William Millward
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1822 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 30 de novembro de 1871 (49 anos) Kirkwood, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Cemitério Laurel Hill (pt) |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Washington, D.C. |
Ocupación | Industrial do coiro e político. |
Partido político | Partido Republicano |
William Millward, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 30 de xuño de 1822 e finado en Kirkwood, Delaware, o 28 de novembro de 1871, foi un político estadounidnese membro do Partido Republicano na Cámara de Representantes e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1866-1867).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Millward naceu no antigo barrio de Northern Liberties, en Filadelfia, fillo de Sara Knight e de William e de William Willward.[1] Logo de asistir a diversas escolas públicas, dedicouse inicialmente á produción de coiro.[2]
O Partido Republicano escolleuno como candidato no 34º Congreso, e foi elixido representante polo terceiro distrito de Pensilvania, posto que ocupou entre o 4 de marzo de 1855 e o 4 de marzo de 1857. Non tivo o mesmo éxito cando se presentou á reelección como candidato do Partido Unionista en 1856, mais si que acadou a reelección, novamente como republicano, no 36º Congreso, no que foi novamente representante, esta vez polo cuarto distrito de Pensilvania, entre o 4 de marzo de 1859 e o 4 de marzo de 1861. Neste último período, Milward foi o presidente da Comisión de Patentes da Cámara de Representantes.[2]
O presidente Lincoln nomeouno axente da orde para o distrito Leste de Pensilvania de 1861 a 1865, condición que aproveitou para confiscar e destruír xornais e de orientación demócrata.[2][3]
En setembro de 1866 recibiu o seu nomeamento como director da Casa da Moeda dos Estados Unidos da man do presidente Andrew Johnson, mais o seu nomeamento non chegou a recibir a preceptiva confirmación polo Senado, polo que se viu obrigado a abandonar o posto logo de seis meses de servizo.[2][4]
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Estivo casado con Ellen Anderson, con quen tivo unha filla e dous fillos.[1]
William Millward finou en Kirkwood, condado de New Castle, Delaware, en 1871, e foi soterrado no cemiterio Laurel Hill, de Filadelfia.[5][1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Hon. William Millward". Geni.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Millward, William. 1822-1871". Biographical Directory of the United States Congress.
- ↑ Lincoln's Wrath: Fierce Mobs, Brilliant Scoundrels and a President's Mission. Novembro de 2006. Páxina 261. ISBN 9781402228735
- ↑ "Former Directors of the United States Mint". United States Mint.
- ↑ "William Millward". Find a Grave.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Millward |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Millward, William". En American Numismatic Biographies. Páxina 259.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: James Pollock |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1866-1867 |
Sucesor: Henry Linderman |