Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Orquestra Sinfónica de Galicia
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Orquestra Sinfónica de Galicia[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 17/7/2019 - 2/8/2019
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 13:55 (UTC) (Período de votación: dende o 17-07-2019 ata, polo menos, o 01-08-2019)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Os mesmos que os expostos en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Orquestra Sinfónica de Galicia. Artigo dunha das institucións culturais máis relevantes do país a nivel internacional. Propóñoo para o mes de maio, coincidindo co aniversario do nacemento da orquestra (primeiro ensaio o 4 de maio e primeiro concerto o 15 de maio). --Piquito (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 13:55 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 13:55 (UTC)[responder]
- Concordo. -- Cossue (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 15:25 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 10:12 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 21 de xullo de 2019 ás 06:43 (UTC)[responder]
- Concordo para o primeiro mes libre que haxa. Non para maio. Na sección "Sobre Galicia", no mes de maio, o acaído é que vaia o prota do DLG. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xullo de 2019 ás 22:17 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Non concordo con que saia para o mes de maio xa que é o mes no que destacamos a persoa homenaxeada polo Día das Letras Galegas. --Chairego apc (conversa) 21 de xullo de 2019 ás 06:46 (UTC)[responder]
- Chairego apc, a proposta é para maio porque é o mellor mes para que apareza, se non concordas podes discordar con que o artigo saia na portada, a min non me vai importar. Sobre as persoas homenaxeadas no Día das Letras Galegas... dende que hai artigos destacados sobre Galicia na portada case a metade dos artigos destacados en maio non foron da persoa homenaxeada (8 a 6 se non me engaño), a última vez en 2013. Carvalho Calero pode ir á portada canto menos noutras dúas datas, no mes do seu nacemento e no da súa morte... a OSG comezou as súas actividades nese mes, non hai unha data mellor para poñelo e o artigo está listo a día de hoxe, ten nivel de calidade, mentres que Carvalho Calero está a un nivel actualmente moi inferior e non sabemos como vai estar para maio (que pode que estea a nivel de calidade en maio? Pode, pero en todo caso é algo que non sabemos), non me parece axeitado supeditar o artigo destacado dun mes a que se celebre o Día das Letras Galegas, porque hai artigos que poden ter máis sentido poñelos nese mes que en ningún outro e directamente lles negamos aparecer no mes que mellor lles vai, pode haber tamén artigos de actualidade en maio que tampouco aparecerían... é xusto ou axeitado iso?. O mellor mes para destacar este artigo é maio, se ti, Breogan2008 ou Cossue non vedes axeitado poñelo nese mes prefiro que reconsideredes o voso voto e votedes en contra para que non saia na portada, prefiro iso a que saia elixido para maio, haxa unha votación para poñer Carvalho Calero nese mes e mandedes este artigo a utro mes distinto, prefiro que non saia na portada a que se dea esa situación, podedes poñer puntos vermellos sen molestarme, e se o artigo non chega nunca a portada tampouco me vai importar. Un saúdo, Piquito (conversa) 21 de xullo de 2019 ás 09:26 (UTC)[responder]
- Creo que o meu voto foi claro: estou a favor de que saia destacado na portada, pero creo que neste caso o mes no que vaia non é tan importante como no caso do homenaxeado/a do Días das Letras Galegas. Con todo o respecto, pouca xente en Galicia haberá que asocie o mes de maio coa fundación da OSG, pero si coas Letras Galegas. Non digo que unha efeméride sexa máis importante que a outra, pero si ten máis relevancia na nosa sociedade. Non penso retirar o meu voto porque creo que o máis importante é destacar contidos de calidade (cando saia é secundario). Só expresei a miña opinión. Se o resto da comunidade está de acordo con que saia en maio, pois adiante. O que non entendo é que prefiras que non saia destacado se non é no mes que ti queres. A Galipedia non é un proxecto individualista no que "ou se fai o que eu quero ou non se fai"... Saúdos cordiais. --Chairego apc (conversa) 21 de xullo de 2019 ás 14:26 (UTC)[responder]
- Eu tamén preferiría que no mes de maio fose na portada o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Saúdos Cossue (conversa) 21 de xullo de 2019 ás 21:50 (UTC)[responder]
- Eu tamén penso igual, para min o artigo do mes de maio sobre Galicia debería ser o do homenaxeado do Día das Letras Galegas.--Breogan2008 (conversa) 22 de xullo de 2019 ás 07:29 (UTC)[responder]
- Creo que o meu voto foi claro: estou a favor de que saia destacado na portada, pero creo que neste caso o mes no que vaia non é tan importante como no caso do homenaxeado/a do Días das Letras Galegas. Con todo o respecto, pouca xente en Galicia haberá que asocie o mes de maio coa fundación da OSG, pero si coas Letras Galegas. Non digo que unha efeméride sexa máis importante que a outra, pero si ten máis relevancia na nosa sociedade. Non penso retirar o meu voto porque creo que o máis importante é destacar contidos de calidade (cando saia é secundario). Só expresei a miña opinión. Se o resto da comunidade está de acordo con que saia en maio, pois adiante. O que non entendo é que prefiras que non saia destacado se non é no mes que ti queres. A Galipedia non é un proxecto individualista no que "ou se fai o que eu quero ou non se fai"... Saúdos cordiais. --Chairego apc (conversa) 21 de xullo de 2019 ás 14:26 (UTC)[responder]
- Chairego apc, a proposta é para maio porque é o mellor mes para que apareza, se non concordas podes discordar con que o artigo saia na portada, a min non me vai importar. Sobre as persoas homenaxeadas no Día das Letras Galegas... dende que hai artigos destacados sobre Galicia na portada case a metade dos artigos destacados en maio non foron da persoa homenaxeada (8 a 6 se non me engaño), a última vez en 2013. Carvalho Calero pode ir á portada canto menos noutras dúas datas, no mes do seu nacemento e no da súa morte... a OSG comezou as súas actividades nese mes, non hai unha data mellor para poñelo e o artigo está listo a día de hoxe, ten nivel de calidade, mentres que Carvalho Calero está a un nivel actualmente moi inferior e non sabemos como vai estar para maio (que pode que estea a nivel de calidade en maio? Pode, pero en todo caso é algo que non sabemos), non me parece axeitado supeditar o artigo destacado dun mes a que se celebre o Día das Letras Galegas, porque hai artigos que poden ter máis sentido poñelos nese mes que en ningún outro e directamente lles negamos aparecer no mes que mellor lles vai, pode haber tamén artigos de actualidade en maio que tampouco aparecerían... é xusto ou axeitado iso?. O mellor mes para destacar este artigo é maio, se ti, Breogan2008 ou Cossue non vedes axeitado poñelo nese mes prefiro que reconsideredes o voso voto e votedes en contra para que non saia na portada, prefiro iso a que saia elixido para maio, haxa unha votación para poñer Carvalho Calero nese mes e mandedes este artigo a utro mes distinto, prefiro que non saia na portada a que se dea esa situación, podedes poñer puntos vermellos sen molestarme, e se o artigo non chega nunca a portada tampouco me vai importar. Un saúdo, Piquito (conversa) 21 de xullo de 2019 ás 09:26 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘Chairego apc, non poñas na miña boca palabras que non son miñas, por favor. Eu non dixen en ningún momento que "ou se fai o que eu quero ou non se fai", o que dixen é que esta proposta é mol clara, se vota polo artigo e o mes no que aparece, fíxeno así porque son consciente de que pode haber un conflito futuro e quería que a xente se pronunciara de xeito claro sobre este tema. E si, prefiro que o artigo non saia na portada a que a xente que o votou agora para maio logo vote outro para ese mesmo mes... é unha situación incómoda e teño máis interese en que non se produza que en que este artigo apareza na portada. Non vexo ningún problema por votar en contra e abrir unha proposta nova para calquera mes. Un saúdo, Piquito (conversa) 21 de xullo de 2019 ás 22:28 (UTC)[responder]
- En ningún momento dixen que esas palabras fosen túas. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 22 de xullo de 2019 ás 20:50 (UTC)[responder]
- A túa proposta foi clara, si, pero as propostas debátense, pódense achegar diferentes puntos de vista e a comunidade pode pronunciarse ao respecto. Non entendo cal é a situación incómoda ou o conflito, sinceramente. --Chairego apc (conversa) 22 de xullo de 2019 ás 20:55 (UTC)[responder]