William Lawes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1602 Salisbury, Reino Unido (pt) |
Morte | 24 de setembro de 1645 (43 anos) Chester, Reino Unido |
Causa da morte | morto en combate |
Educación | Salisbury Cathedral School (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, gambista |
Movemento | Música barroca |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra Civil inglesa |
Instrumento | Viola da gamba (pt) |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Obálky knih, |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
William Lawes, nado en Salisbury (Wiltshire) o 1 de maio de 1602 e finado en Rowton Heath o 24 de setembro de 1645, foi un compositor barroco inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai foi Thomas Lawes e a súa nai Lucris Shepharde. Alistouse no exército e foi nomeado comisario da garda persoal do rei, foi ferido mortalmente en 1645.
William Lawes considérase un nexo de unión entre dous músicos do século XVII. John Dowland e Henry Purcell. A súa morte foi laiada na corte e inspirou moitas elexías musicais dos seus compañeiros, fundamentalmente no seu irmán. Foi unha persoa querida e compañeiro exemplar, compoñendo gran número de cancións tabernarias e cancións canónicas humorísticas.
Obra
[editar | editar a fonte]A súa primeira obra publicouse en 1648, composta por trinta salmos con música a tres voces, editado por Henry Lawes, incluíndo dez canons, e salmos e elexías compostos polo propio Henry. Sobresae na súa obra, as sonatas para un e dous violíns, baixo de viola e órgano. Cada un dos grupos consta de oito obras que seguen unha orde idéntica tanto en tonalidade coma de movemento, o que suxire que foron pensadas para facer maior fincapé no contrapunto.
As sonatas compóñense en tres movementos: unha fantasía seguida por unha allemande e unha gallarda. Os movementos iniciais son os que levan o peso emotivo, agregándolle unha coda lenta e extensa á gallarda. Revelan o espírito libre e romántico de Lawes.
Entre as súas composicións destacan, sete consorts para arpa, orquestrados por violín, baixo de viola, arpa e tiorba, interesándose polas variacións. Cada obra componse de variacións emparelladas de movementos de danzas, aparecendo tres pavanas para baixo de viola (n.º 10 en sol menor). Compón tamén nove consorts para viola e agrupados posteriormente baixo o título de For ye Violls (Consrt Setts), cinco deles instruméntanse seis partes, e os outros catro son obras a cinco partes, asignando unha das voces ao órgano.
Outra obra destacábel de Lawes é a pavana do sett en dó menor a cinco partes, discurso sobre o motivo das Lachrimas de Dowland, dúas fantasías en dó menor a seis partes, sucedéndolle a este movemento a instrumentación dun dos cantus firmi máis antigos utilizados, o In nomee. Puxo tamén música a poesías dramáticas realizadas por el, e compuxo cancións para teatro, como a Ye feindsand Furies.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- CatenburygreenmanArquivado 11 de xaneiro de 2005 en Wayback Machine.
- Fantasía para 6 violas en YouTube