Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Códice Calixtino
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
- Proposto por: Estevo(aei)pa o que queiras... 00:01, 3 de maio de 2012 (UTC)
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo ben completo e interesante. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:01, 3 de maio de 2012 (UTC)
- A favor
- Concordo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:01, 3 de maio de 2012 (UTC)
- Concordo --. HombreDHojalata.conversa 10:58, 3 de maio de 2012 (UTC)
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 21:59, 13 de xuño de 2012 (UTC)
- Concordo. --Breogan2008 (di) 12:15, 5 de xullo de 2012 (UTC)
- Concordo. --Chairego_apc (si?) 14:36, 5 de xullo de 2012 (UTC)
- Concordo. Temos tempo para completar ben o artigo (e aclarar a dúbida do nome), cada día mellor. O seu mes era este (xullo), por razóns obvias, pero ... que vaia en agosto. Pedro --Lameiro (conversa) 20:44, 5 de xullo de 2012 (UTC)
- En contra
- Discordo. Hai unha discusión en torno a se debería ou non aparecer a denominación Liber Sancti Iacobi, polo que mentres non se aclare non considero que poda apoiar a proposta. Piquito (conversa) 18:30, 20 de xuño de 2012 (UTC)
- Discordo. O contido deste artigo medrou case que nun 25% dende esta proposta. Vese que hai moito que facer aínda nel. Eu non lle dou a licencia de primeira habitabilidade a unha casa en obras. Tamén hai un par de discusións abertas que é preciso pechar antes de que o artigo acade este recoñecemento. -- JonnyJonny (conversa) 13:02, 15 de xullo de 2012 (UTC)
Discordoé un tema o suficientemente complexo para necesitar máis datos, concreción e está lonxe de chegar a un consenso en contidos. --Nemigo 09:42, 16 de xullo de 2012 (UTC)
- Neutros
- Agardar
- Comentarios
- Comentario Seguramente terminarei votando a favor pero por agora o artigo ten algún pero. Paréceme desequilibrado canto ó contido referido ó propio Códice e o referido á parte musical, que considero excesivo, ou desproporcionado. O valor do Códice está no texto, que se resume demasiado brevemente, e non nos apéndices musicais (que son iso, àpéndices, e posteriores ó propio Códice). A sección Discografía semella excesiva e máis propia de un anexo (ou como lle queiramos chamar na Galipedia). Hai outras pegas, menores, que teñen máis fácil solución, e algún -moi poucos- erro que corrixirei esta noite. Por cronoloxía, este artigo iría moi ben na portada de xullo, no aniversario do roubo. Pedro --Lameiro (conversa) 14:19, 5 de maio de 2012 (UTC)
- Comentario Polo momento non vou votar a favor nin en contra, considero ao igual que Lameiro que a parte adicada ao texto é moi escasa e non votarei a favor mentres sexa así. Non concordo co menor valor da parte musical polo que xa comentei na conversa con el (Lameiro) e si que considero que a discografía debería ir nun anexo ou algo así, mais recurtar da música para que non quede coxa a parte adicada ao texto me parece desvestir a un santo para vestir a outro e eso non o apoiarei. Na Taberna pedín axuda para que alguén que coñeza o texto ampliara esa sección e polo momento non se fixo, dependendo como evolucione nas vindeiras semanas votarei a favor ou en contra. Un saúdo Piquito (conversa) 17:19, 5 de maio de 2012 (UTC)
- Nunca quixen dicir que houbese que recortar texto (sobre as seccións de música) para equlibrar o artigo, e se se entendeu así é que me expresei mal. Pero a dimensión desa sección fai patente a reducida extensión da sección referida ó propio Códice. Xorde agora outra observación: ¿ten sentido ter un artigo sobre o Códice Calixtino e outro sobre o Liber Sancti Iacobi se asumimos que se trata da mesma compilación denominada das dúas formas? Pedro --Lameiro (conversa) 20:01, 5 de maio de 2012 (UTC)
- Ok Lameiro, debin comprenderte mal. Sobre o Liber Sancti Iacobi, o que tiña entendido eu e o que se entende tras ler o artigo é que o Códice Calixtino é unha das compilacións de textos do Liber. O que parece é que Liber é a denominación que se lle dá á compilación de textos (da que hai varios manuscritos, entre eles o Códice), co cal eu coido que debería revisarse todo o artigo no que se refire a esto. Non sei se me expliquei ben, un saúdo, Piquito (conversa) 06:48, 6 de maio de 2012 (UTC)
- Nunca quixen dicir que houbese que recortar texto (sobre as seccións de música) para equlibrar o artigo, e se se entendeu así é que me expresei mal. Pero a dimensión desa sección fai patente a reducida extensión da sección referida ó propio Códice. Xorde agora outra observación: ¿ten sentido ter un artigo sobre o Códice Calixtino e outro sobre o Liber Sancti Iacobi se asumimos que se trata da mesma compilación denominada das dúas formas? Pedro --Lameiro (conversa) 20:01, 5 de maio de 2012 (UTC)
- Flipo co comentario da votación de Lameiro, para que hai tempo? Eu creo que ten que solucionarse xa, porque tal e como está non debería ir á portada. Manteño a miña postura, o artigo non está para ir á portada nin de lonxe por moi de actualidade que estea. Doeme ver ademáis cómo a xente se preocupa máis por se o nome do presunto ladrón debe ir ou non no artigo que por aclarar os temas realmente importantes sobre o propio Códice. Saúdos, Piquito (conversa) 19:06, 9 de xullo de 2012 (UTC)