Wikipedia:Exercicios sinxelos con JavascriptWikiBrowser
Nesta páxina recolleremos exercicios resoltos sinxelos de tarefas que se poden facer co JS Wiki Browser.
Páxinas de probas
[editar a fonte]Para facer estes exercicios temos varias páxinas de probas, a principal é Wikipedia:Páxina de probas de JWB, que é unha lista de páxinas de proba, deste xeito pode xerarse a lista de artigos a tratar de forma doada, simplemente hai que ir a "Config.", premer o botón de xerar, escoller a opción de "Ligazóns na páxina", seleccionar o espazo de nomes principal e darlle a xerar. Isto fará unha lista de artigos a partir das ligazóns que teñamos metidas na páxina de probas, co cal modificando as ligazóns desa páxina podemos crear a lista de artigos a tratar que precisemos en cada momento.
Actualmente na páxina de probas están ligadas as páxinas Wikipedia:Páxina de probas 1 e Wikipedia:Páxina de probas 2 pero poden crearse e engadirse as que se precisen.
É recomendable que cando se rematen as probas co bot, desfagamos os cambios para que as páxinas queden listas para cando outro usuario precise usalas. Ou tamén, o que podes facer, se só queres probar os cambios que vai facer o programa, executalo, mirar na parte onde se amosa a modificación se é o que debe facer, e logo saltar o artigo para que o bot non garde o cambio.
Pasos xerais para poñer o bot a traballar
[editar a fonte]Para ter mellor calidade de vídeo, escoller a resolución de Fonte WebM. |
Crear a lista de páxinas de probas
[editar a fonte]Para crear a lista de páxinas que vai a revisar o bot, hai que ir á pestana "Config." e premer o botón Xerar. Isto fai que apareza a pantalla para configurar esta parte, aquí hai que seleccionar o apartado "Ligazóns na páxina", e na caixa de abaixo poñer "Wikipedia:Páxina de probas de JWB". Logo simplemente hai que darlle ó botón de "Xerar", e deste xeito na lista aparecerán tódalas páxinas que teñen unha ligazón aí.
Saltar automaticamente os artigos que non se modifican
[editar a fonte]Antes de comezar a traballar co bot, hai que configurar outra cousa máis, na pestana "Saltar" hai que marcar a opción "Non se fixeron cambios", dese xeito cada vez que o bot revise unha páxina, se non atopa nada para modificar, saltaraa de forma automática.
Engadir a modificación que queremos facer
[editar a fonte]Para engadir a modificación a realizar hai que ir á pestana "Editar".
Primeiro hai que poñer un resumo de edición que aparecerá no historial de tódalas modificacións, por exemplo: "*camion>camión". Isto faise na primeira caixa que hai e que está xusto debaixo do texto "Edición menor".
Despois hai que dicirlle que texto ten que buscar, iso poñémolo na caixa "Substituír:", e por que texto ten que cambialo, iso ponse na caixa "Con:".
Despois só queda poñer o bot a traballar! Para iso simplemente hai que premer no botón "Comezar".
Visualización do traballo do bot
[editar a fonte]- Así que comece a traballar, o bot irá buscando o texto en cada artigo da lista de artigos a revisar. Se atopa o texto nun artigo varias veces, substituirao en tódolos sitios en que o atope.
- Cando un artigo teña o texto que buscamos, o programa parará e amosará varias cousas:
- na parte superior esquerda amosa parte do wikitexto actual do artigo, resaltando a parte a substituír.
- na parte superior dereita amosa o mesmo wikitexto coa substitución, ou substitucións, que vai facer, resaltando o cambio.
- na parte inferior dereita amosa o mesmo wikitexto coa substitución nunha caixa que se pode editar, aquí podemos, se é necesario, retocar a modificación que vai facer o programa ou amañar algún outro erro que atopáramos casualmente no artigo.
Accións a realizar en cada artigo
[editar a fonte]- As accións que poderemos facer son as seguintes:
- "Saltar": se prememos este botón, o bot non modificará o artigo e continuará revisando o seguinte da lista. Se consideramos que a modificación do bot non é correcta, podemos premer este botón para que non faga o cambio neste artigo e continúe co resto.
- "Gardar": neste caso o programa modificará o artigo e gardará o cambio poñendo o resumo de edición que lle indicamos ó comezo.
- "Diferenzas": esta opción o que fai é amosar, na parte superior da pantalla, as diferenzas que haberá no artigo se se modifica.
- "Vista previa": esta opción o que fai é amosar, na parte superior da pantalla, como quedará o artigo se é modificado.
Exercicios
[editar a fonte]Exercicio 1. Substituír "de un" por "dun"
[editar a fonte]O texto "de un", sempre e cando sexa un texto en galego, que non sexa o numeral un e que non sexa unha cita orixinal ou un título orixinal, etc, é incorrecto e debe cambiarse por "dun".
Para isto primeiro teremos que cargar a lista de páxinas que queremos revisar, por exemplo podemos poñer a Categoría:Wikipedia:Artigos que precisan de revisión ortográfica. Logo indicar o texto a substituír, para iso temos que ir á pestana "Edición" e poñer o texto " de un "na caixa de "Substituír:" e o texto " dun " na caixa "Con:".
Exercicio 2. Substituír "do México" por "de México"
[editar a fonte]O texto "do México" non é correcto en galego, o correcto é "de México". Para amañar isto teremos que ir á pestana "Edición" e poñer os textos indicados nas caixas de "Substituír:" e "Con:".
Exercicio 3. Substituír "paira" por "para" e "una" por "unha"
[editar a fonte]Na categoría:Wikipedia:Páxinas con traducións non revisadas hai un erro bastante común provocado polo tradutor automático, *paira no lugar de para. Podemos dicirlle ó bot que revise esa categoría e amañe ese erro.
Tamén nesa categoría é frecuente atopar "una", outro erro provocado polo tradutor. Podemos dicirlle ó bot que corrixa eses dous erros ó mesmo tempo e así aforramos traballo. Para indicarlle que queremos facer máis cambios, na pestana de "Edición" temos que premer no botón "Máis campos de substitución", iso fará que apareza unha nova xanela na que poderemos meter tódalas substitucións que queramos. Debemos engadir tamén as substitucións "Una" e "Paira", comezando por maiúscula, porque o bot non diferencia entre ese tipo de caracteres.
Exercicio 4. Cambiar "lugar de O", "lugar de A", "lugar de Os", "lugar de As", "lugares de O", "lugares de A", "lugares de Os", "lugares de As"
[editar a fonte]En galego os topónimos que comezan por artigo, teñen que contraelo coa preposición que os preceda.
Neste exercicio imos revisar os artigos de parroquias de Galicia e substituír "lugar de O", "lugar de A", "lugar de Os", "lugar de As", "lugares de O", "lugares de A", "lugares de Os", "lugares de As" por "lugar do", "lugar da", "lugar dos", "lugar das", "lugares do", "lugares da", "lugares dos", "lugares das".
Para iso temos que crear a lista de artigos de lugares de parroquias de Galicia que van ser os artigos nos que máis aparecerán estes textos. Podemos conseguir a lista destes artigos coa páxina Wikipedia:JavascriptWikiBrowser/Lista de lugares de Galicia xerándoa coa opción "Ligazóns na páxina".
No resumo de edición podemos poñer algo semellante a "lugar* de *>lugar* d*".
Logo temos que engadir os textos a substituír na pestana "Edición", teremos que premer no botón "Máis campos de substitución" para indicarlle tódolos cambios a realizar.
Despois de facer os cambios co bot sempre é recomendable facer unha procura no buscador para asegurarse que non queda algún erro que non foi atopado.
Exercicio 5. Engadir a categoría "Personalidades de Galicia sen imaxes" ós artigos de escritores galegos
[editar a fonte]Nalgúns casos podemos facer que o JSW Browser engada una categoría ós artigos, unha forma sería dicirlle que substitúa o texto "autoridades}}" por "autoridades}}[[Categoría:Nome da categoría que queremos engadir]]". Este sistema non é perfecto porque só engadirá a categoría ós artigos que teñan o modelo de control de autoridades, aínda que a teoría é que o teñan todos.
Neste exemplo imos usar este sistema para engadir esa categoría ós artigos de escritores de Galicia que non teñen foto na súa ficha.
O primeiro que temos que facer é crear unha lista con tódolos artigos de escritores de Galicia, podemos xerala a partir da categoría Escritores de Galicia e as súas subcategorías. Cantas máis subcategorías engadamos, mellor, máis artigos revisaremos. Podemos ir poñendo todas as categorías que queiramos sen medo a repetir nomes de artigos, cando rematemos de engadir categorías simplemente temos que darlle ó botón de "Eliminar duplicados".
Logo temos que dicirlle que salte os artigos que non teñan modificacións, e tamén os que teñan o texto "imaxes|jpg", así os artigos que teñan un ficheiro xa non serán revisados, ou os que teñan a categoría de artigos sen imaxes.
Na parte de edición temos que poñer un resumo de edición, por exemplo "Engadindo categoría Personalidades de Galicia sen imaxes", indicarlle que substitúa o texto "autoridades}}" por autoridades}}[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]].
Ó darlle ó botón de "Comezar" empezará o traballo. Cando o programa detecte un artigo sen imaxe, teremos que darlle ó botón de "Vista previa" xa que, aínda que no artigo non haxa un ficheiro, pode estar incluído a través de Wikidata na ficha. Se ó previsualizar o artigo non ten foto na ficha, podemos darlle a gardar.
Este proceso non é perfecto, pode haber artigos que non teñan o modelo de control de autoridades, e artigos que teñan ficheiros jpg que non están na ficha, pero tampouco pretende ser un repaso exhaustivo, tan só marcar de forma sinxela o maior número de artigos de persoeiros que non teñen foto.
Unha tarefa semellante é facer isto co resto de persoeiros das categorías da política, deporte, ciencia e arte que hai.
Exercicio 6. Engadir o modelo artigo sen coordenadas nos artigos de lugares de Galicia que non as teñan
[editar a fonte]Véxase tamén
[editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exercicios sinxelos con JavascriptWikiBrowser |