Wikipedia:Sobre Galicia/marzo 2009
Aparencia
O Reino de Galicia foi unha entidade política (século V — 1833) situada no suroeste de Europa, e no noroeste da Península Ibérica que foi evoluíndo territorialmente ao longo dos séculos. A Gallaecia pasou de ser unha provincia romana a albergar un reino de mans dos suevos, e destacados autores coetáneos á fin da dominación romana falaban dunha Gallaecia que posuía proporcións moito maiores cá actual Galiza, cuxos límites permanecen practicamente intactos ata o século XII, momento no cal Portugal deixa de pertencer a Galiza (1108) e León deixa de selo para cobrar personalidade propia.
Oficialmente, Galicia, mantívose como reino ata 1833 ano no que foi divido nas catro provincias actuais durante a rexencia de María Cristina.