Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2022
Aparencia
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop. Así mesmo, busca salientar temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller, entre outros. O nome do grupo provén da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós. É un zoónimo que fai referencia a un lugar onde son frecuentes os tanxugos ou teixugos.