Wikipedia:Votacións para borrar/Sica Romero
Votación PECHADA: Manter
Período de votación: 4 de febreiro de 2023 - 3 de marzo de 2023
SI: 4 — NON: 4 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
- Proposto por: Xabier Cid (conversa) 4 de febreiro de 2023 ás 22:55 (UTC) (Período de votación: dende o 4-2-2023 ata, polo menos, o 14-2-2023)
Esta páxina foi borrada de maneira rápida aducindo contidos promocionais. Creo que esa decisión de borrado rápida non foi adecuada (os contidos autopromocionais non son razón de borrado rápido). Rescatei a páxina e editeina, reducindo os contidos á mínima expresión. Ao mesmo tempo, creo que se ben a decisión inicial de borrado foi esaxerada, pode estar ben xustificado o debate sobre a continuidade da páxina.
O artigo é dunha autora que publicou un libro (criterio de notabilidade aceptado na Galipedia) e os datos que daba dela son, creo que todos, accesibles en fontes. --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 21:48 (UTC)
- Borrar
- Borrar. Re-borrar. Por Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Si, a autora publicou un libro, e o mesmo podería dicirse da editorial https://nespera.gal/ : publicou un (único) libro, ese. Ás cousa deberían ir ás enciclopedias cando teñan notoriedade e non ó revés. Tampouco concordo co ton do propoñente, dando por certos supostos gravísimos erros e torpezas mil dos voluntarios deste proxecto (Conversa usuario:Cartografíaliteraria). --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2023 ás 10:35 (UTC)
- Ben, ata o de agora veuse entendendo que unha persoa que publica un libro en galego pode ter artigo na Galipedia. Se ese non debería ser o criterio, deberá revisarse e deberemos ser consecuentes. Mais este artigo non se borrou (en procedemento rápido) por esa razón. De por parte, eu non falei de "gravísimos erros" nin "mil torpezas"; con todo, borrar artigos é algo importante, e non deberíamos facelo á lixeira. Neste exemplo, as razóns polas que hai que facer un borrado rápido non se dan. Si, trabucámonos (non alguén en concreto, senón a comunidade) e non pasa nada. Vémolo, falámolo e farémolo mellor prá próxima.
- Todos somos voluntarios, tanto nós que metemos horas en manter isto limpo, como a persoa que se achega á Wikipedia unha vez e pon un cachiño do seu coñecemento. E hai que coidar ben de todo o mundo, creo. Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2023 ás 13:27 (UTC)
- Borrar. O contido orixinal do artigo era o mesmo que o da páxina web da editorial, aquí. O ton e o contido son sen dúbida promocionais, como que o texto é o mesmo que hai nunha web que vende o libro. Como di HombreDHojalata, a editorial ten un único libro e a autora unha única obra. A súa relevancia enciclopédica (na miña opinión persoal non a ten) ou mantelo no seu estado actual (despois de pasar polas mans de Xabier) son outro tema, pero as condicións nas que foi creado o artigo son claras: varias Contas e IPs cordinadas cuxas únicas edicións foron o artigo a debate. Un novo exemplo da cada vez máis común tendencia (non só na Galipedia, senón en moitas wikis) a que as persoas editen e fagan artigos sobre si mesmas, algo que está en contra das normas.--Psdianamh7 (conversa) 5 de febreiro de 2023 ás 13:44 (UTC)
- Explico máis abaixo as razóns destes erros ao crear o artigo. Por outro lado, penso que a contribución á nosa cultura que fan as persoas (sexan escritores, editores...) non debería ser medida en función do número de publicacións, senón da calidade das mesmas. Polo que unha opinión obxectiva debería pasar por coñecer o traballo e non quedar coa información que poidamos ler nun par de páxinas web. Zoecarballo (conversa) 5 de febreiro de 2023 ás 16:09 (UTC)
- Borrar. Eu marquei inicialmente o artigo para borrado cando vin que o texto que había nel estaba copiado da web da editorial, o cal supón unha violación dos dereitos de autoría e debe ser borrado. Creo que o mellor é que o artigo sexa borrado e se faga de novo noutras condicións de maneira que o material orixinal con {{Copyvio}} non apareza no historial do artigo. Se realmente é relevante non ha tardar moito en crearse de novo. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 5 de febreiro de 2023 ás 17:14 (UTC)
- Agora mesmo o contido non é Copyvio. O de borrar un artigo e refacelo para limpar o historial non se fai con ningún artigo... e de feito non debe facerse, xa que debe manterse unha trazabilidade dos acertos e dos erros (en especial dos erros). Se se borra será porque a) se considera promo ou b) se considera que as persoas que teñen unha obra literaria deben borrarse. Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2023 ás 18:00 (UTC)
- Borrar Aceptando o que dixo Xabier e o de Zoe, en realidade, para min non ten maior interese enciclopédico: ten unha soa obra recente (sen máis presenza) e non hai máis información relevante no artigo polo que aínda por riba será, polo de agora, un artigo orfo. O artigo redúcese a dar noticia da publicación dun libro e iso é un catálogo non unha enciclopedia. Non entro a valora-la calidade, non a lin, pero se de ser relevante, pódese facer o artigo a posteriori. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 5 de febreiro de 2023 ás 17:54 (UTC)
- Hai moitas máis personalidades con unha soa obra publicada nos últimos anos que si teñen o seu oco aquí... Habería, entendo, que eliminar todos eses artigos que non son, baixo a túa opinión, de interese enciclopédico. Algunhas persoas están aludindo razóns que non deberían ser motivo de eliminación. Zoecarballo (conversa) 5 de febreiro de 2023 ás 18:07 (UTC)
- Ata o de agora ter 1 obra publicada en galego é criterio de notabilidade. Se se quere cambiar, e polo tanto borrar os artigos que xa hai sobre xente que só ten unha obra publicada, haberá que facelo no sitio axeitado. :) Non se deben mover os marcos da porta segundo nos apeteza (en especial porque pode ser que consideremos cousas relevantes ou non por outros nesgos que non son obxectivos — ou que o pareza) :) Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2023 ás 18:10 (UTC)
- @MAGHOI Grazas ás intrucións recibidas pola comunidade, a páxina está a ser enfocada doutra maneira... por se queres pasar a botarlle un ollo. Saúdos. Zoecarballo (conversa) 6 de febreiro de 2023 ás 20:01 (UTC)
- Manter
- Manter. Non me queda claro que os contidos sexan de promoción persoal. Podo ter unha sospeita, pero indicios ningún. Creo que a creación foi torpe produto da inexperiencia, pero que aquí estamos para axudar, non pra asustar a xente. O artigo, reducido en contidos, creo que debe manterse pois cumpre os criterios de notabilidade. --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 21:48 (UTC)
- Manter. One2 (conversa) 4 de febreiro de 2023 ás 22:36 (UTC)
- Manter. Xas (conversa) 5 de febreiro de 2023 ás 11:12 (UTC)
ManterFun eu quen creou este artigo sen ser boa coñecedora do funcionamento da Galipedia, polo que pido desculpas polo traballo mal feito. Estou aprendendo, e gustaríame ser de utilidade e facer boas achegas. Dende agora, calquera aportación (que espero sexan moitas), será feita dende un punto de vista máis obxectivo e rematando o traballo antes de publicalo (xa que esperaba poder editar a información ata que quedase algo decente e acorde coas políticas da Galipedia). Tamén pararei o resto das contas coas que xerei diversos artigos sobre a mesma persoa, xa que non foi en ningún intentando "facer trampa". Ao ver que os artigos se eliminaban sen entender a razón, intenteino varias veces e dende diferentes contas (que deixarei de lado para manter soamente esta). Graciñas a todos. Zoecarballo (conversa)
- Zoecarballo non pode votar, segundo "Wikipedia:Votacións#Quen pode votar". --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2023 ás 17:03 (UTC)
- Zoecarballo, desculpa porque o que tiñamos que facer era dicirche por que se borraba a información; iso aforraríanos moito traballo. Tamén se menciona por aí que a redacción primeira do artigo contiña textos que estaban, palabra por palabra, noutros sitios (e iso tampouco se pode facer): proba a escribir mudando as palabras, redactando doutra forma, adaptando o que queres dicir á túa forma de expresarte. O copypega, mal :D.
- Finalmente, podes opinar porque é unha comunidade aberta, pero non podes participar en votacións ata que pasen unhas semanas (ou un número de edicións, agora non estou seguro). As normas de votacións na wikipedia galega están moi desfasadas (xa non se vota nos proxectos de wikipedia), pero polo de agora é o que temos. :) Moitas grazas por participares, e por vires ata aquí a explicalo. :) Un saúdo. Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2023 ás 18:05 (UTC)
4. Manter Non atopei moita información sobre a autora, pero hai algunha que serve pra demostrar o que está escrito no artigo. Fixen un par de cambios e mudei de opinión, agora decidinme a votar a favor de manter. Quizais no futuro consiga publicar máis libros. E de paso comento que non estaría mal actualizar as políticas, polo que comentou Xabier.
- Neutros
-
Neutro. Acabo de ler a páxina e vexo que ten pouco texto, tan pouco que non acabo de decidirme. Mantéñome neutro e esperarei, a ver se alguén se anima a colaborar no artigo. --Mark Gasoline (conversa) 4 de febreiro de 2023 ás 22:24 (UTC)
- O artigo ten pouco texto porque xa llo reducín eu. Se se decide manter, pódese ampliar. Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 22:29 (UTC)
Se alguén se anima a editar e fai melloras, revisarei de novo a páxina e entón decidireime. De momento mantéñome neutro, creo que é o mellor que podo facer neste intre. --Mark Gasoline (conversa) 4 de febreiro de 2023 ás 22:33 (UTC)- O que quería dicirche é que non se debate se o artigo está completo ou incompleto; a proposta de borrado é porque hai quen cre que o artigo é promocional. ;) Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2023 ás 09:06 (UTC)
- @Mark Gasoline A páxina está sendo mellorada e ampliada, por se queres pasar a valorar de novo. Graciñas e saúdos. Zoecarballo (conversa) 6 de febreiro de 2023 ás 19:58 (UTC)
- O artigo ten pouco texto porque xa llo reducín eu. Se se decide manter, pódese ampliar. Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 22:29 (UTC)
- Comentarios
-
- Comentario. É o candidato perfecto para levar o {{GloriaVa}}, e quedar enquistado no proxecto por meses e anos. Outros casos nesa situación son:
Atención: As deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. |
Carlos Souto. Desde xaneiro de 2021 |
- Moitas grazas, HombreDHojalata, por chamar a atención sobre esta lista. Boto sobre os ombros revisar a lista e facer propostas de borrado. :* Fareino antes do 13 de febreiro. Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2023 ás 13:29 (UTC)
- Comentario. Incluín tres enlaces en Ligazón externas que, penso, son referencias fiables (Nós diario, a páxina da Cidade da Cultura e unha revista cultural catalana). Vós decidiredes. Zoecarballo (conversa) 7 de febreiro de 2023
- Comentario. Parece ser que non hai máis correccións que facer por aquí, polo que estaría ben tomar unha decisión sobre a permanencia do artigo na Galipedia Zoecarballo ( Talk 2 me, please 3 de marzo de 2023 ás 18:10 (UTC)
- Comentario. Suponse que hai que chegar a un acordo ou algo, non? Zoecarballo (conversa) Talk 2 me, please]] 5 de marzo de 2023 ás 17:33 (UTC)