Wikipedia:Uso dun bot con JavascriptWikiBrowser, paso a paso
Esta páxina é para explicar, paso a paso, o que hai que facer para usar o Wikipedia:JavascriptWikiBrowser cun exemplo moi sinxelo.
Paso 1, configuración
[editar a fonte]Para poder usar o JavascriptWikiBrowser non hai que instalar ningún programa, tan só tes que configuralo na túa conta de usuario.
- Primeiro tes que engadir a liña de abaixo no teu ficheiro Especial:MyPage/common.js.
mw.loader.load('//en.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Joeytje50/JWB.js/load.js&action=raw&ctype=text/javascript');
- Logo tes que engadir o teu nome de usuario en Wikipedia:AutoWikiBrowser/CheckPage
Paso 2, abrir o bot
[editar a fonte]Para comezar o bot tes que ir a JS Wiki Browser.
Paso 3, crear a lista de páxinas
[editar a fonte]O bot, para comezar a traballar, precisa unha lista de páxinas a tratar, que serán as páxinas que vai a revisar.
Para crear a lista temos que ir á pestana "Config.". Nesa pestana dámoslle ó botón "Xerar" e iso abrirá a pantalla que permite crear a lista de páxinas.
O primeiro é seleccionar o espazo de nomes no que se vai traballar, o normal será que traballemos nos artigos da Galipedia, polo que temos que escoller "(principal)" na columna da dereita.
Para esta proba imos seleccionar a opción "Ligazóns na páxina" e na caixa engadimos a páxina de probas, "Wikipedia:Páxina de probas de JWB".
Crear unha lista de páxinas con case tódolos artigos da Galipedia
[editar a fonte]Se queremos tratar tódolos artigos da Galipedia a única opción que coñezo polo momento é a de facer unha lista de artigos que conteñen modelos moi usados, coma o de "control de autoridades" e o de "Navbar". Imos ver como facelo, hai que seguir estes pasos:
- Xerar a lista dos artigos que conteñen o Módulo:Navbar.
- Cando remate, xerar a lista dos artigos que conteñen o Modelo:Control de autoridades.
- Logo disto hai que premer no botón "Eliminar duplicados".
O que hai que ter en conta é que con esta lista de artigos tan grande, o programa pode que responda de forma máis lenta, polo que é posible que nalgúns casos non compense usar este sistema xa que pode tardar máis procesar as páxinas que en cambialas a man. Habería que facer algunhas probas para ver como funciona.
Paso 4, configurar os saltos
[editar a fonte]Neste paso imos configurar as páxinas que o bot non ten que tratar, para iso temos que ir á pestana "Saltar". Para este exemplo iremos ó apartado "Saltar cando:" e marcaremos a opción "Non se fixeron cambios". Isto é para que cando o bot revisa unha páxina, se non ten que cambiarlle nada, que a salte automaticamente, se non marcamos isto, teremos que premer o botón de "Saltar" para que pase á seguinte.
Paso 5, configurar os cambios
[editar a fonte]Agora temos que indicarlle ó bot o cambio, ou cambios, que queremos que realice. Para isto temos que ir á pestana de "Edición" e engadir o que queremos que garde no resumo de edición, o texto a cambiar e o texto co que hai que substituílo.
- Na caixa de "Resumo" temos que poñer a explicación do que está a facer o bot. Para este exemplo podemos poñer "proba de JavascriptWikiBrowser"
- Na caixa "Substituír" temos que poñer o texto antigo ou incorrecto. Para este exemplo imos poñer "camion".
- Na caixa "Con:" temos que poñer o texto novo ou a corrección que se vai facer. Para este exemplo imos poñer "camión".
Paso 6, comezar a traballar
[editar a fonte]Neste punto o bot xa pode comezar a traballar e para iso só hai que premer en "Comezar".
O bot comezará a revisar as páxinas da lista e cando atope unha que ten o texto indicado en "Substituír", parará, cambiará o texto e amosará unha pantalla coas diferenzas.
Se vemos que a substitución é correcta prememos o botón "Gardar", se é incorrecta podemos amañala na caixa co título "Área de edición" ou podemos darlle ó botón de "Saltar" para que o bot non a modifique.
Isto repetirase ata que estean tratadas tódalas páxinas da lista.
Véxase tamén
[editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uso dun bot con JavascriptWikiBrowser, paso a paso |