Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() |
Período de votación: 15/03/2019 - 14/04/2019
SI: 5 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitada |
Novo texto proposto - Diff dos cambios propostos. Proposta de actualización da redacción de Wikipedia:Citar as fontes, con diversas correccións e ampliacións tiradas e adaptadas dende a wiki inglesa. Os principais cambios son unha pequena ampliación da introdución, ampliación e reorganización da sección "Cando e por que citar", inclusíon dunha nova sección "Información a incluír nas citas", nova subsección "Cambios nas citas", nova sección "Ligazóns nas citas" e pequenos outros cambios de redacción e reorganización.
- A favor
Concordo. --☣Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)[responder]
Concordo.--Maria zaos (conversa) 14 de marzo de 2019 ás 23:41 (UTC)[responder]
Concordo. --Breogan2008 (conversa) 15 de marzo de 2019 ás 08:04 (UTC)[responder]
Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 15 de marzo de 2019 ás 11:21 (UTC)[responder]
Concordo. --Atobar (conversa comigo) 15 de marzo de 2019 ás 13:02 (UTC)[responder]
- En contra
Discordo. Para min necesita dárselle unha volta. Coido que o texto novo ten partes positivas, pero, a máis de ter pequenos erros modificables de xeito doado (cámbiase un Sol por un sol de xeito erróneo) presenta algunha cousa na que concordo pero que observo que está totalmente en contra da práctica común que se está a levar ate o de agora ("Na Wikipedia, a política de verificabilidade require citar as fontes cando haxa algún material cuestionable ou suxeito a selo", pois aínda que sexa incuestionable as páxinas están pragadas de requerimentos de cita) é aumenta abondo o contido en contra da simplicidade á que debemos tender (coido que isto último se podía amañar dividindo e separando os exemplos da páxina 'legal' núa). —o anterior comentario sen asinar foi feito por Agremon (conversa • contribucións)
Discordo. Vexo a situación como Agremón. Estanse pedindo citas ao peso e poñéndose ao chou. Un exemplo son os artigos inzados de {{Sen referencias}} Sae gratis tirar destas etiquetas. Non se especifica que citas faltan, onde e porque. Penso que aproveitando os trocos se debera ver un tipo de citas como na wikipedia en italiano en que se marca toda a frase que necesita cita (non todo o artigo) noutra cor. --Nemigopara falar casa (UTC)
- Neutros
Comentarios
[editar a fonte]Comentario A proposta de Nemigo do modelo "cómpre referencia" que marca noutra cor o texto a referenciar paréceme interesante, podes dicirme cal é para botarlle un ollo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2019 ás 19:21 (UTC)[responder]
- https://it.wikipedia.org/wiki/Template:Senza_fonte
- {{Citazione necessaria|infine, la terza obiezione riguardava alcune clausole incluse nella costituzione della nuova Repubblica, che potevano essere interpretate come presagio di possibili pretese territoriali.}}
- Pódese ver nesta páxina -> https://it.wikipedia.org/wiki/Macedonia_del_Nord --188.85.144.245 18 de marzo de 2019 ás 12:33 (UTC)[responder]
- Penso que o voto do usuario Nemigo non é válido. Velaquí as súas contribucións (non edita dende xullo de 2018). --Atobar (conversa comigo) 18 de marzo de 2019 ás 14:32 (UTC)[responder]
- @Atobar: Non hai un requerimento de actividade recente para as votacións. O resto de criterios si os cumpre (criterios que por outra banda deberían revisarse nun futuro). Outra cousa é que se veña a votar negativamente sen sequera ler a proposta, pero iso xa é batalla perdida. ☣Banjo tell me 18 de marzo de 2019 ás 14:52 (UTC)[responder]
- Andaba eu enganado entón. Grazas pola aclaración, Banjo. --Atobar (conversa comigo) 18 de marzo de 2019 ás 15:00 (UTC)[responder]
Comentario Esta é unha proba dun texto resaltado que precisa referencias.[Cómpre referencia] Esta é unha frase co cómpre referencia típico.[Cómpre referencia] Xa está modificado o modelo para que funcione como di Nemigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de marzo de 2019 ás 15:40 (UTC)[responder]
- Agora só falta que se use, que o usen os que enchen os artigos de peticións de referencias. --188.85.144.245 18 de marzo de 2019 ás 16:18 (UTC)[responder]