Wikipedia:Votacións/Elección de administradores/Requisitos para ser presentado á administración
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Requisitos para ser presentado á administración
Período de votación: 03-10-2007 - 18-10-2007
SI: 0 — NON: 7 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
Requisitos para ser presentado á administración
[editar a fonte]- Máis de 1.000 edicións (ferramenta de contaxe 1).
- Levar máis de 6 meses inscrito na Galipedia e ter colaborado asiduamente coa comunidade (edicións na Taberna, páxinas de discusión, páxinas Axuda ou páxinas Wikipedia).
- Dominar e aceptar todas e cada unha das políticas da comunidade, en especial os Cinco Piares
- Ter unha conta de correo habilitada (véxase preferencias).
- Non ter sido bloqueado[1] no último ano e medio.
- Non ter desenvolvido artigos borrados, mediante o procedemento de Votacións para borrar por vanagloria, propaganda ou copyvios.
Notas
[editar a fonte]- ↑ Trátase neste caso de bloqueos producidos por incumplimento das políticas oficiais da comunidade excluíndose os aplicados erroneamente
Votación
[editar a fonte]Discordo por mor do que expresei na páxina de discusión (1000 edicións e 6 meses)--Lmbuga Commons - Galipedia 19:24, 3 outubro 2007 (UTC)
- Discordo Tamén penso que o número de edicións ten que ser maior, ó igual cá antigüidade. AlberteSi, digame? 20:09, 3 outubro 2007 (UTC)
- Discordo. Tamén discordo, penso que non debería haber mínimo ningún de edicións e só aceptaría un tempo mínimo de permanencia razoable en relación coas dimensións da Galipedia. Lansbricae (Ti dirás) 20:03, 3 outubro 2007 (UTC)
- Discordo. 6 meses paréceme ben, pero o número de edicións e demasiado reducido. --☣Banjo tell me 21:54, 3 outubro 2007 (UTC)
- Discordo polo mesmiño que dixeron Lmbuga, Banjo e Alberte.Fryant 00:55, 4 outubro 2007 (UTC)
- Discordo, súmome a Fryant. --Xabier Cid 01:24, 4 outubro 2007 (UTC)
- Neutro Non sería o caso de ter como critério unha certa cantidade de edicións extensas? 1000 edicións semellantes ás dos bot (apenas incluindo ligazóns a outras wiki) non ten significado en termos do conceito de enciclopédia. (Tenho dificuldades, porém, para dizer qual seria o número ideal de edições extensas - perdoem-me se o meu galego não estiver bom. Um grande abraço a todos,) Joao Xavier 01:32, 4 outubro 2007 (UTC)
- Discordo. Penso que a experiencia dun administrador ten que ser moi ampla antes de poder coller o “cargo”, ten que entender moi ben o funcionamento "particular" desta wiki e iso non se consigue dun día para outro, eu diría que se precisa un ano como mínimo. O do número de edicións é relativo, depende un pouco da calidade das mesmas pero tamén aumentaría o número mínimo a unhas 3000.--Calrosfking (FÁLAME) 19:25, 12 outubro 2007 (UTC)