Saltar ao contido

Ángel Concheiro Nine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Concheiro Nine
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Ordes, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífico, farmacéutico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, catedrático (1988–) Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1231478 BUSC: concheiro-nine-angel-1951 Dialnet: 3591475

Angel Joaquín Concheiro Nine, nado en Ordes o 16 de novembro de 1951, é un científico galego autor de diversos artigos de relevancia internacional no eido dos sistemas de administración de fármacos e a medicina rexenerativa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Colexio Peleteiro cando se chamaba Minerva.[1] Licenciouse e fixo o doutoramento en Química e Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Farmacéutico especialista en Farmacia Industrial e Galénica, e en Análise e Control de Medicamentos e Drogas.

Entre os anos 1983 e 1988 foi profesor titular e desde 1988 Catedrático de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela.[2] ao mesmo tempo, foi secretario da Facultade de Farmacia dende abril do 1984 ata abril do 1986 e vicedecano da Facultade de Farmacia dende abril do 1986 ata maio do 1989. Tamén foi director do Instituto Universitario de Farmacia Industrial da USC do 1997 ó 2004. Foi drector do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, dende outubro do 2004 ata outubro do 2012, e do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, do 19 de decembro de 2018 até o 19 de febreiro do 2019.

Estivo na vicepresidencia do Comité de Avaliación de Medicamentos (CODEM-VET) dende o ano 2005 ata o 2012, ano no que acadou a Presidencia [3] da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS).

Asemade, foi Socio Fundador e Presidente da Sociedad Española de Farmacia Industrial y Galénica (SEFIG) do 1999 ó 2004. Posteriormente ingresou na Real Academia de Farmacia de Galicia da cal é Académico Numerario.[1][4][5] Dende o ano 2020, pasa a ser Director-Comisario do Instituto de Materiais da USC (iMATUS).

Campo de traballo

[editar | editar a fonte]

A súa investigación céntrase no deseño e avaliación de sistemas de administración de fármacos para cesión controlada, vectorizada e en resposta a estímulos, os entramados poliméricos e hidroxeles intelixentes e imprinted, os sistemas biomiméticos, a modificación superficial de produtos sanitarios para carga e cesión de fármacos (produtos de combinación) ó prever a formación de biofilm microbiano, e a preparación de andamiaxes poliméricos para medicina rexenerativa.

Con máis de 330 publicacións e un gran número de citas, en decembro de 2022, acadou o posto 11 no h-index e Farmacoloxía e Farmacia en España.[6] Amais, forma parte do 2% dos científicos máis citados e influíntes do mundo segundo a base de datos elaborada pola Universidade Stanford, SciTech Strategies e Elsevier.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi galardoado co premio PSWC Research Achievement Award 2010[7] da International Pharmaceutical Federation (FIP) e a American Association of Pharmaceutical Scientists (AAPS) “in recognition of his significant contribution to the advancement of pharmaceutical sciences during the course of a most distinguished career” ("en recoñecemento á súa importante contribución ao avance das ciencias farmacéuticas ao longo dunha carreira moi distinguida"), e co premio BIOGA (2ª edición, ano 2015)[8] á Mellor Idea Empresarial por Lentimed Medical Devices S.L.

  1. 1,0 1,1 Álvarez, Elisa (19 de novembro de 2018). "Ángel Concheiro: «El recuerdo que tengo de Santiago de joven es el de una ciudad oscura»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  2. "Medio cento de investigadores da USC, entre o 2% dos máis citados e influentes do mundo". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-11-14. 
  3. "Comité de Medicamentos Veterinarios (CODEM-VET) - Composición y Miembros". Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (en castelán). Consultado o 2021-11-14. 
  4. "Discurso de Angel Concheiro na RAFG." (PDF). Discurso de ingreso como Académico Numerario da Real Academia de Farmacia de Galicia. Decembro 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de novembro de 2021. Consultado o 14 de novembro de 2021. 
  5. "Angel Concheiro Nine tomará posesión como Presidente de la Real Academia de Farmacia de Galicia". imatus.usc.es (en castelán). 22 de novembro de 2022. Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  6. "Número de publicacións de Angel Cocheiro Nine.". Índice H de Farmacoloxía e Farmacia de España. Actualizado a xuño 2021. 
  7. "Premio PSWC". AAPS and FIP announce 2010 research award and winners. 15/11/2010. 
  8. "Premio BIOGA 2015". Bioga premia a Biofabri como Empresa Biotech Más Competitiva y a Lentimed como la Mejor Idea Empresarial. 12/11/2015. Arquivado dende o orixinal o 14/11/2021. Consultado o 14/11/2021.  Arquivado 14/11/2021, en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]