Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Couto Mixto
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 7 votos a favor, ningún en contra.
- Información: proposto por Prevert. Artigo creado por XAVIER, un colaborador que traballou en entradas relacionadas coa Limia, trata dun tema interesante dabondo coa calidade suficiente para aparecer na Portada. --Prevertgl 16:04, 25 novembro 2008 (UTC)
- Concordo. --Prevertgl 16:04, 25 novembro 2008 (UTC)
- Concordo, pero se alguén ten máis información á man pediría que se resolvesen as dúbidas que recollo na páxina de conversa sobre algunhas afirmacións que contén o artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:43, 26 novembro 2008 (UTC)
- Concordo, e tamén concordo con Lameiro. Que estea proposto pode axudarnos a mellorar esta información.--Xabier Cid Conversa 19:17, 26 novembro 2008 (UTC)
:: Comentario Esa era precisamente unha das vantaxes que pode te-la nominaciíon de "artigos de calidade": que nos obrigará a examinalos con lupa e eliminar ou referenciar calquera información sospeitosa. Pedro --Lameiro (conversa) 19:29, 26 novembro 2008 (UTC) - Concordo Alberte Si, dígame? 19:33, 26 novembro 2008 (UTC)
- Concordo--Hugo22 19:47, 26 novembro 2008 (UTC)Hugo22.
- ConcordoElviraConversa comigo 22:28, 26 novembro 2008 (UTC)
- Concordo; cumpríanlle un par de fotos máis e revisión do texto, pero xa logo vén decembro. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 00:18, 27 novembro 2008 (UTC)
Comentario
Eu voto a favor porque gostaime moito o artigo e que se necesita en urxencia. Os comentarios de Lameiro e engado dous, que no caso que se amañaran traduciría o artigo a wiki fr. a) a cabeceira leva moito contido que teria que estar nunha sección ; b) se hai biblografía onde por certo estara dito o que temos no artigo, pero sería unha boa cousa de ter fontes referenciadas no corpo do artigo coas notas ao pé.ElviraConversa comigo 22:28, 26 novembro 2008 (UTC)
- Unha vez comprobada a información que me parecía dubidosa, chego ás conclusións que expoño na páxina de conversa do artigo, onde explico as solucións que adopto para solucionar aquelas dúbidas. Quedaría por face-lo de engadir máis fotografías, pero píllame ben lonxe. Manteño, naturalmente, o meu voto favorable aínda que agora pode ser tachado de interesado e, polo tanto, invalidado. Pedro --Lameiro (conversa) 00:17, 30 novembro 2008 (UTC)