Wikipedia:Efemérides destacadas/8 de marzo
Aparencia
- 1126, morre Urraca de León, raíña de Galicia, León, Castela e Toledo desde 1109.
- 1917, morre na Coruña Eduardo Pondal, poeta galego.
- 1933, estréase Bodas de sangre, de Federico García Lorca, no teatro Beatriz de Madrid.
- 1985, morren 96 persoas no barrio xiíta de Beirut, ao estourar un coche bomba a carón dun cine e unha mesquita chea de fieis.
- 2003, créase a Galipedia, a Wikipedia en galego.
- 2018, ten lugar a segunda Folga feminista internacional do 8 de marzo (na imaxe)
Hoxe é o Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora.