Wikipedia:Sobre Galicia/xullo 2010
Aparencia
O Deportivo da Coruña é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. Actualmente é o único representante galego na Primeira División da Liga española de fútbol, onde leva instalado 19 tempadas consecutivas, 16 delas entre os 10 primeiros clasificados. En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas copas do Rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións, así como unha Copa Intertoto como éxitos internacionais.