Wikipedia:Votacións/Elección de administradores/Revogación dos permisos de administrador
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Revogación dos permisos de administrador
Período de votación: 03-10-2007 - 18-10-2007
SI: 3 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
Proponse este texto para engadir ó que se está a votar en Wikipedia:Votacións/Elección de administradores. As observacións que se fagan ó mesmo serán inmediatamente incluídas, polo que se roga que se proceda a facer as observacións pertinentes canto antes.
Revogación dos permisos de administrador
[editar a fonte]Un burócrata solicitará en wikimedia a baixa dun administrador automaticamente, logo de ser seren seguidos os procedementos indicados.
Procedementos
[editar a fonte]O procedemento consta de dous pasos: a petición e a votación.
Para pedir que se considere a revogación de privilexios, tres usuarios, un deles polo menos administrador, débeno solicitar en "Wikipedia:Administradores/Votacións á administración". Para poder participar na solicitude hai que ter unha antigüidade de 4 meses e un número mínimo de 700 edicións.
Feita a petición, ao día seguinte abrirase unha votación en "Wikipedia:Administradores/Votacións á administración", que se deberá publicar en "Wikipedia:A Taberna (propostas)" e da que haberá que notificar ao administrador cuestionado.
A votación durará 15 días e o resultado determinarase por maioría simple. Tanto se a petición é rexeitada como aceptada, arquivarase; se é aceptada, un burócrata retiraralle os privilexios.
Un administrador cuxos privilexios fosen revogados desta maneira non poderá solicitalos de novo até transcorrido un ano.
Un administrador cuxa actuación fose aprobada por un 75% dos votos non poderá ser proposto de novo no prazo de un ano.
Motivos posibles
[editar a fonte]- Ausencia total da Wikipedia galega durante dous anos.
- Abandono das funcións de administración durante tres anos. Enténdese como abandono o feito de que haxa menos de 20 accións que só poden desenvolver exclusivamente os administradores.
- Atentar, sen ter habido posteriormente unha rectificación expresa do seu proceder ante a comunidade e/ou o/os implicado/s, contra o indicado en Wikipedia:Normas de conduta.
- Atentar contra as políticas aprobadas pola comunidade, en especial as tres normas básicas da Wikipedia: O punto de vista neutral, a verificabilidade e o feito de que a Wikipedia non é unha fonte primaria.
Votación
[editar a fonte]- Concordo --☣Banjo tell me 19:38, 3 outubro 2007 (UTC)
- Discordo, polos motivos expostos no talk. Alma 20:25, 3 outubro 2007 (UTC)
- Concordo Inda que non entendo moi ben que sexan precisos dous usuarios e un administrador--Lmbuga Commons - Galipedia 22:46, 3 outubro 2007 (UTC)
- Discordo. Un administrador que poida votar dous anos sen aparecer pola Galipedia non me parece moi útil para esta pequena wiki, o ter feito alomenos 20 accións administrativas algo bastante simbólico e polo que vin neste tempo na Galipedia a xente ten épocas nas que é máis e menos activo dentro do grupo que é asíduo. Entre eles moi poucos administradores e xente que cumpra os requisitos. Unha wiki que declara ter 16 administradores pero activos case diariamente 2 ou 3 nas mellores datas necesita unha vía de renovación e acceso aos traballos de administrador máis flexible e dinámica, o cal penso se axustaría mellor ao tipo de wiki que somos. Plasmar a realidade sobre os administradores reales que hai, no sentido activos, sería san e necesario para que a comunidade entendese a necesidade de implicarse no mantemento desta wiki, que non é só facer artigos, senón ordealos, defender o traballo doutros.... Lansbricae (Ti dirás) 23:03, 3 outubro 2007 (UTC)
- Discordo polo esposto na discusión, no apartado de "Presentación da proposta/Quen a pode presentar". --Gallaecio 09:12, 7 outubro 2007 (UTC)
- Concordo--Calrosfking (FÁLAME) 19:28, 12 outubro 2007 (UTC)