Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2007
Formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval. A finais do difícil século XIV e durante o convulso século XV ten lugar na illada Galicia a transformación da antiga nobreza e a incorporación dunha nova que conformaron o seu poder económico e social cimentado na posesión da terra -unificada nun único patrimonio, baixo a man do cabeza de familia- e o poder das armas. Configurouse deste xeito unha sociedade baseada na institución do morgado e o ideal cabaleiresco dando lugar ás liñaxes, que perduraron durante toda a Baixa Idade Media ata a chegada da Idade Moderna coa reforma política levada a cabo polos Reis Católicos, tendo moitas delas continuidade cando conseguiron adaptarse á nova situación achegándose ao novo centro real de poder, a Corte Real.