William Harris Ashmead
William H. Ashmead | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1855 Filadelfia, Pensilvania |
Morte | 17 de outubro de 1908 Washington D.C. |
País de nacionalidade | estadounidense |
Actividade | |
Ocupación | entomólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Ashmead |
William Harris Ashmead, nado o 19 de setembro de 1855 en Filadelfia e finado o 17 de outubro de 1908 en Washington D.C., foi un entomólogo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de reaiza os seus estudos en Filadelfia, Ashmead traballou para a editorial J. B. Lippincott & Co. Máis tarde, estableceuse en Florida onde creou a súa propia editorial dedicada á agricultura. Tamén lanzou o Florida Dispatch, un semanario agrícola que incluía unha sección dirixida a insectos prexudiciais.
En 1879 comezou a escribir artigos para publicacións científicas e, en 1887, foi nomeado entomólogo de campo, traballando no Ministerio de Agricultura de Florida.
O ano seguinte foi entomólogo na estación de investigación agrícola de Lake City, Florida. En 1889 volveu traballar no Ministerio de Agricultura.
Ao ano seguinte, e durante dous anos, viaxou, en particular a Alemaña, para perfeccionar os seus coñecementos entomolóxicos.
En 1895 obtivo o posto de axudante de conservación no Departamento de Entomoloxía do Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos, posto que ocupou até a súa morte.
Ashmead foi principalmente un entomólogo sistemático, que traballou en moitos grupos de insectos, sobre todo en himenópteros, e publicou aproximadamente 260 artigos en varias revistas científicas.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]Libros:
- Monograph of the North American Proctotrypidae. (Bulletin of the US National Museum, nº 45) Washington: US GPO, 1893.[1]
- Descriptions of New genera and species of Hymenoptera from the Philippine Islands. (Proceedings of the US National Museum, nº 29) Washington: US GPO, 1904.[2]
Artigos sobre a orde dos himenóperos:
- "Studies on the North American Proctotrupidae, with descriptions of new species from Florida." Entomol. Am. 3: 73-76, 97-100, 117-119 (1887).
- "Descriptions of some new genera and species of Canadian Proctotrupidae." Can. Entomol. 20: 48-55 (1888).
- "Description of a new genus and new species of proctotrypid bred by Mr F.W. Urich from an embiid." J. Trin. Fld. Nat. Club 2: 264-266 (1895).
- "The phylogeny of the Hymenoptera". Proc. Ent. soc. Washington, III: 326-336 (1896) .
- "Classification of the pointed-tailed wasps, or the superfamily Proctotrypoidea.-III." J. N. Y. Entomol. Soc. 11: 86-99 (1903).
- "Descriptions of new Hymenoptera from Japan-1." J. N. Y. Entomol. Soc. 12: 65-84 (1904).
- Ashmead, William H. (1905). "A skeleton of a new arrangement of the families, subfamilies, tribes and genera of the ants, or the superfamily Formicoidea" (PDF). The Canadian Entomologist 37 (11): 381–384.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Ashmead emprégase para recoñecer a William Harris Ashmead como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: William Harris Ashmead |
Ligazons externas
[editar | editar a fonte]- Frank G. Ashbrook Papers, circa 1915-1965 Arquivos da Smithsonian Institution.
- Encyclopedia of Life: Lista dos taxons (2519) descritos por Ashmead.
- NomenclatorZoologicus Lista dos xéneros descritos por Ashmead.