Saltar ao contido

Wikipedia en suahili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en suahili
Logo da Wikipedia en suahili.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasSuahili
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Na rede
https://sw.wikipedia.org/

A Wikipedia en suahili (en suahili: Wikipedia ya Kiswahili) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua suahili. É a meirande edición de Wikipedia nunha lingua níxer-congo ou nilo-sahariana, seguida pola Wikipedia en yoruba.[1]

Esta versión da enciclopedia contén 86.349 artigos e 70.584 usuarios, dos cales 245 son activos.[2]

Foi mencionada o 27 de agosto de 2006 en artigos de International Herald Tribune e New York Newsday sobre as loitas de edicións nas Wikipedais máis pequenas.[3] En 2009, Google patrocinou a creación de artigos na Wikipedia en suahili.[4] O 20 de xuño de 2009, a Wikipedia en suahili redeseñou a súa páxina principal.

En xaneiro de 2021, a Wikipedia en suahili era a segunda máis popular en Tanzania e Kenya despois da versión en inglés, obtendo o 14% e 4% das visitas neses países respectivamente.

  1. "List of Wikipedias by language group". wikimedia.org. 
  2. "List of Wikipedias". wikimedia.org. 
  3. Building Wikipedia in African languages, por Noam Cohen, International Herald Tribune, 27 de agosto de 2006.
  4. "Hungry for New Content, Google Tries to Grow Its Own in Africa". nytimes.com. 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]