Wikipedia:Filtro de abusos
Xestión do filtro de abusos Documentación · Conversa · Informa dun falso positivo · Etiquetas |
O filtro de abusos é unha ferramenta empregada para fixar uns controis específicos sobre a actividade dalgúns usuarios e crear unhas restricións automáticas para certos comportamentos.
A extensión do filtro de abusos foi desenvolvida por Werdna co apoio da Fundación Wikimedia. Na Wikipedia en inglés úsase desde marzo de 2009; na Galipedia activámolo en novembro de 2010.
Esta extensión permite aplicar filtros automáticos a todas as edicións. Pódense crear regras específicas que restrinxan certos cambios aos usuarios con menos edicións segundo coincidan con expresións regulares. As entradas dos rexistros son visibles publicamente, non así todos os filtros, que poden ser públicos ou privados; non obstante, cada filtro posúe un breve resumo do seu obxectivo, que se mostrará nos rexistros, na lista de filtros activos e en calquera mensaxe de erro xerada por este.
Cómpre ter tino á hora de introducir algún filtro de abusos na Wikipedia, xa que antes deben ser probados durante uns días no modo de "só rexistro" antes de permitirlle que leve a cabo as accións de "avisar", "impedir" ou "limitar". Tan só os administradores teñen a posibilidade de modificar calquera dos filtros.
Para propor algún novo filtro ou a modificación dalgún dos que xa funcionan, tes a páxina de conversa.
Documentación da extensión
Criterios de filtrado
Para todos os criterios que se detallan é posible aplicar unha normalización extensiva, comparación de expresións regulares, comparación de lonxitude e comparacións regulares ("menor que", "maior que", "igual a") combinando diferentes filtros con tipos de datos lóxicos.
Usuario
- Cantidade de edicións;
- Antigüidade da conta;
- Permisos;
- Estado confirmado por correo.
Nome da variable | Valor |
---|---|
user_editcount | Cantidade de edicións que fixo o usuario ata o momento, non se incrementa para as edicións de IP |
user_name | Nome do usuario. No caso dunha conta nova, utilízase no seu lugar accountname. |
user_age | Idade dunha conta de usuario en segundos, é sempre 0 para as IP. |
user_groups | Lista dos grupos ós que pertence o usuario, as IPs só pertencen o grupo "*" (grupo ó que pertencen todos os usuarios), os rexistrados poden ser "user", "bot", "editor", "autoreview" e "autoconfirmed", ver a lista completa aquí. |
user_emailconfirm | Selo temporal co formato AAAAMMDDHHMMSS, Exemplo "20100531135959". |
Títulos (incluíndo traslados a e desde)
- Nome de espazo;
- Títulos;
- Texto completo;
- Estado de restricións e proteccións.
Nome da variable | Valor |
---|---|
article_namespace | Número do espazo de nomes no que se efectúa a edición, por exemplo 0 é o espazo de artigos e 14 o de anexos (ver lista). |
article_prefixedtext article_text |
Título da páxina con e sen prefixo do espazo de nomes. É idéntico no caso do espazo de artigos. |
article_restrictions_edit article_restrictions_move |
Artigo con restrición para a súa edición e para o seu traslado, respectivamente. |
Accións
- Tipo de acción (editar, trasladar ou crear conta);
- Resumo de edición;
- Contidos da edición.
Nome da variable | Valor |
---|---|
action | Acción que efectúa o usuario, por exemplo "edit" ou "createaccount". |
summary | Resumo de edición |
old_size new_size edit_delta |
Tamaño en bytes antes e despois da edición, así como o cambio (delta) do tamaño (positivo se se aumenta o tamaño do artigo e negativo se diminúe). |
old_wikitext new_wikitext |
Cantidade de texto wiki antes e despois da edición. |
added_lines removed_lines |
Liñas de texto que se engadiron ou se borraron, do mesmo xeito que un dif. |
minor_edit | A edición márcase como menor. |
all_links old_links |
Cantidade de ligazóns externas antes e despois da edición. |
Fluxo
A función de fluxo só disparará un filtro se se alcanzan unha determinada cantidade de edicións patrón nun tempo determinado. Os parámetros configurables son os seguintes:
- Cantidade de accións permitidas antes de que se dispare un filtro
- Período de tempo no que se ten que dar a cantidade de accións prefixada
- Regras para o fluxo que describen, en que medida as edicións teñen que asemellarse para que se contabilicen.
- page: Todas as edicións realízanse na mesma páxina.
- user: Todas as edicións realízanse coa mesma conta.
- ip: Todas as edicións realízanse desde a mesma IP, podendo efectuarse desde diferentes contas ou desde a mesma IP sen rexistrarse.
- range: Todas as edicións realízanse no mesmo rango /16 de IP.
- creationdate: Todas as edicións realízanse con contas de usuarios creadas o mesmo día.
Estas cinco opcións pódense separar entre comas para combinalas nunha única regra. Por exemplo, pódense agrupar todas as contas creadas o mesmo día, desde un rango determinado de IPs para realizar unha medida determinada. É posible incluír varias regras, que se separan cunha nova liña.
Calquera acción que se aplica a un filtro unicamente ocorrerá se o limitador de fluxo é disparado. Isto reduce a cantidade de falsos positivos aplicando os filtros só se o mesmo usuario está a disparar o mesmo filtro, en lugar dun único falso positivo.
Operadores
Para comparar variables con cadeas de símbolos e con valores, disponse dos seguintes operadores:
Operador | Exemplo | Significado |
---|---|---|
== != |
article_namespace == 0 | Igualdade ou desigualdade dun valor ou unha cadea de símbolos por comparar. |
:= | frasespam:="somos unha empresa que ofrece" | Substitución |
< <= > >= |
article_namespace >= 0 | Comparacións aritméticas |
in | 'autoconfirmed' in user_groups "Zona de probas" in article_text |
Comproba se un elemento pertence a un conxunto (nos exemplos grupos de usuarios e título do artigo). |
contains | user_name contains "Vándalo" | Comproba se a cadea de símbolos que se declara está incluída na variable. |
like | user_name like "ab?d*" | Comparación dunha variable cun modelo, ? substitúe a un (único) símbolo calquera, * substitúe a unha cantidade indeterminada. |
rlike | user_name rlike "^ab.d.*$" | Idéntico a like, pero en lugar dun modelo sinxelo, inclúese unha expresión regular. É importante ter en conta que as máscaras deben duplicarse, por exemplo, \\d en lugar de \d .
|
Funcións adicionais
Existen algunhas funcións adicionais coas que se poden cambiar as variables para a súa comparación de forma máis simple. Execútanse co formato NombreFunción(arg1,arg2,arg3), e poden utilizarse en lugar de calquera literal ou variable. Os seus argumentos poden ser literais, variables ou mesmo outras funcións.
Función | Exemplo | Significado |
---|---|---|
length | length("test") → 4 | Lonxitude da lista de símbolos que se declara |
lcase | lcase("VÁNdalo") → "vándalo" | Transforma todas as letras dunha cadea de símbolos a minúsculas |
count | count("t", "test") → 2 | Conta contas veces se repite a primeira cadea de símbolos na segunda, no exemplo, cantas "t" hai en "test". |
norm | norm("!!ω..ɨ..ƙ..ɩ..ᑭᑭ..Ɛ.Ɖ@@l%%α!!") → "W1K1PED1A" | Transforma símbolos opticamente similares nunha representación común (no exemplo „ɨ“, „ɩ“ e „l“ por „1“), os símbolos especiais e os duplicados son ignorados. |
ccnorm | Normaliza caracteres similares ou confusos no argumento e devolve a forma canónica. | |
rmdoubles | rmdoubles("hoola") → hola | Elimina os caracteres repetidos nun argumento e devolve o resultado. |
rmwhitespace | rmwhitespace("hola amigo") → holaamigo | Elimina os espazos baleiros (espazador, tabular, liña nova). |
specialratio | specialratio(.No.) → 0.5 | Devolve o número de caracteres non alfanuméricos dividido polo número total de caracteres do primeiro argumento. |
rmspecials | rmspecials("hola&%$amigo") → holaamigo | Elimina os caracteres especiais no primeiro argumento, e devolve o resultado. |
Accións que poden realizarse como resposta ao disparo dos filtros
Se un usuario provoca o disparo dun filtro, o filtro de edicións pode realizar unha das seguintes actividades ou sancións:
- Todas as accións que causen o disparo dun filtro son rexistradas nunha páxina especial.
- A acción do usuario pódese etiquetar para a súa posterior análise.
- O usuario pode ser advertido de que a súa edición non é construtiva.
- A edición do usuario pode impedirse.
- A condición de autoverificado do usuario pode perderse.
As seguintes accións son posibles. pero actualmente non están permitidas nesta wikipedia:
- A conta do usuario pode ser bloqueada de forma automática, do mesmo xeito que todas as IPs que utilizou nos últimos 7 días.
- O usuario pode perder de forma automática todos os permisos dos que dispón (ex. verificado, autoverificado ou reversor).
Nota: Que non se efectúen estes tipos de sancións de forma automática non implica que non se poidan facer de forma manual. Igualmente, unha sanción automática pode reverterse de forma manual.
Monitorización
Todas as edicións que disparan un filtro son rexistradas en Especial:AbuseLog. Na páxina especial introdúcese unha breve entrada. Os usuarios con certos privilexios poden revisar ese rexistro e os bibliotecarios poden revisar os detalles de cada entrada, incluíndo toda a información dispoñible sobre o filtro no momento do seu disparo, o que pode ser de axuda para determinar problemas co filtro. Os bibliotecarios tamén poden ver e editar os datos ocultos que causaron o disparo do filtro, do mesmo xeito que a dirección da IP. Véxase a documentación detallada para máis información sobre a estrutura dos permisos.
Exemplo de entradas no rexistro
- 10:39 16 may 2010: Sssghfhhgh (discusión) disparou un filtro de edición realizando a acción "edit" en Danza do ventre. Accións tomadas: Advertir; Descrición do filtro: Usuario novo branqueando artigos
- 10:32 16 may 2010: 93.156.176.18 (discusión | bloquear) disparou un filtro de edición realizando a acción "edit" en Frédéric Chopin. Accións tomadas: Non permitir; Descrición do filtro: Vandalismo: obscenidades
- 10:23 16 may 2010: 77.4.39.81 (discusión) disparou un filtro de edición realizando a acción "edit" en Anexo:Pontes máis altas do mundo. Accións tomadas: Non permitir; Descrición do filtro: Conta recente retirando ou colocando modelos de mantemento críticos
Exemplo de entradas detalladas no rexistro
- 10:39 16 may 2010: Sssghfhhgh (discusión | bloquear) disparou filtro 13 realizando a acción "edit" en Danza do ventre. Accións tomadas: Advertir; Descrición do filtro: Usuario novo branqueando artigos (detalles | examinar)
- 10:32 16 may 2010: 93.156.176.18 (discusión | bloquear) disparou filtro 1 realizando a acción "edit" en Frédéric Chopin. Accións tomadas: Non permitir; Descrición do filtro: Vandalismo: obscenidades (detalles | examinar)
- 10:23 16 may 2010: 77.4.39.81 (discusión) disparou filtro 17 realizando a acción "edit" en Anexo:Pontes máis altas do mundo. Accións tomadas: Non permitir; Descrición do filtro: Conta recente retirando ou colocando modelos de mantemento críticos (detalles | examinar)
Salvagardas
Para protexer a wikipedia de filtros que non fosen configurados de forma correcta, hai un límite técnico sobre a porcentaxe máxima de accións que disparará un filtro concreto.
Notificación
Todas as notificacións baséanse no modelo {{Aviso do filtro de abusos}}.
Notificacións estándar que se mostran a un usuario que dispara un filtro con "acción":
Nome da mensaxe | Texto da mensaxe | ||
---|---|---|---|
abusefilter-disallowed |
| ||
abusefilter-degrouped | Esta acción foi identificada automaticamente como prexudicial.
Como consecuencia, non está permitida e, desde que existe a sospeita de que a súa conta está comprometida, todos os seus dereitos foron revogados. Se cre que isto foi un erro, por favor, póñase en contacto cun burócrata cunha explicación desta acción e os seus dereitos serán restaurados. Velaquí hai unha breve descrición da regra de abuso coa que coincide a súa acción: $1 | ||
abusefilter-autopromote-blocked | Esta acción foi identificada automaticamente como prexudicial e non está permitida.
Ademais, como medida de seguridade, fóronlle revogados temporalmente algúns privilexios que habitualmente se lles conceden ás contas establecidas, como a súa. Velaquí hai unha breve descrición da regra de abuso coa que coincide a súa acción: $1 |
Mensaxe de Aviso xenérico, recoméndase o uso de avisos configurados.
Nome da mensaxe | Texto da mensaxe |
---|---|
abusefilter-warning | Atención: Esta acción foi identificada automaticamente como prexudicial.
As accións non construtivas serán revertidas decontado, e a repetición destas edicións dará como resultado o bloqueo da súa conta ou do seu enderezo IP. Se cre que esta acción é construtiva, pode enviala outra vez para confirmalo. Velaquí hai unha breve descrición da regra de abuso coa que coincide a súa acción: $1 |
Algúns filtros existentes e os seus avisos correspondentes:
Filtro e mensaxe | Texto da mensaxe |
---|---|
8: Probas de edición |
Warning: This action has been automatically identified as harmful.
Unconstructive actions will be quickly reverted, and egregious or repeated unconstructive editing will result in your account or IP address being blocked. If you believe this action to be constructive, you may submit it again to confirm it. A brief description of the abuse rule which your action matched is: $1 |
13: Branqueos |
Warning: This action has been automatically identified as harmful.
Unconstructive actions will be quickly reverted, and egregious or repeated unconstructive editing will result in your account or IP address being blocked. If you believe this action to be constructive, you may submit it again to confirm it. A brief description of the abuse rule which your action matched is: $1 |
17: Conta recente retirando modelos de mantemento críticos |
Warning: This action has been automatically identified as harmful.
Unconstructive actions will be quickly reverted, and egregious or repeated unconstructive editing will result in your account or IP address being blocked. If you believe this action to be constructive, you may submit it again to confirm it. A brief description of the abuse rule which your action matched is: $1 |
Se un filtro é configurado para avisar e deshabilitar, entón o usuario que prema en en "Gardar a páxina" verá de forma alternativa o aviso e a mensaxe estándar de deshabilitación.
Suxestións ou problemas
Para facer suxestións sobre como mellorar os filtros actuais ou sobre a inclusión de filtros novos, ou ben avisar de problemas con algún filtro (ex. falsos positivos) podes servirte desta páxina.
Detalles técnicos
Os detalles técnicos sobre a extensión atópanse (aquí).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Formato de regras (en inglés)