cales falou boa parte da prensa mundial e que logo se exportaron a outros países, tamén estaría ben nesta sección algún mapa dos reinos cristiáns ou algún deses mapas que van cambiando para amosar a reconquista.
Logo está o tema da bibliografía, as ligazóns externas. Polo momento é todo, o que poda ir vendo o irei expoñendo. Piquito (conversa) 8 de febreiro de 2013 ás 00:20 (UTC)[responder]
- Moi agradecido polas túas achegas. O artigo pode que sexa, con diferenza, o que está en mellor estado dos que se teñen presentado para artigo de calidade. --Nemigo 9 de febreiro de 2013 ás 15:46 (UTC)[responder]
- Comentario. Vendo a Wikipedia en castelán e outros artigos da nosa, penso que sería pertinente unha sección sobre a etimoloxía do nome do estado, tamén unha sección sobre os símbolos nacionais (como no caso de Galiza). Sobre a organización, penso que a sección de "relixión" sería axeitado que formara parte da de "demografía" en lugar de ser unha sección de seu. Piquito (conversa) 10 de febreiro de 2013 ás 00:11 (UTC)[responder]
- Cómpre actualizar os datos económicos, que deberon de variar substancialmente por mor da actual crise. Non existe tampouco ningunha mención a ela na sección de Historia. A sección dedicada á Idade Media precisa dunha revisión, diso xa me encargo eu. --Paradanta (Cóntame) 10 de febreiro de 2013 ás 11:22 (UTC)[responder]
- Comentario. A votación do artigo xa debería estar pechada. --JaviP96 4 de marzo de 2013 ás 19:20 (UTC)[responder]