Wikipedia:Etiquetas
Xestión do filtro de abusos Documentación · Conversa · Informa dun falso positivo · Etiquetas |
- Se queres ollar a lista de etiquetas, vai a Especial:Etiquetas.
As etiquetas son mensaxes breves que o software sitúa automaticamente xunto a certas edicións nos historiais, cambios recentes e outras páxinas especiais. Todas elas veñen derivadas do filtro de abusos. Grazas a estas etiquetas, podemos filtrar os cambios nas páxinas das contribucións e mais nos cambios recentes.
Uso e formato
[editar a fonte]As etiquetas non deben ser demasiado específicas. Para cada etiqueta, pódese acceder á aparencia e descrición das mensaxes do sistema desde a páxina Especial:Etiquetas. O formato a empregar será usando o prefixo [[Especial:Etiquetas|Etiquetas]]: co modelo {{Descrición da etiqueta}} para dar un resumo.
Cómpre sinalar que as etiquetas non se deberían renomear unha vez que xa se aplicaron a algunhas edicións, xa que isto creará unha nova etiqueta. Sería conveniente pensar ben o nome antes de creala para evitar esta situación, ou cambiar a descrición da etiqueta por completo. Nestes intres, non hai maneira de borrar ou reasignar as etiquetas.