Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Samaín
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 18/11/2018 - 05/12/2018
SI: 8 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 10:22 (UTC) (Período de votación: dende o 18-11-2018 ata, polo menos, o 03-12-2018)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo mellorado e ampliado con contidos de en.wiki que contextualizan a festa na Europa atlántica e que recolle tamén a celebración que se está a promocionar dende a década de 1990 en Galicia, incluíndo contidos sobre a súa recuperación con grande aceptación social e a controversia sobre a súa autenticidade. Propoño a artigo destacado de Galicia para o mes de outubro de 2019, cadrando coas datas da festa.--Breogan2008 (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 10:22 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 10:22 (UTC)[responder]
- Concordo para o mes correspondente. --. HombreDHojalata.conversa 18 de novembro de 2018 ás 11:25 (UTC)[responder]
- Concordo para outubro. ☣Banjo tell me 19 de novembro de 2018 ás 11:44 (UTC)[responder]
- Concordo -- Cossue (conversa) 20 de novembro de 2018 ás 07:43 (UTC)[responder]
- Concordo Mgl.branco (conversa) 23 de novembro de 2018 ás 08:40 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 18:11 (UTC)[responder]
- Concordo.--Gobraves (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 18:40 (UTC)[responder]
- Concordo.--AMPERIO (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 19:02 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo Eu, sentíndoo moito, discordo con esta escolla porque non me convencen as fontes e referencias do apartado do Samaín en Galicia. Case tódalas fontes están baseadas no mesmo autor, que fixo un traballo incrible de promoción pero que non me parece unha autoridade axeitada no tema. As outras fontes son xornais e webs semellantes, ou que no fondo están baseadas na mesma fonte e que tan só procuran darlle publicidade a esta "moda", que teñen pouca calidade para estes temas. Serían precisas referencias de autores especialistas en etnografía e historia de Galicia para fundamentar con xeito todas esas afirmacións que contén esa parte do artigo. Outra posibilidade sería reformular ese apartado e presentalo dun xeito menos "publicista". O resto do artigo penso que está ben, aínda que non o revisei en profundidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 13:34 (UTC)[responder]
- Discordo. Independentemente da calidade xeral do artigo, e independentemente de que a festa me poida gustar, o certo é que é moi cuestionable que esta festa sexa unha tradición galega, para min non o é, estou con Ferrín. Podería presentarse para destacado, pero na miña opinión non para destacado sobre Galicia, porque non considero que sexa unha festa galega. Piquito (conversa) 24 de novembro de 2018 ás 22:40 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios