Wikipedia:Votacións á administración/Arquivo/Reválida de administradores
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Período de votación: 22-5-2019 - 5-6-2019
SI: 20 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
Boas, hai tempo houbo unha proposta de que os administradores fosen escollidos por períodos de catro anos e que despois dese tempo se pasara unha nova votación para revalidar o seu estado. A proposta non foi aceptada e coido que foi un erro porque penso que sería un proceso de interese tanto para os administradores como para a Galipedia. Disto xa hai bastantes anos, bastantes máis de catro, e eu aceptara internamente seguir esa norma aínda que non fose obrigatoria, pero por múltiples razóns non a levei adiante ata o momento, a pesar de que xa levo máis de 12 anos con esta responsabilidade...
O primeiro pido desculpas por non ter presentado esta reválida hai varios anos como debería ter feito, e como prometín a algún usuario.
O segundo é que non teño especial interese en seguir sendo administrador, se a comunidade considera que non debo continuar aceptarei de bo grado o que ela considere. Recoñezo que as utilidades de administrador son de axuda para algunhas das tarefas que fago de cando en vez, pero non son imprescindibles, e se non as teño, o resto de administradores poderán realizalas de igual ou mellor xeito.
O terceiro, non fago isto para ter ningún recoñecemento nin nada semellante, fágoo simplemente porque penso que é bo para todos que se avalíe se debo continuar neste posto ou non. Tamén pido que non se avalíe o meu traballo unicamente polas miñas últimas achegas, que puideron ser máis ou menos acertadas, porque posiblemente non reflictan a miña traxectoria como administrador, sei que é difícil pero penso que é o máis axeitado.
O cuarto, esta votación, xa que non hai precedente no que basearse, considero que debe rexerse polas normas de Wikipedia:Votacións#Dereitos_de_administrador.
E finalmente pido tamén desculpas polos meus erros, que sei que cometín bastantes, non podo prometer que non volverei caer neles porque non son máis que un pailanciño que fai o que pode, o único que podo prometer é que tentarei evitalos o mellor posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:35 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo--Miguelferig (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:51 (UTC)[responder]
- Concordo--Maria zaos (conversa) 22 de maio de 2019 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 22 de maio de 2019 ás 10:15 (UTC)[responder]
- Concordo----Ogalego.gal (conversa) 22 de maio de 2019 ás 10:50 (UTC)[responder]
- Concordo--Lles (conversa) 22 de maio de 2019 ás 12:00 (UTC)[responder]
- Concordo--Dodro (conversa) 22 de maio de 2019 ás 12:07 (UTC)[responder]
- Concordo Servando2 (Dime) 22 de maio de 2019 ás 13:26 (UTC)[responder]
- Concordo--Alfonso mande 22 de maio de 2019 ás 13:42 (UTC)[responder]
- Concordo--MAGHOI (conversa) 22 de maio de 2019 ás 14:33 (UTC)[responder]
- Concordo--Viascos (conversa) 22 de maio de 2019 ás 16:54 (UTC)[responder]
- Concordo--Xoio (conversa) 22 de maio de 2019 ás 19:17 (UTC)[responder]
- Concordo--Aprofa (Dime algo aquí) 22 de maio de 2019 ás 18:09 (UTC)[responder]
- Concordo, por suposto, con que Elisardo siga sendo administrador (mentres el queira selo), e paréceme este proceso innecesario. --. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2019 ás 19:08 (UTC)[responder]
- Concordo----Cossue (conversa) 22 de maio de 2019 ás 20:19 (UTC)[responder]
- Concordo--JonnyJonny (conversa) 23 de maio de 2019 ás 18:04 (UTC)[responder]
- Concordo MarceloRenard2, o raposo preppie Arranxos e corretixos 23 de maio de 2019 ás 23:55 (UTC)[responder]
- Concordo Paréceme unha reflexión moi sá a que fai Elisardo, así que é dobremente de agradecer, por facela e por un labor na miña opinión sobresaínte--Castelao (conversa) 25 de maio de 2019 ás 07:44 (UTC)[responder]
- Concordo sen ningún tipo de dúbida. Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de maio de 2019 ás 21:20 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 29 de maio de 2019 ás 18:23 (UTC)[responder]
- Concordo, por suposto, se el quere. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 4 de xuño de 2019 ás 20:56 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Concordo e ademais con gusto.--MAGHOI (conversa) 22 de maio de 2019 ás 14:33 (UTC)[responder]
- Tamén eu concordo, naturalmente, pero tamén a min me parece un proceso innecesario. Outra cousa: onde está arquivada esa votación que se rexeitou? Non a dou atopado. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 22 de maio de 2019 ás 19:49 (UTC)[responder]