Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2023
Aparencia
A Revolución galega de 1846, foi unha revolta militar, de carácter progresista, iniciada en Lugo co pronunciamento do comandante Miguel Solís contra o goberno conservador do xeneral Narváez.
O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España. O día 23 de abril, o exército enviado polo goberno madrileño derrotou as forzas rebeldes na batalla de Cacheiras, o que supuxo o fin da revolta. A meirande parte dos revolucionarios exiliáronse ou foron dar á cadea.
Miguel Solís e outros once militares foron fusilados na vila de Carral.