Wikipedia:Efemérides destacadas/22 de xuño
Aparencia
- 1633, remata o xuízo da Inquisición Romana a Galileo Galilei.
- 1767, nace Wilhelm von Humboldt (na imaxe), lingüista, funcionario, diplomático e filósofo alemán (m. 1835).
- 1808, sae o primeiro número do xornal Diario de La Coruña por iniciativa da Xunta Suprema do Reino de Galicia e dirixido por Manuel Pardo de Andrade.
- 1866, ten lugar a sublevación do cuartel de San Gil contra a raíña Isabel II de España.
- 1872, morre a escritora galega Juana de Vega.
- 1978, o astrónomo James W. Christy descobre o primeiro satélite de Plutón, Caronte