William Edward de Winton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1856 ou 1857 Gales |
Morte | 30 de agosto de 1922 Inglaterra |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía ![]() |
Ocupación | zoólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | De Winton ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Sibyl Laura Edwardes ![]() |
Fillos | Griselda Frances de Winton, Robert William Michael de Winton, Sibyl Bride de Winton, Winifred Alice de Winton, Walter Basil Cann de Winton ![]() |
Pais | Robert Henry de Winton ![]() ![]() |
![]() |
William Edward de Winton, nado o 6 de setembro de 1856 ou 1857 no condado de Carmarthenshire, Gales (aínda que moitas fontes, incluído o obituario na revista Ibis do ano 1923 ou os arquivos do Reais Xardíns Botánicos de Kew,[1] especifican 1856 como o ano do seu nacemento, a súa lápida mostra o 6 de setembro de 1857 como a súa data de nacemento),[2] e finado o 30 de agosto de 1922, foi un zoólogo e coleccionista de animais británico.
O seu principal interese de investigación centrábase na terioloxía, aínda ue tamén se ocupou da avifauna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De Winton foi o segundo fillo do capitán Robert Henry de Winton. Comezou a súa su carreira como empresario en Londres antes de dedicarse á historia natural. En 1893 entrou como membro na Unión de ornitólogos británicos e, pouco despois fundou, en 1892, o Club de ornitólogos británicos. Nos primeiros números do Boletín dese Club publicou varios rexistros de aves e ensaios breves. En 1899, De Winton foi elixido sucesor do tesoureiro honorario Howard Saunders e segundo secretario do Club de ornitólogos británicos, cargo que desempleñou até 1904.
Despois de que John Samuel Budgett (1872-1904) renunciase ao seu posto no Zoolóxico de Londres, de Winton asumiu en 1903 temporalmente o cargo de director interino do Xardín Zoolóxico en Regent's Park. En 1904 casou coa segunda filla de William Edwardes, cuarto barón de Kensington. Deste matrimonio neceron tres fillas e dous fillos. Ademais, entre outras, fóra dos cricétidos, débenslle as descricións de Pudu mephistophiles (o pudú do norte), Lepus corsicanus (a lebre de Córsega), Ammodillus imbellis (o xerbo somalí), Fukomys bocagei (a rata toupa de Bocage), Chodsigoa hypsibia (a musaraña de De Winton), Chimarrogale styani (a musaraña chinesa], Funisciurus substriatusla (o esquío listado de Kintampo) e Giraffa reticulatala (a xirafa reticulada).
A súa colección de fotos de África oriental, de finais da década de 1890, consérvanse no Museo de Historia Natural de Londres.[3]
Especies dedicadas
[editar | editar a fonte]En 1901, Oldfield Thomas describiu un morcego ao que denominou Laephotis wintoni, e en 1907 unha toupa dourada á que chamou Cryptochloris wintoni. Por outra parte, a subespecie da ave da familia dos motacílidos Macronyx ameliae wintoni, de Kenya e Tanzania, a súa dedicación atribuiuse erroneamente a William Edward de Winton.[4]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura de Winton emprégase para recoñecer a William Edward de Winton como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Winton, William Edward de (1856-1922), zoologist The Nationar Arquives. Consultada o 24 de outuibro de 2018.
- ↑ Find a Grave: William Edward de Winton. Consultada o 24 de outubro de 2018.
- ↑ Photograph Collection of William Edward De Winton (1856-1922) , A Collection Description Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en iczn.org
- ↑ Bo Beolens, Michael Grayson and Michael Watkins (2004): The Eponym Dictionary of Birds. London / Oxford: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4729-0573-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- William Lutley Sclater (1923): "Obituary William Edward De Winton". En: Ibis, 11th Series, 5, pp. 162–163.
- Bo Beolens, Michael Watkins and Michael Grayson (2009): The Eponym Dictionary of Mammals. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-9304-9, p. 109.
- John Graham Kerr (2014): The Work of John Samuel Budgett: Being a Collection of his Zoological Papers, Together with a Biographical Sketch. ISBN 978-1107424029. p. 44.