Wikipedia:Efemérides destacadas/17 de marzo
Aparencia
- 1813, durante a Guerra da Independencia española o rei Xosé I de España (na imaxe), irmán de Napoleón, sae de Madrid para non volver.
- 1969, morre Daniel Vázquez Díaz, pintor español.
- 2001, o BNG de Meaño acusa o alcalde de tolerar irregularidades urbanísticas co fin de conseguir o voto dos veciños.
- 2001, o alto tribunal galego revoga unha sentenza na prol da anulación do convenio urbanístico sobre Massó de Bueu.
- 2005, o xuíz galego Manuel Ángel Pereira Costas coordina desde Caldas de Reis o arresto de máis de 500 persoas en 12 países nun golpe mundial contra a pornografía infantil.
- 2005, o director xeral de Conservación da Natureza, Javier Ruiz de Almirón, recoñece prácticas «abusivas» no emprego de máquinas para a limpeza de rochedos na costa afectada pola marea negra do Prestige.