Wikipedia:Efemérides destacadas/15 de xuño
Aparencia
- 1389, os turcos vencen os serbios e bosnios na Batalla de Kosovo.
- 1752, Benjamin Franklin (na imaxe) realiza un experimento para demostrar que os raios son electricidade elevando unha cometa durante unha tormenta.
- 1927, nace Hugo Pratt, debuxante de banda deseñada italiano (m. 1995).
- 1977, celébranse as primeiras eleccións democráticas en España despois da morte de Francisco Franco.
- 1983, apróbase a Lei de normalización lingüística de Galicia.
- 1996, morre Ella Fitzgerald, cantante de jazz (n. 1917).