Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Pontedeume
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: Artigo de calidade.
Período de votación: 3-7-2014 - 2-8-2014
SI: 10 — NON: ningún — NEUTRO: ningún — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 16:25 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 03-07-2014 ata o 02-08-2014.
Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completo (posiblemente o máis completo sobre un concello de Galiza), sobre un concello de relevancia histórica no noso país. Creo que non hai tama que non toque e dende que fora á portada realizouse un gran traballo de referenciación. Está amplamente ilustrado e conta cunha ampla sección de bibliografía, así como ligazóns de interés. Creo que, á parte dunha sempre necesaria revisión de lingua, non necesita moitos retoques para ser de calidade. --Piquito (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 16:25 (UTC)[responder]
- A favor
Concordo. --Piquito (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 16:25 (UTC)[responder]
Concordo--. HombreDHojalata.conversa 3 de xullo de 2014 ás 16:53 (UTC)[responder]
Concordo. --Atobar (conversa comigo) 4 de xullo de 2014 ás 10:53 (UTC)[responder]
Concordo. --Xas (conversa) 4 de xullo de 2014 ás 16:59 (UTC)[responder]
Concordo--Miguelferig (conversa) 5 de xullo de 2014 ás 10:21 (UTC)[responder]
Concordo--Anton45 (conversa) 6 de xullo de 2014 ás 00:06 (UTC)[responder]
Concordo --Paradanta (Cóntame) 7 de xullo de 2014 ás 08:55 (UTC)[responder]
Concordo--XoioÉche o que hai 8 de xullo de 2014 ás 17:30 (UTC)[responder]
Concordo. --Chairego_apc (si?) 11 de xullo de 2014 ás 14:25 (UTC)[responder]
Concordo--Agremon(contacto) 14 de xullo de 2014 ás 07:30 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario. Os únicos problemas que lle encontro son unha galería de imaxes un pouco longa, máis aínda tendo en conta que hai unha ligazón interna a Galería de imaxes de Pontedeume e unha ligazón a Commons.
Feito! Quitei as imaxes das igrexas e algunhas que xa tiñan imaxes similares no artigo, tamén puxen as imaxes ó tamaño "normal" usando o comando gallery. Agora poden quedar esas imaxes ou outras pero, a non ser que haxa razóns de forza maior, non debería aumentarse o número de imaxes da galería. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2014 ás 08:30 (UTC)[responder]
Outro problema que lle vexo é o índice, que dende o meu punto de vista é excesivo:
- Na sección de Xeografía eliminaría o apartado de Situación e deixaría o seu texto como unha especie de cabezado da sección.
- Non teño moi claro se os apartados de Demografía e Morfoloxía urbana deberan ir en Xeografía ou poñelos en seccións independentes, especialmente o da Morfoloxía urbana, que non me acaba de encaixar na sección de Xeografía.
- Eu poría os Símbolos nun apartado independente cara ao principio do artigo, mais é unha opinión persoal.
- O apartado de Pontedeume na cultura popular eu o vexo máis dentro do da Tradición oral, cun apartado para refráns e outro para as lendas.
- En Infraestruturas non poría seccións, poría apartados como en Patrimonio arqueolóxico, esto é, en lugar de empregar = empregar ; (non sei cómo lle chamades a eso), creo que alixeiraría un pouco o índice, que semella saturado.
- Nos medios de comunicación eliminaría o apartado de Prensa, xa que do único que se fala é da prensa. Non sei se hai radio local, pero se non se vai ampliar con radio ou televisión creo que non deberiamos saturar o índice especificando o da prensa, que polo visto é o único que hai. (
Feito! Eliminado o apartado "Prensa"--Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de xullo de 2014 ás 20:44 (UTC))[responder]
- Faría un apartado único cos Movementos sociais e os Sindicatos, xa que a información que achegan estes dous apartados non é moi grande. Por outra banda creo que tamén se poderían fusionar os outros dous apartados da sección de Política e goberno, e por qué non, engadir unhá táboa cos últimos resultados electorais (
Feito! Engadida a táboa --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de xullo de 2014 ás 20:44 (UTC)).[responder]
Outra cousa que cambiaría sería a ubicación das dúas primeiras imaxes da sección de Historia, xa que non creo que as lápidas sexan anteriores ao castro. ( Feito! Eliminada a imaxe da lápida pois se achou nun concello veciño --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de xullo de 2014 ás 20:44 (UTC)) Tamén poría a Galería de imaxes despois dos lugares e parroquias do concello. Por último repasaría algunhas frases, a min non me quedaron moi claras, pero como non sei se son cousa miña non as modifiquei. Os apuntamentos que fago son menores, creo que o artigo é un gran traballo e pode ser sen problema artigo de calidade sen moito traballo, e polo tanto voto a favor. Piquito (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 16:25 (UTC)[responder]
- Piquito, o artigo tenta seguir o Wikipedia:Modelo de concellos, que debería ser o que seguisen todos os artigos deste tipo. Nese modelo xa se indica que se algunha sección non ten entidade abondo debe eliminarse esa división e pasar a súa información á sección superior. Comento isto só a título informativo xa que ese modelo non é obrigatorio pero estaría moi ben que o modelo seguise mellorándose para que se poida aplicar a todos os concellos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 21:42 (UTC)[responder]
- Boas Piquito, como principal responsábel da edición deste artigo, vou tratar de respostar ás túas suxestións. Sobre a orde das seccións e apartados, como xa dixo Elisardo, limiteime a seguir o modelo proposto para a estrutura dunha páxina de concello. Probabelmente eu faría outra distribución pero deixeina como está por facer unha das tarefas que se propuñan no wikiproxecto Concellos galegos, que era a de facer unha páxina de concello seguindo ese modelo. O índice é así de longo pola propia estrutura deste modelo; se te fixas no índice do modelo, ten os mesmos apartados e é igual de longo (e iso que xa alixeirei un pouco o índice poñendo algúns ";" por exemplo, nas festas). É verdade que o único apartado da sección dos Medios de comunicación é a de Prensa; poderíase eliminar o apartado pois non hai televisión nin radio locais, podemos eliminar o apartado e chamarlle á sección Prensa, xa me poño. Sobre as imaxes iniciais da sección de Historia, concordo contigo. A lápida debe ir despois do castro, se é que ten que ir a lápida (teño que estudar o asunto pois, se é como eu penso, a lápida foi achada no concello de Vilarmaior, que durante un tempo estivo anexionado ao de Pontedeume, en cuxo caso habería que eliminala). Tamén concordo en que a Galería de imaxes é excesiva, o que pasa é que non sei cal deixar e cal quitar. Ao ser eu un veciño da vila, paréceme todo importante; sería conveniente que alguén neutral fixese o traballo de eliminar imaxes da Galería. Finalmente, é unha boa idea a de engadir unha táboa cos últimos resultados electorais, xa me poño co asunto. Saúdos e grazas polas túas suxestións, --Xosé Antonio (fálame sempre) 3 de xullo de 2014 ás 22:13 (UTC)[responder]
Comentario Dunha ollada rápida, eu mudaría o seguinte:
- Na caixa do concello (infobox) eu por unha banda quitaría o borde verde-ouro das imaxes, seméllame antiestético e penso que debemos de limitar as cores ao estritamente necesario, xa que lle resta seriedade ao artigo (é o primeiro que me ven á cabeza nada mais abrilo. Por outra parte, no correo, lle engadiría un "mailto" de xeito que quede como ligazón. Tamén vexo na caixa un número en milleiros (o dato de poboación) que debería levar un punto (o separador dos milleiros) (
Feito! Xa aparece o punto. Creo que Elisardo mudou algo no modelo para que aparecese. Comprobei que funciona noutros concellos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de xullo de 2014 ás 22:36 (UTC)) , e non sei se hai máis no artigo.[responder]
- Na sección de morfoloxía urbana un pequeno detalle; menciona ao "convento de agostiños": o correcto sería "convento dos agostiños".
Feito!
- Na sección de historia, na frase "Polos documentos do Parroquial suevo e o Tombo de Caaveiro, sábese que no século X a comarca eumesa dependía eclesiasticamente de Bretoña", ese "Bretoña" debería ser un "[[Diocese de Mondoñedo-Ferrol|Bretoña]]" xa que refírese á diocese cando tivo a súa sé na devantida cidade. Hai tamén un "crónicas cristiáns" que debería ser "crónicas cristiás". Por outra parte, e isto xa é unha opinión persoal, tentaría evitar expresións do tipo "recupera a alcaldía a dereita", como se isto fose unha loita a morte entre branco e negro, e máis nunha alcaldía (
Feito! Cambiada a redacción --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de xullo de 2014 ás 20:44 (UTC)).[responder]
- En "forzas de seguridade" hai un "Amais" que non sei se é correcto.
- Na caixa do concello (infobox) eu por unha banda quitaría o borde verde-ouro das imaxes, seméllame antiestético e penso que debemos de limitar as cores ao estritamente necesario, xa que lle resta seriedade ao artigo (é o primeiro que me ven á cabeza nada mais abrilo. Por outra parte, no correo, lle engadiría un "mailto" de xeito que quede como ligazón. Tamén vexo na caixa un número en milleiros (o dato de poboación) que debería levar un punto (o separador dos milleiros) (
--Norrin (Fálame) 4 de xullo de 2014 ás 07:24 (UTC) Saúdos[responder]
- Si, amais é correcto. Por certo, eu tamén creo que estaría mellor sen as cores da imaxe da caixa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2014 ás 07:48 (UTC)[responder]
- Xa mudei a redacción da frase onde aparece "recupera a alcaldía a dereita", se hai algunha expresión máis que non che cadre faimo saber. O que comentas do punto dos milleiros que non aparece na caixa de información é cousa do modelo da caixa, pois ao introducir o dato púxose o punto en cuestión. O das cores non me lembro quen as engadiu, mais penso que a idea que tiña era lembrar as cores da bandeira do concello, que son precisamente esas. Engadirei un resumo das principais actuacións na alcaldía de Juan Sarmiento Patiño, que aparecen na páxina da Historia de Pontedeume (
Feito! Engadidas actuacións no mandato de Sarmiento --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de xullo de 2014 ás 20:44 (UTC)). Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de xullo de 2014 ás 13:53 (UTC)[responder]
- Xa mudei a redacción da frase onde aparece "recupera a alcaldía a dereita", se hai algunha expresión máis que non che cadre faimo saber. O que comentas do punto dos milleiros que non aparece na caixa de información é cousa do modelo da caixa, pois ao introducir o dato púxose o punto en cuestión. O das cores non me lembro quen as engadiu, mais penso que a idea que tiña era lembrar as cores da bandeira do concello, que son precisamente esas. Engadirei un resumo das principais actuacións na alcaldía de Juan Sarmiento Patiño, que aparecen na páxina da Historia de Pontedeume (
- Si, amais é correcto. Por certo, eu tamén creo que estaría mellor sen as cores da imaxe da caixa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2014 ás 07:48 (UTC)[responder]
- Piquito, se podes comenta aquí as frases que non che cadran e revisámolas, poden ter erros ou pode ser que precisen mellorar a redacción. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2014 ás 08:30 (UTC)[responder]
Mudei na caixa a foto da ponte por unha panorámica da vila. Penso que faltaba unha imaxe xeral, na que ademais aparece tamén a ponte. Se pensades que estaba mellor antes, desfacemos o cambio. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de xullo de 2014 ás 13:29 (UTC). Deixei as cousas como estaban e engadín a panorámica ao final da "Morfoloxía urbana", pois cadra co tema e loce máis. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de xullo de 2014 ás 13:51 (UTC)[responder]
Algunhas das miñas achegas ao artigo foron revertidas polo feito de modificar “as escollas de anteriores editores”, sen ter en conta, polo que parece, as outras correccións. Non entendo ben os dereitos dos "anteriores editores" e mesmo creo que van en contra do espírito dos cinco piares da Wikipedia: «Nótese que os artigos poden ser cambiados por calquera e que non existe ningún control individual exclusivo de calquera artigo». Quixen unifica-lo estilo: -able/-ábel, todos os/tódolos, e darlle a un artigo que quere ser votado coma artigo de calidade un ton máis galego con ámbolos, ámbalas, dende, coma, etc. Algunhas das miñas escollas, outras non, foron revertidas en nome doutras escollas anteriores… por seren anteriores. Desanima.--Nerk (conversa) 8 de xullo de 2014 ás 01:59 (UTC)[responder]
- Boas Nerk, penso que non tes que tomar as cousas tan á tremenda. Ninguén ten dereitos adquiridos por ter editado antes, mais tamén está escrito nalgures que se respectarán as escollas dos anteriores editores. Teño que dicir que fixeches un bo traballo de mellora na redacción dalgunhas frases e tamén concordo coa unificación de estilo, pero tamén dígoche que estou en completo desacordo con que dende ou deica teñan un ton máis galego que desde ou ata. Iso é unha opinión completamente subxectiva. En calquera caso parabéns polo teu traballo de mellora e non te desanimes, o teu traballo e tan valioso e necesario coma os dos demais. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 8 de xullo de 2014 ás 09:53 (UTC)[responder]
- Boas Nerk, eu revertín algunhas das túas edicións, as que tiña claro que debían manterse porque simplemente eran cambios de sinónimos. Segundo a RAG as formas desde/dende, cafetería/cafetaría, e outras que cambiei, son sinónimos e na Galipedia existe a norma de que nestes casos debe manterse a escolla do primeiro editor. A razón desta norma é que se dúas formas son equivalentes non se permite cambiar unhas por outras xa que esas actuacións poderían levar a guerras de edicións. Sinto que tivese que desfacer o teu traballo pero algúns dos cambios foron correctos e quedaron. Deberías revisar os cambios que fixeches por se algún deles houbese que desfacelo tamén, eu só revertín os que vin máis claros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xullo de 2014 ás 12:51 (UTC)[responder]
Coido ademais que o ser un artigo 'propio de Galicia' debe ter unha pequena prima nas votacións en relación a artigos xeralistas.--Agremon(contacto) 14 de xullo de 2014 ás 07:30 (UTC)[responder]
- Agremon, a que te refires con que debera ter unha pequena prima nas votacións? Un saúdo, --Piquito (conversa) 17 de xullo de 2014 ás 10:17 (UTC)[responder]
- Refírome a algo que ten saído nas discusións unhas cantas veces, sobre se os artigos que traten de Galicia deben ser os máis atendidos, pois non podemos competir facendo artigos xeralistas con outras enciclopedias. En xeral, non estou de acordo con esa visión, pero si creo que os artigos que traten de Galicia debera tenderse a que tiveran unha prevalencia na Galipedia como referenza para outras wikipedias, e esa 'prima' tendería a facelos máis visibles e polo tanto apoiar esa referenza. --Agremon(contacto) 20 de xullo de 2014 ás 20:22 (UTC)[responder]
"Non sigas mecanicamente instrucións escritas, sinón mellor considera como é mellorada ou estragada a enciclopedia con cada edición." (Don't follow written instructions mindlessly, but rather, consider how the encyclopedia is improved or damaged by each edit.) →Wikipedia:What "Ignore all rules" means. --Nerk (conversa) 21 de xullo de 2014 ás 01:00 (UTC)[responder]
- "Ignorar todas a regras" non significa que toda acción é xustificábel. Non é nin un triunfo nin unha carta branca. Os que ignoran as regras deben xustificar como as súas accións melloran a enciclopedia, se así se lles solicita. De feito, todo o mundo debería ser capaz de demandalo en calquera momento. En casos de conflito, o que se considera como mellora decídese por consenso ("Ignore all rules" does not mean that every action is justifiable. It is neither a trump card nor a carte blanche. Rule ignorers must justify how their actions improve the encyclopedia if challenged. Actually, everyone should be able to do that at all times. In cases of conflict, what counts as an improvement is decided by consensus)→Wikipedia:What "Ignore all rules" does not mean.--Xosé Antonio (fálame sempre) 21 de xullo de 2014 ás 23:27 (UTC)[responder]
- Nerk e Xosé Antonio, creo que este non é o lugar para debatir eses temas. Nerk, se tes algún tipo de obxección sobre o tema das modificacións que fixeches no artigo e as políticas que se seguen na Galipedia exprésao na conversa do artigo ou propón na taberna algunha mellora ao respecto e se a comunidade o ve oportuno votará a favor, pero esta discusión é para falar da calidade deste artigo e non das políticas que se siguen na Galipedia, que son algo alleo á calidade dos seus artigos. Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de xullo de 2014 ás 08:20 (UTC)[responder]
Grazas--Nerk (conversa) 23 de xullo de 2014 ás 12:38 (UTC)[responder]