William Le Baron Jenney
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1832 Condado de Bristol, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de xuño de 1907 (74 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | cemiterio Graceland |
Educación | École Centrale de Paris (pt) Phillips Academy Universidade Harvard Harvard School of Engineering and Applied Sciences (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Lugar de traballo | Chicago Riverside |
Ocupación | arquitecto, enxeñeiro |
Período de actividade | 1867 - 1907 |
Empregador | Universidade de Míchigan |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
William LeBaron Jenney, nado en Fairhaven, Massachusetts o 25 de setembro de 1832 e finado nos Ánxeles o 14 de xuño de 1907, foi un arquitecto e enxeñeiro estadounidense, coñecido por construír en 1884 o primeiro rañaceos e que foi chamado o "Pai dos rañaceos estadounidenses".
En 1998, Jenney foi listado no posto 89 do libro 1,000 Years, 1,000 People: Ranking the Men and Women Who Shaped the Millennium.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jenney naceu en Massachusetts, fillo de William Proctor Jenney e Eliza LeBaron Gibbs. Jenney comezou a súa educación formal na Phillips Academy, Andover, en 1846, e na escola científica Lawrence de Harvard en 1853, mais pasou á École Centrale des Arts et Manufactures (École Centrale Paris) para estudar enxeñaría e arquitectura.[1]
En devandita escola aprendeu as últimas técnicas construtivas con ferro, así como a doutrina funcionalista clásica de Jean-Nicolas-Louis Durand (1760-1834), profesor de arquitectura na École Polytechnique.[1] Graduouse en 1856, un anos despois que o seu compañeiro de clase Gustave Eiffel.[7]
En 1861, volveu aos Estados Unidos para unirse ao Exército da Unión como enxeñeiro durante a Guerra de Secesión, deseñando fortificacións para os xenerais Sherman e Grant. Para o final da guerra convertérase en maior e era o enxeñeiro responsable dos cuarteis da unión en Nashville.[1] Despois da guerra, en 1867, mudouse a Chicago e creou o seu propio despacho profesional, especializado en edificios comerciais e planeamento urbano.
A finais da década de 1870, desprazábase semanalmente a Ann Arbor, Míchigan para iniciar e dar clase no programa de arquitectura da Universidade de Chicago. En anos posteriores, líderes da futura Escola de Chicago (arquitectura)Escola de Chicago como Louis Sullivan, Daniel Burnham, William Holabird e Martin Roche, comezaron a súa aprendizaxe de arquitectura no equipo de Jenney.[1] O 8 de maio de 1867, Jenney e Elizabeth "Lizzie" Hannah Cobb, de Cleveland, casaron.[7] Tiveron dous fillos chamados Max e Francis.[7]
Jenney foi escollido como asociado do American Institute of Architects en 1872, e converteuse en membro en 1885. Serviu como vicepresidente da organización entre 1898 e 1899.[4] En Chicago deseñou o Ludington Building e o Manhattan building, ambos os dous construído en 1891 e declarados Paisaxe Histórico Nacional. Tamén deseñou o Pavillón da Horticultura da Exposición Colombiana Mundial (1893) que se celebrou en Chicago.
Chegada do rañaceos de marco de aceiro
[editar | editar a fonte]Jenney é máis coñecido por deseñar o Home Insurance Building de Chicago, de dez andares. O edificio foi o primeiro construído completamente con marcos metálicos e está considerado o primeiro rañaceos. Foi construído entre 1884 e 1885, ampliado en 1891 e demolido en 1931.[3] No seu deseño, empregou columnas e trabes de metal en lugar das de pedra e ladrillo para sustentar os niveis superiores do edificio.
O aceiro necesario para soster o Home Insurance Building pesaba só un terzo como moito do edificio, construído de cachotaría pesada.[3] Empregando este método, o peso do edificio reducíase, permitindo así a construción de estruturas aínda máis altas. Máis adiante, resolveu o problema da construción a proba de lume para edificios altos usando cachotaría, ferro e chans e particións de terracota. Entre 1889 e 1891, exhibiu o seu sistema na construción do Second Leiter Building, tamén en Chicago.
Segundo a historia popular, un día chegou cedo á casa e sorprendeu a súa esposa lendo. Ela pousou o seu libro sobre unha gaiola de paxaro e correu ao seu encontro. El deu varias alancadas a través do cuarto, levantou o libro e deixouno caer sobre a gaiola outras tres veces. Entón exclamou: "Funciona! Funciona! Non o ves? Se esta pequena gaiola pode sustentar este pesado libro, por que non pode unha gaiola de ferro ou aceiro ser o armazón dun edificio enteiro?".[3] Jenney aplicou esta nova idea na construción do Home Insurance Building, na esquina de LaSalle e Monroe Streets. Outras fontes citan como inspiración dos rañaceos de aceiro a arquitectura vernácula filipina, coas súas construcións con armazóns de madeira que darían a Jenney a idea.[4] O Home Insurance Building foi o primeiro exemplo de edificio con esqueleto de aceiro, a primeira rede de columnas, trabes e viguetas de ferro construída.
Legado
[editar | editar a fonte]Faleceu nos Ánxeles, California, o 15 de xuño de 1907. Trala súa morte, as súas cinzas foron esparexidas sobre a tumba da súa esposa, xusto ao sur da sección do Silencio Eterno no Uptown's Graceland Cemetery.[5]
En 1998, Jenney foi listado no número 89 no libro 1,000 Years, 1,000 People: Ranking the Men and Women Who Shaped the Millennium.[7]
Proxectos
[editar | editar a fonte]- 19 South LaSalle Street, Chicago, 1893
- Col James H. Bowen House, Hyde Park, Chicago, construído en 1869
- Metropolitan Block, 770 Main St, Lake Geneva, Wisconsin, construído en 1874 [5]
- Primeiro Igrexa Congregacional, Manistee, Míchigan, construído en 1892
- Home Insurance Building, Chicago, construído en 1884
- Horticultural Building, para a World's Columbian Exposition, Chicago, construído en 1893
- Lake Forest Cemetery, Lake Forest, Illinois
- Ludington Building, Chicago, construído en 1891, National Historic Landmark
- L.Y. Schermerhorn Residence, 124 Scottswood Road, Riverside, Illinois, construído en 1869
- Manhattan Building, Chicago, construído en 1891, National Historic Landmark
- New York Life Insurance Building, Chicago, construído en 1894
- Second Leiter Building, Chicago, construído en 1889
- Sección do distrito de West Park do sistema de bulevares de Chicago
- DKE Shant, Ann Arbor, Míchigan, 1878
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "William Le Baron Jenney. Biography of American Skyscraper Architect, Chicago School". Consultado o 12 de novembro de 2021.
- ↑ "Architecture and Building" XII (1). 4 de xaneiro de 1890: 5–6.
- ↑ En inglés: "It works! It works! Don’t you see? If this little cage can hold this heavy book, why can’t an iron or steel cage be the framework for a whole building?"
- ↑ Condit C., The Chicago School of Architecture. A History of Commercial and Public Building, Chicago, The University of Chicago Press, 1964, Chapter 4, "Jenney and the New Structural Technique," p. 81.
- ↑ Cartwright, Carol Lohry (2001). "National Register of Historic Places Registration: Main Street Historic District (Lake Geneva)". National Park Service. Consultado o 6 de abril de 2018.
Referencias
- ^ Haden, Erik. "William LeBaron Jenney". Structural Engineers Association of Texas. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2005. Consultado o 17 de decembro de 2005.
- ^ "Home Insurance Building". PBS Big Building Databank. Consultado o 17 de decembro de 2005.
- ^ "Graceland Cemetery". Graveyards of Chicago. Consultado o 17 de decembro de 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Le Baron Jenney |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Turak, Theodore (1986). William Le Baron Jenney: A Pioneer of Modern Architecture (Architecture and Urban Design, No 17). Umi Research Pr. ISBN 0-8357-1734-8.