Wikipedia en bretón
Wikipedia en bretón | |
---|---|
![]() Logo da Wikipedia en bretón. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Bretón |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | xuño de 2004 |
Na rede | |
https://br.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en bretón (en bretón: Wikipedia e brezhoneg) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua bretoa.
Esta versión da enciclopedia contén 87.802 artigos e 83.123 usuarios, dos cales 84 son activos.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A Wikipedia en bretón creouse en xuño de 2004. En agosto de 2008 tiña máis de 20 000 artigos, sendo a Wikipedia número 56 con maior número de artigos. Chegou aos 30 000 artigos[2] o 25 de outubro de 2009, clasificándose no posto 51 das 250 edición de Wikipedia que existían daquela. En febreiro de 2010, tiña máis de 31 000 artigos, e en abril de 2011, tiña máis de 37 000, situándose no posto 52 segundo o número de artigos. En xullo de 2014 a enciclopedia conseguiu 50 000 artigos, converténdose na Wikipedia número 71 por número de artigos. O 1 de xaneiro de 2017, a cifra superou os 60 000 artigos.
É a segunda meirande Wikipedia dunha lingua celta, só por detrás da Wikipedia en galés e por diante da Wikipedia en irlandés (malia o feito de que esta última teña máis falantes).

Os artigos están escritos na ortografía peurunvan. Algúns estudantes das escolas Diwan contribuíron[3] fundando clubs de Wikipedia.

Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en bretón |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en bretón ![]() |