Wikipedia:Efemérides destacadas/27 de outubro
Aparencia
- 1728, nace James Cook, explorador, navegante e cartógrafo británico (m. 1779).
- 1807, Napoleón Bonaparte asina o Tratado de Fontainebleau con España.
- 1918, morre Luís Porteiro Garea (na imaxe), un dos máximos ideólogos das Irmandades da Fala.
- 1924, Matilde Pérez Mollá é nomeada alcaldesa de Quatretondeta, convértese na primeira muller en desempeñar o cargo en España.
- 1975, morre Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora, precursora do libro electrónico.
- 1980, morre Ramón de Valenzuela, escritor e político galego.
- 1990, é descuberta unha galaxia 60 veces maior cá Vía Láctea.
Hoxe é o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual.