Wikipedia:Efemérides destacadas/17 de setembro
Aparencia
- 1111, prodúcese a coroación de Afonso Raimundes (na imaxe) como rei de Galicia polo Conde de Traba e o arcebispo Xelmírez. Ademais tamén se produce a restauración da dinastía real galaica.
- 1179, morre Hildegard von Bingen, abadesa, líder monástica, mística, profetisa, médica, compositora e escritora alemá.
- 1787, asínase a Constitución dos Estados Unidos en Filadelfia.
- 1939, a Unión Soviética invade Polonia oriental.
- 1980, un comando guerrilleiro mata ao ex-ditador de Nicaragua, Anastasio Somoza Debayle, que estaba refuxiado no Paraguai.
- 1988, celébrase a inauguración dos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl, Corea do Sur.