Wikipedia:Sobre Galicia/decembro 2011
Aparencia
Gonzalo Torrente Ballester, nado en Ferrol o 13 de xuño de 1910 e finado en Salamanca o 27 de xaneiro de 1999, foi un novelista galego en lingua castelá. Entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Literatura.
Torrente Ballester recoñeceu a influencia fundamental da narrativa oral galega de principios do século XX, como por exemplo a mariñeiros que falaban de pelexas en Hong-Kong. Como narrador destacou no planteamento e resolución irónicos das narracións. Esta ironía está baseada na percepción do real no marabilloso e do marabilloso no real.